Desde Galaxia:
“Xosé Antonio Neira Cruz fíxose o 4 de outubro co XI Premio de Narrativa Breve Repsol pola obra O sono das sereas. Na súa decisión, o xurado pon de relevo o “desenvolvemento que presentan as personaxes, a estrutura da novela, perfilada a partir de tres voces que van encadeando unha ficción de intriga e misterio, a súa linguaxe fluída e a intención da novela de dirixirse a un público moi aberto”
O xurado estivo formado por Daniel Asorey, gañador da edición anterior, Marilar Aleixandre, académica da Real Academia Galega, Mercedes Queixas Zas, secretaria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia.
O premio está organizado pola Fundación Repsol coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A obra será publicada por Editorial Galaxia no próximo mes de novembro.”
Vigo: presentación de Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán
Cambados: inauguración da exposición Pretextos ilustrados, de Pepe Cáccamo e Fausto Isorna
Ordes: presentación de Caracteres, de Teofrasto
Compostela: presentación de Ayn. O ollo e a fonte, de Almudena Otero Villena
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Xosé Luís Axeitos, o 30 de setembro
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 30 de setembro, con Xosé Luís Axeitos. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Poemar o mar
Desde Xerais:
“O escritor Antonio García Teijeiro foi galardoado onte co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar, publicado por Xerais. O xurado resaltou que o libro está «cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o grande protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas»
Poemar o mar é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. En palabras de Rocío García Pedreira, «toda a obra poética de Teijeiro busca iniciar ao lectorado máis novo nos recursos formais básicos a través de temas que fomentan a reflexión crítica. Entre os seus versos recóllense homenaxes a outros poetas das tradicións literarias española e galega». (…)”
Gondomar: comeza unha nova etapa en Espazo Lectura
Desde Espazo Lectura:
“No mes de outubro Espazo Lectura comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e a lectura que agardamos que, malia os cambios que experimentarán algunhas actividades, sexa tan intensa, emocionante e motivadora coma as anteriores.”