A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés

O Yolanda Castañosábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.

Compostela: Rimando e xogando, por Ana Hermida, actividade con textos poéticos galegos

RIMANDO E XOGANDO-Ánxel CasalComo adianto do Día Mundial da Poesía terá lugar esta actividade, dirixida ao público infantil, onde se recitarán poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes, Anisia Miranda, etc., xunto a outras actividades.

Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane

OEstevo Creus venres 6 de marzo, ás 21:30 horas, na Casa das Crechas (Vía Sacra, 3), en Santiago de Compostela, terá lugar un espectáculo-acción de improvisación músico-poética en formato de site specific. Nel conxúgase a palabra, a música e o corpo como elementos en constante diálogo co entorno físico onde se desenvolve, configurándose en evento unitario e único na súa realización. Nunca repetible. Participan Estevo Creus e Pablo Seoane, contando tamén coa intervención das lámpadas de Mauro Trastoy. O prezo é de 3 euros.

Carlos Callón presenta o poemario Atravesar o fantasma

DesdeCarlos Callón o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Carlos Callón fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia ata os 35 anos, debruzándose sobre dous temas centrais na vida de calquera ser humano: o eros e o tánatos. A ausencia do pai, a pegada na infancia, a descuberta da sexualidade, o tabú da morte e a homosexualidade constrúen unha obra que é finalista dos Premios Ánxel Casal, Atravesar o fantasma. A entrevista completa pode verse aquí.”

Carlos Callón: “Estou en contra da ´ditadura do ja ja ja´, de pregoar a nosa felicidade no Facebook”

EntrevistaCarlos Callón a Carlos Callón en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): O título [Atravesar o fantasma] é un termo da psicoloxía. Por que?
– Carlos Callón (CC): Eu era unha persoa moi crítica coa psicoterapia, pero axudoume a facer este libro. En dous aspectos: para atreverme a publicar, despois de 17 anos facendo poesía, e para organizar as miñas obras cun sentido xeral. Os 35 poemas deste libro forman un deses conxuntos de puntos illados que, cando os unes cun lapis, forman unha figura.
– LO: Por que tardou en publicar?
– CC: Non sei responder a iso (ri). De ensaio levo cinco libros, e de poesía, da que gañei un premio con 18 anos, publico agora por vez primeira. (…)
– LO: Os dous grandes temas do libro son a sexualidade e a morte.
– CC: Son esas dúas preguntas que aos seres humanos nos custa responder: o eros e o tánatos. No meu caso, o descubrimento da sexualidade está ligado á homosexualidade, un tema que xa non se vive igual agora que nos anos da miña adolescencia na sociedade galega.
– LO: Cambiou moito a situación?
– CC: É radicalmente diferente. Pasaron 20 anos pero parece que pasaran máis de 300, con cousas como o matrimonio homosexual.
– LO: Como aborda a morte?
– CC: Digo no libro que ‘todas as mortes son a morte do meu pai’. No proceso de dó é habitual que se lembren perdas anteriores. Esta rememoración existe porque non temos resposta ante a morte, non hai xeito de darlle sentido.
– LO: A arte serviulle de terapia?
– CC: Non (rise). Nalgún momento ou situación, a poesía pode empregarse para transmitir a dor, pero non creo que o libro sexa terapéutico.
– LO: Parece todo pouco optimista.
– CC: A felicidade plena non é posible, e é importante asumir que a vida ten unha parte negativa. Optimismo? Si, no sentido de que se pode vivir mellor, e seguir vivindo aguantando os golpes. Pero estou totalmente en contra da ditadura do ja ja ja, do tabú creado en torno á morte, que cada vez é maior, e da psicoloxía positiva. E chámoa positiva porque así é como a denominan, porque de positiva non ten nada. Pregoa a idea de que hai que vivir sempre sorrindo, dicindo que felices somos en Twitter e en Facebook. Iso non quere dicir que a vida sexa un inferno (ri).
– LO: E que quere dicir, entón?
– CC: Que si que podemos sentirnos tristes, ben sexa por un motivo obxectivo, como unha perda, ou simplemente porque si. Algo que nas redes sociais, como mencionaba, está mal visto. Hai outro fenómeno que en Galiza aínda non está moi presente, aínda que se empeza a ver, pero si se dá noutras sociedades máis urbanizadas: hospitais nos que os enfermos non están acompañados polos seus familiares. Ese escapar do negativo. (…)”

Taboleiro do libro galego XXXI (febreiro 2015), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nova entrega do “Taboleiro do libro galego” que incorpora aqueles libros galegos máis vendidos ao longo do mes de febreiro. Grazas, nesta ocasión, a un total de trece librarías galegas colaboradoras neste proxecto como son: Trama, Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar, Couceiro, Pedreira, Aira das Letras, Librouro e Lila de Lilith.

NARRATIVA
1º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
2º-. Amor en alpargatas, de Manuel Portas, Xerais.
3º-. Cuarto minguante, de Bautista Álvarez, Xerais.
4º-. A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, Galaxia.
5º-. Dende o conflito, de María Reimóndez, Xerais.
6º-. Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, Xerais.
7º-. O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González, Barbantesa.
8º-.  A diagonal dos tolos, de Santiago Lopo, Galaxia.

POESÍA
-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
2º-. oso, mamá, si?, de María Lado, Xerais.
3º-. Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, do Colectivo Ronseltz, Edicións Positivas.
4º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
5º-. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
6º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.
7º-. Espectros, de Rosa Enríquez, O Figurante.

ENSAIO-TEATRO
-. Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira, Através Editora, e O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, Xerais.
2º-. A cidade dos nenos, de Francesco Tonucci, Kalandraka (tradución de Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez).
3º-. História literária e conflito cultural, de Isaac Lourido, Laiovento.
4º-. Galicia encantada, de Antonio Reigosa, Xerais.
5º-. Galleira Passport, de Luís Menéndez, Alvarellos.

XUVENIL
-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Xerais.
-. Feitizo de sangue, de Sabela González, Galaxia.
-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
-. Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, Xerais.
-. O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila, Urco.

INFANTIL
-. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e ilustracións de Víctor Ribas, Xerais.
-. A avoa adormecida, de Roberto Parmeggiani (ilustracións de João Vaz de Carvalho, tradución de Xosé Ballesteros), Kalandraka.
-. Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles (ilustracións de Alicia Suárez Otero), Xerais.

LIBROS CD-DVD
-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
2º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras e ilustracións de David Pintor, Kalandraka.
3º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
3º-. Mar interior, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

OUTROS
1º-. Luzes, nº 14, xaneiro, 2015.
2º-. ELO, de Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira, Edicións Positivas.
3º-. Cociñando con Benigno Campos, Galaxia.