Desde
o Concello de Lugo:
“O 7 de febreiro, ás 20:00 horas, no Patio do Vello Cárcere de Lugo, María Reimóndez presenta As estacións do lobo, publicada po Xerais. No acto participan, xunto á autora, Montse Paz, Mercedes Peón, Eva Teijeiro, Montse Dopico e Ánxela Lema, quen falarán das súas lecturas dos libros que compoñen o Ciclo dos elementos.
Posteriormente, o sábado 8 de febreiro, a autora organiza un roteiro pola cidade de Lugo. Comezará ás 11:00 horas, cunha duración aproximada de 2 horas na gasolineira de San Rafael, na Avenida da Coruña 310, e rematará na estación de autobuses. “Iremos camiñando sen présa e parando en diferentes lugares, algúns deles con espazo para descansar”, indicou María Reimóndez, que engadiu “procuraremos que o paseo sexa relaxado, tamén para os cans participantes”.
As persoas que desexen inscribirse deberán anotarse neste formulario.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que pechará o día 7 de febreiro ás 20 horas.”
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
O Barco: presentación de Galileo no espello da noite, de Xabier Paz
O
7 de febreiro, ás 20:00 hors, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras, preséntase Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, publicado por Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Margarida Pizcueta Barreiro, concelleira de Cultura do Barco.
Vídeo da presentación de Be Water e Irmá páxaro en Vigo
Vigo: presentación de Enteiramente pintado, sobre Berta Cáccamo
Compostela: presentación de José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua
Compostela: presentación de Ferreñas & Rock and Roll, de Iria Pedreira e Laura Romero
Compostela: presentación de O coleccionista de cartas de amor, de Isabel Mancebo Portela
O
martes, 4 de febreiro, ás 20:00 horas, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, preséntase O coleccionista de cartas de amor, de Isabel Mancebo Portela, publicado por Fervenza. No acto, aberto ao público até completar aforo, acompañarán á autora Ánxela Gracián, Suso de Toro, e Valentín García Gómez.
Compostela: presentación de Anatomía do pensar. Volume 1, de Marcelino Agís Villaverde
Agolada: presentación de Teatro de Pintor, de Xosé Vázquez Pintor
Pontevedra: presentación de Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane
O
31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Museo Provincial de Pontevedra, preséntase Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, publicado por Galaxia, en coedición co Consorcio de Santiago. Acompañando ao autor asistirán Xesús Alonso Montero e Xosé M. Soutullo (Editorial Galaxia).




