Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: Polvorín de versos, con María Vilas, Berta Dávila, Serxio Abalo e María do Cebreiro
Compostela: presentación de Loanzas sentidas e outros poemas, de Xoán Xosé Fernández Abella
O
19 de setembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos), Xoán Xosé Fernández Abella presenta Loanzas sentidas e outros poemas, publicado por Follas Novas. No acto participan, xunto ao autor, Benita Silva Hermo, Xesús Alonso Montero, Sabela Arias Castro, Pilar Sampedro, Luís Alonso Girgado e Rafael Silva Costoyas. Miro Casabella e Manoele de Felisa, pola súa vez, participarán musicalmente cantando textos do autor.
Booktrailer de Pantallas, de Celia Parra
Fase Lunar fanzines (proxección para Cervatos, de Lucía Novas)
Vídeo realizado pola artista plástica Natalia Umpiérrez para proxectar nas presentacións do libro Cervatos, de Lucía Novas.
Vilalba: presentación de Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes
A Coruña: presentación de Auga de varios ríos, de Luciano Rodríguez Gómez
Lugo: presentación de Gaiola aberta, de Xoán Neira
Antonio García Teijeiro: “É moi bonito escoitar os aplausos a un libro de poesía escrito en galego”
Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa
Desde
Xerais:
“O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.
Cada dous anos publícase en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY, que inclúe libros de todo o mundo que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións. Esta selección de títulos pretende dar a coñecer os libros que mellor representan a literatura actual de cada un dos países que forman parte do IBBY e recomenda a publicación noutras linguas das obras eixidas.
Os libros seleccionados formarán parte dunhas exposicións itinerantes que viaxarán ao Xapón, Rusia, os EE.UU., e á Feira do Libro Infantil Boloña 2019, para logo pasar a formar parte dos depósitos da Internationale Jugendbibliothek de Múnic.”





