Arquivo da categoría: Poesía
Noia: presentación de Labirinto de soños, de Manel Monteagudo
Palavea, A Coruña: presentación de A (des)memoria, de Clara Vidal
Tabela dos libros. Maio de 2022
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Silleda: presentación de Camelias de amor, de Rosalía Morlán e Amalia López
A Coruña: presentación de A árbore que dá as lágrimas de Shiva, de Cesáreo Sánchez Iglesias, o 2 de xuño
Compostela: Literarias Todas. Xornadas “Novas voces, éxitos eternos Os premios nacionais levan nome de muller” (Parte I)
Compostela: presentación de O corpo transparente das horas, de Abraham Pérez
A Coruña: recital de Gonzalo Navaza e Vera Pavlova no Ciclo Poetas Di(n)versos
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022, arredor de Luz Pozo Garza, con Susana S. Arins, o 21 de maio
Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
– Todos os paseos comezan ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– As inscricións faranse exclusivamente a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
Os paseos son os seguintes:
– 21 de maio, ás 12.00 h. “Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza“, con Susana S. Arins.
Os paseos imaxinarios (ou non) son unha versión fantasiosa das rutas biográficas. Exixen por parte das participantes a capacidade de se desprazar a outros lugares, pois o espazo en que se desenvolven non deixa de ser unha metáfora doutros espazos. Este paseo imaxinario (ou non) nace da lectura atenta da obra de Luz Pozo Garza e non é outra cousa que unha escusa para compartirmos os seus textos.
– 28 de maio, ás 12.00 h. “As malas mulleres“, con Marilar Aleixandre.
A novela recibiu o Premio Blanco Amor en 2020, e con ela recuperamos a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Coruña, onde Concepción Arenal e Juana de Vega foron pioneiras.


















