(Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30 h.)
Arquivo da categoría: Música
Compostela: presentación-concerto de Na noite, no silencio, de Juan Manuel Vázquez
Literatura galega en Roma
O Instituto
Cervantes, en colaboración co Centro de Estudos Galegos de Roma acubillado na Università La Sapienza, organiza tres xornadas dedicadas á lingua e a literatura galegas. O martes 21 de maio terá lugar unha performance a cargo da poeta Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.
Seguiralle un coloquio o día 28 de maio da man de Marco Paone e Attilio Castellucci, profesores da Universidade de Perugia e a Universidade da Sapienza e directores dos Centros de Estudos Galegos de ambas universidades, baixo o título “Il galego, origini di una lingua e della sua letteratura” (“O galego, as orixes dunha lingua e da súa literatura”).
Poralle fin a estas xornadas Suso de Toro o día 5 de xuño, autor con obra traducida ao italiano como dá conta o Uomo senza nome publicado pola editorial Gran Via en 2008.”
Concesión da Medalla Alberto Nepomuceno, da Universidade Estadual do Ceará-UECE (Brasil), a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
A Universidade Estadual do Ceará – UECE (Brasil) vén de lle conceder a Medalla Alberto Nepomuceno, na modalidade Mérito Artístico, dada a súa actuación a prol da Cultura, das Letras e das Artes galegas, ao poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
A entrega farase no marco dos diversos eventos culturais e académicos en conmemoración do Día das Letras Galegas, organizado polo Gabinete da Reitoría da UECE, en parcería co Núcleo de Extensión de Ensino de Lingua Galega, do Centro de Humanidades-CH/UECE, na semana do 20 ao 24 de maio de 2019.
A programación contará coa presentación da versión brasileira libro de poesía Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez, por parte do Profesor Doutor José Jackson Coelho Sampaio, que terá lugar no Cine Teatro São Luiz, nesta cidade, no día 24 de maio de 2019, ás 18:00 horas, onde actuará a cantora Uxía en Fortaleza, co acompañamento da Orquestra Sinfónica da UECE.
A estadía do autor incluirá unha conferencia por el impartida no curso de Letras da Universidade, co obxectivo de dar a coñecer os recursos dixitais que a AELG ofrece a través da súa web para o ensino da literatura galega.