Vilalba: Antía Cal, Chairega de Honra

O sábado 1 de outubro, ás 12:00 h., na Casa da Cultura de Vilalba, a Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan un acto no que se nomeará a Antía Cal Chairega de Honra. Previamente terá lugar unha mesa redonda coa participación de Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras e María Xosé Lamas, actuando como moderador David Otero. Posteriormente terá lugar un xantar no restaurante Nova Ruta de Vilalba, tralo que actuarán Mini e Mero. Para anotarse a comida, que custa 17 euros, os interesados deberán chamar o teléfono 646413890 ou ben enviar un correo electrónico á dirección xermolos@xermolos.org

Lugo: IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral: Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, o 28 e 29 de outubro

As IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral celébranse baixo o título Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, un curso convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estas son as características do curso:

– Modalidade formativa: Curso.
– Datas de realización: 28 e 29 de outubro de 2011.
– Horario: venres 28, de 17:00 a 21:00 horas; sábado 29, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:00 horas.
– Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8, Lugo).
– Valoración en horas de formación: 10.
– Número de prazas: 100.
– Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
– Custo de matrícula: Gratuíta.
– Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición na páxina da AS-PG, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG e da AELG. De cara á homologación seguiranse as indicacións da Orde de 1 de marzo de 2007.
Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir ás xornadas e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG.

O programa é o seguinte (pódese descargar aquí):

VENRES, 28 DE OUTUBRO

– 17:00 h. Recepción e entrega de documentación.
– 17:10 h. Acto de inauguración. Con Antón Veiga, Mario Outeiro, Cesáreo Sánchez e Antonio Reigosa.
– 17:15 h. Conferencia: O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas, por Luis Giadás.
– 18:30 h. Conferencia: As lendas urbanas, a distorsión da realidade e a creación do imaxinario máxico, por Xosé Miranda.
– De 20:00 a 21:00 h. Mesa redonda: Urbanas? Modernas? Contemporáneas?. Participan: Luis Giadás e Xosé Miranda. Modera: Isidro Novo.

SÁBADO, 29 DE OUTUBRO

– 10:00 h. Conferencia: O roubo de órganos nas tendas de chineses en Portugal, por José Joaquim Dias Marques.
– 11:30 h. Conferencia: Izena izana baino lehen ukan (Todo canto se di, acontece), por Fito Rodríguez.
– De 13:00 a 14:00 h.- Mesa redonda: De boca en boca: o rumor como arma contra os outros. Participan: José Joaquim Dias Marques e Fito Rodríguez. Modera: Antonio Reigosa.
– De 16:30 h. a 18:30 h.- Obradoiro de narración oral: Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas, por Celso Fernández Sanmartín.

Barcelona: XXVIII Encontro Galeusca, o 30 de setembro e 1 de outubro de 2011

O XXVIII Encontro Galeusca, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Euskal Idazleen Elkartea e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana, terá lugar no Ateneo de Barcelona o venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro, baixo o título A tradución literaria. Profesión e creación. Este é o programa previsto:

– Venres 30 de setembro

17:00 h. Mesa redonda Repercusión da edición dixital na práctica e os dereitos do tradutor, e coloquio posterior coa participación de:
– Armando Requeixo (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG).
– Xabier Mendiguren Elizegi (Euskal Idazleen Elkartea, EIE)
– Mario Sepúlveda (Associació d’Escriptors en Llengua Catalana, AELC). Posteriormente terá lugar un coloquio.

19:30 h. Día internacional da tradución. Fragmentos de lectura literaria na lingua orixinal e na versión traducida a cargo de:
– Manuela Palacios (Galego-Inglés).
– Texto de Iñaki Irazabalbeitia lido por Fito Rodríguez (inglés e éuscaro).
– Montserrat Abelló (Inglés-Catalán).
– Enric Casasses (Italiano / Francés-Catalán).
– Ramón Farrés (Alemán-Catalán).
– Feliu Formosa (Alemán-Catalán).

– Sábado 1 de outubro

10:30 h. Mesa redonda: Autotradución e tradución entre as nosas linguas e o castelán como lingua de mediación (ou non), e coloquio posterior coa participación de:
– Manuela Palacios (AELG).
– Carme Riera (AELC).
– Nicholas Zimarro (EIE).

12:30 h. Asemblea Xeral da Federación Galeusca.

14:00 h. Clausura.

Barcelona: mesa redonda sobre Cunqueiro e a cultura catalá

O xoves 15 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala Prat de la Riba do Institut d’Estudis Catalans (Carrer del Carme, 47) de Barcelona, terá lugar unha mesa redonda sobre a figura de Álvaro Cunqueiro baixo o título de Cunqueiro e a cultura catalá, onde Pere Gimferrer, Jordi Garcia, Basilio Losada e Fernando Valls analizarán a vinculación do autor mindoniense con Catalunya. Salvador Giner e Ramón Villares presidirán o acto, enmarcado na celebración do centenario do nacemento de Cunqueiro.

Intervención preliminar de María Xesús Nogueira no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os

Este é o vídeo coa intervención premilinar de María Xesús Nogueira no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Participará na mesa redonda As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro, ás 16:30 horas:

Intervención preliminar de Montserrat Pena Presas no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os

Este é o vídeo coa intervención premilinar de Montserrat Pena Presas no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Participará na mesa redonda As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro, ás 16:30 horas:

Intervención preliminar de Gaspar Domínguez no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os

Este é o vídeo coa intervención premilinar de Gaspar Domínguez no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Participará na mesa redonda As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro, ás 16:30 horas:

Intervención preliminar de Estíbaliz Espinosa no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os

Este é o vídeo coa intervención premilinar de Estíbaliz Espinosa no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Participará na mesa redonda Crear desde a ventá, ás 12:00 horas:

Intervención preliminar de Leo Fernández Campos no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os

Este é o vídeo coa intervención premilinar de Leo Fernández Campos no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Participará na mesa redonda Crear desde a ventá, ás 12:00 horas:

A Coruña: VI Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital, o 17 de setembro

Chega a VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, o sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, onde nos situaremos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario: