Desde
Sermos Galiza:
“Despois do galardón do pasado ano a Ana Romaní, con quen Quintela compartiu durante anos o Diario Cultural da Radio Galega, este é o segundo premio consecutivo na categoría. O fallo menciona xustamente ese espazo radiofónico e o programa da TVG do que Anxo Quintela foi rostro ao longo de varias tempadas, O Agro. “Contribuíu á lexitimación da cultura rural, ás veces desatendidas, como parte da cultura en sentido amplo”, sinala.
Poeta autor de Á sombra dos pavillóns (1983) e O asasino estrábico (1996), formou parte do consello de redacción da revista Grial e, entre 2003 e 2008, dirixiu o desaparecido xornal dixital Vieiros. “Conta cunha extensa traxectoria na radio e na televisión galega, participando en programas cun amplo abano de manifestacións culturais”, engade o texto difundido polo Ministerio de Cultura e Deporte.
A decisión do premio, dotado con 20.000 euros, tomouna un xurado presidido por Olvido García Valdés, directora xeral do Libro do Goberno do Estado, vicepresidido por Begoña Cerro, e do que fixeron parte Ana Romaní, a membro da Real Academia Galega Marilar Aleixandre; Félix Ibargutxi Otermin da Real Academia da Lingua Vasca; Pilar Castro, da Asociación Española de Críticos Literarios; Luís Menéndez, da Federación de Asociacións de Xornalistas de España; de María Carmen Asenjo, da Asociación de Revistas Culturais Españolas; de Miguel Ors, da Conferencia de Rectores das Universidades Españolas; Manuel Castro, da Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España, e Yanna Gutiérrez, do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid.”
Betanzos: presentación de O ceo das reixas, de Eli Ríos
“As fauces feroces, de Emma Pedreira, son as da nosa sociedade tratando as mulleres con crueldade”
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Na nova novela de Emma Pedreira, As fauces feroces, enlázase unha reflexión actual co proceso histórico á monxa italiana Benedetta Carlini. Nela, catro personaxes femininos reflexionan sobre a maternidade, a sexualidade e o libre albedrío. A entrevista pode verse aquí.”
Pontevedra: presentación de Alfredo de la Iglesia, de Xesús Alonso Montero
A Coruña: XI Lúas de Outono, homenaxe a Manuel María
Ferrol: presentación de Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero
Compostela: Curso Antropoloxía social e cultura galega, impartido por Rafael Quintía
Compostela: presentación de Ixinia, de Kai Lois Baltrusch Montero
Entrevista a Xoán Curiel na revista Insula Europea, en Italia, sobre o vínculo entre a súa música e a poesía galega
Crónica fotográfica da Letra E – O Escritor na súa Terra, Pilar Pallarés, 2019
Estas son algunas das fotografías da Homenaxe Letra E – A Escritora na súa Terra a Pilar Pallarés, que tivo lugar o pasado sábado 29 de xuño na Coruña. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.















