Arquivo da categoría: Poesía
Yolanda Castaño desarma grandes mitos contemporáneos en A falsa autónoma
Entrevista de Ana Abelenda a Yolanda Castaño en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Na pandemia escribía quen podía, non quen quería escribir.
– Yolanda Castaño (YC): Nese sentido, é certo que a pandemia, fronte á imposibilidade de traballar fóra da casa, deume quietude, tempo e silencio contextual. Recibín consellos («trata de non pensar en pasado mañá») e conseguín refuxiarme na escrita. A escrita tamén é iso: consolo, bálsamo e ferramenta. Parecíame un luxo dilapidar ese tempo. Agarreime á escrita e escribín Materia na primavera e outono do 2020. Pero xa había outras emocións turrando por min. Estivera anos facendo unhas reflexións sobre as condicións materiais da escrita das que fun tomando notas. Escribín o ensaio Economía e Poesía. Rimas internas, pero estes contidos seguían aguilloándome. E vin interesante facer un traslado deses contidos do código ensaístico á poesía.
– LVG: Foi máis doado do que pintaba?
– YC: Ocorreu algo inesperado en min, que só medie un ano entre un libro e outro. No verán do 2021, nunha residencia en Mojácar, as ideas empezaron a brotar relacionadas con esas cuestións, moi fillas desa crise económica tan grave que pasei. Continuei ese manuscrito de A falsa autónoma nunha segunda residencia, en Finlandia, en xaneiro e febreiro do 2022, nun lugar de ensoño. Estiven máis produtiva que nunca! Pasaban os raposos, os cervos, caía a neve… Sentinme como se estivese nun centro de alto rendemento! Só catro horas de sono ao día. Saquei moito e estaba nun momento de forza creativa. Por outono do 2022, dei por rematado A falsa autónoma.
– LVG: O Premio Nacional por Materia chegou despois de rematar este poemario?
– YC: O Premio Nacional pilloume cos deberes feitos. Cun ensaio e un poemario novo rematados. Volvo a aqueles tempos difíciles nos que non sabía se ía saír.. Foi cumpridos os 40. Custou recuperarse. Nese tempo, un amigo poeta díxome: «As dificultades económicas, Yolanda, afectánnos máis emocionalmente do que estamos dispostos a admitir». É unha frase sinxela, pero foi como se me dese permiso a min mesma para sentir cousas que me estaba negando facéndome a forte.
– LVG: Nas mulleres esta presión é maior?
– YC: Si, non está ben visto que falen de cartos, deben ser modestas… Isto por unha banda, e pola outra, a presión de sermos fillas da terceira ola, ser mulleres empoderadas. (…)”
A Coruña: presentación de A lingua do anxo ou carrusel de poemas con viño, de Antonino Nieto
Santa Cruz, Oleiros: concerto musical “Poesíapoemas”, por Francisco Castro
A Catapulta. Conversa de Tiago Alves Costa con Samuel L. París, o 21 de abril
Compostela: “Scripta manent: escritoras da filoloxía”
Compostela: XXXIV Xornadas de lingua e literatura
A Coruña: recital de Xosé Luís Mosquera Camba e Alberto Blanco no Ciclo Poetas Di(n)versos
A Coruña: Carácter e canto: obradoiro arredor da arte cantareira e a ciencia da escrita, impartido por Estíbaliz Espinosa

O obradoiro arredor da arte cantareira e a ciencia da escrita Carácter e canto, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Circo de Artesáns.
Saímos polo outro lado da música para abordar, ao longo de varias sesións, a escrita ben dun ciclo de poemas completo, presto a ser musicado, ben dunha obra literaria co foco na arte cantareira e a oralidade. Cada participante sairá cun ciclo poético-literario propio ou colaborativo, listo para ser posto en voz, slam poetry ou lectura dramatizada, así como coas ferramentas para seguir explorando a simbiose entre literatura e son.
Será impartido por Estíbaliz Espinosa, e cunha sesión especial a cargo de Ugia Pedreira.
– 20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde cronolóxica de solicitude.
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, faise mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
– O obradoiro terá lugar na Biblioteca Provincial da Coruña (R/ Rego de Auga, 37, A Coruña). A última sesión realizarase no Circo de Artesáns, rúa Santo André, 36.
Calendario
– Días: sábados 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; e 7, 14 e 21 de xuño.
– Horarios: de 10.30 a 13:30 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.










