O xoves 28 de abril, ás 19:30 h., na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a conferencia Entre o universo e a tinta, por Estíbaliz Espinosa, consistente nun recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo.
Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: entrega dos premios do XII Certame Literario Suárez Ferrín e conferencia de Xosé Ramón Barreiro
O martes
26 de abril, ás 20:00 h., na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o fallo do XII Certame Literario Suárez Ferrín sobre Valores Cívicos e Morais, adicado este ano a “Memoria histórica. Valor moral dun pobo”, seguido pola conferencia de Xosé Ramón Barreiro sobre A conflitividade social na Coruña na II República, organizada pola Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales.
Lugo: conferencia Non vos vamos gardar o segredo, de José Manuel Barbosa e Calros Solla
O
luns 25 de abril, a partir das 20:00 h., no Centro Social Mádia Leva! (Rúa Amor Meilán, 18) de Lugo, terá lugar a conferencia Non vos vamos gardar o segredo, a cargo de José Manuel Barbosa e Calros Solla, na que falarán sobre a destrución do patrimonio cultural galaico.
A Coruña: conferencia de Fran Cortegoso: O lugar do corvo, no ciclo Escrita(s)
O venres
15 de abril, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, continúa o “Ciclo Escritas 2011 Sargadelos“, que, baixo o título de “Circunvolucións”, consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. Nesta terceira charla, Fran Cortegoso falará sobre O lugar do corvo: “O corvo como símbolo da morte é aparición última da vida. Só lucubramos a morte a través da alteridade. É inexistencia do ser, e inexistencia mesma é. Así é o corvo síntese de vida, de proceso concluso, e por tanto de recordación, de percurso vital como histórico e relato. O corvo como símbolo dun proceso estético e ético.”
A Coruña: Vagar nos lindes, tirar da pel, conferencia de Ana Romaní nos IV Encontros Cidade da Coruña
O
mércores
13 de abril, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a terceira conferencia dos IV Encontros Cidade da Coruña, baixo o lema Ser Escritor, Ser Escritora, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Romaní falará sobre Vagar nos lindes. Tirar da pel, unha viaxe pola súa experiencia poética, desde o seu primeiro libro, Palabra de mar (1987) até o recente Estremas (2010). O acto estará presentado por Mercedes Queixas.
A Coruña: conferencia Mulleres e república, de Aurora Marco
O xoves
14 de abril, ás 20:00 h., na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12) da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a conferencia Mulleres e República. O seu protagonismo nas transformacións sociais, a cargo de Aurora Marco, organizada polo Ateneo Republicano de Galicia.
O Burgo (Culleredo): conferencia sobre Xaime Quintanilla a cargo de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira
O
xoves 14 de abril, ás 20:00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo), terá lugar a conferencia Xaime Quintanilla Martínez: un socialista e galeguista ao servizo da República, a cargo dos historiadores Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, presentados por Celestino Poza.
Santiago: Homenaxe a Xosé Neira Vilas
A Coruña: Creación, Lingua e Identidade, conferencia de Mariasun Landa nos IV Encontros Cidade da Coruña
O
mércores
6 de abril, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a segunda conferencia dos IV Encontros Cidade da Coruña, baixo o lema Ser Escritor, Ser Escritora, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Mariasun Landa fará un percorrido pola súa extensísima obra guiada polo título Creación, Lingua e Identidade, nun acto presentado por Mercedes Queixas.
Nada en Rentería en 1949, Mariasun Landa Etxebeste licenciouse en Filosofía en París en 1973 e en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia. Exerceu como profesora de Educación Básica durante varios años, así como no Servizo de Euskaldunización do Profesorado (IRALE-Goberno Vasco). Actualmente é profesora titular de Didáctica da Literatura na Escola Universitaria do Profesorado de Donostia (UPV / EHU). Colaborou en numerosas revistas e xornais do País Vasco, pero o seu labor creativo céntrase sobre todo na literatura infanto-xuvenil en lingua vasca. Autora de máis dunha trintena de títulos para nenas e nenos, grande parte da súa obra foi traducida a castelán, catalán, galego, así como a outras linguas extrapeninsulares: inglés, francés, alemán, grego, árabe, coreano albanés,… Entre algúns dos premios literarios que recibiu, destacan o premio de maior tradición na literatura vasca, o Lizardi de Literatura Infantil en éuscaro co conto Txan Fantasma en 1982 (do que existe versión en galego, Chan, a pantasma) e o Premio Euskadi de Literatura Infanto-xuvenil en 1991 coa obra Alex. En 2003 gañou o Premio Nacional de Literatura Infanto-xuvenil do Ministerio de Cultura coa obra Un crocodilo debaixo da cama escrita orixinalmente en lingua vasca (Krokodiloa ohe azpian). O seu libro Iholdi foi incluído na lista de honra do IBBY en 1992, e Un crocodilo debaixo da cama en 2006. Elefante corazón de paxaro foi seleccionado para a lista dos White Raven de 2001 que elabora a recoñecida Biblioteca Internacional do Libro Infanto-xuvenil de Múnic.
Vigo: conferencia Fermín Penzol: un bibliófilo galeguista, de Henrique Monteagudo
O
xoves 7 de abril, ás 20:00 h., na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, Henrique Monteagudo pronunciará a conferencia Fermín Penzol: un bibiófilo galeguista, nun acto organizado pola Asociación de Amigos dos Pazos.


