Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: recital poético do Grupo das Lupercais
O 30 de setembro, ás 19:00 horas, no Almacén da Horta das Chas (Corredoira das Fraguas, 37), en Santiago de Compostela, espazo espefísico creado por Chan da Pólvora Editora, nove dos once integrantes do Grupo das Lupercais farán un recital poético. O colectivo reúne a poetas de longa traxectoria como Miguel Ángel Curiel ou Antom Fortes, pero a maioría dos integrantes son novos, aínda que xa teñan forxada a súa voz, como Genaro da Silva, Luís López Alonso, Luís Valle, Xerardo Quintiá ou Nieves Neira. Tamén hai no grupo poetas que, sen dúbida, sorprenderán pola súa singular aposta, como Abraham Pérez ou María Grandío.
Compostela: Igor Lugris e Xandra R. Grey presentan Livro Alheio
Sanxenxo: presentación de Alma de outono, de Silvia Figueiras
Compostela: recital poético de Lorena Souto
O 29 de setembro, ás 19:00 horas, no Almacén da Horta das Chas (Corredoira das Fraguas, 37), en Santiago de Compostela, espazo espefísico creado por Chan da Pólvora Editora, Lorena Souto perseguirá a través da súa obra os fíos que nela deita ese nobelo-teima que é a construción e autopercepción do eu.
Bertamiráns: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Gres, Vila de Cruces: Encontro Literario con Antía Otero
O domingo 25 de setembro ás 17:00 horas, a poeta e editora Antía Otero será a convidada no Encontro Literario, dedicado desta volta á poesía, que terá lugar na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces).
Autora de obras como O branco non pinta!, (Retro)visor ou O cuarto das abellas, pertence a unha nova xeración de galegas que veñen destacando na creación poética dos últimos anos. Haberá ocasión de falarmos do proceso creativo, da súa faceta no eido da videopoesía e mesmo da súa amizade con Neira Vilas e Anisia Miranda.
O encontro será conducido por Rosalía Morlán, secretaria da Fundación Xosé Neira Vilas.







