A Coruña: Homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro na Real Academia Galega
Vilagarcía: presentación de O alfaiate portugués, de Xavier Senín
Compostela: presentación e palestra-debate arredor de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro e Nicolás Xamardo
A
cuarta feira 22 de febreiro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), Vítor Vaqueiro presenta o libro Da identidade à norma, editado por Laiovento, do que é autor xunto con Nicolás Xamardo. Nesta palestra-debate, organizada pola A. C. O Galo, participan tamén Marcos Maceira e Luís Gonçales Blasco, Foz.
Compostela: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira
O mércores
22 de febreiro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira, publicado por Xerais.
“Horizontes de mulleres”, por Eli Ríos
Artigo
de Eli Ríos na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“Horizonte e mar, de Paula Cristina Rodrigues, é unha novela das que hai que ler até a última páxina. Desas que, nese punto exacto no que nos parece que comeza a ser pesada…, zas! Dá unha virada e sorpréndenos con aquilo que intuíamos, pero, ao mesmo tempo, negabamos. Queremos ler unha narración plana, pero a autora non o vai permitir. Unha historia, a historia da matriarca Francisca desde aquel decembro de 1947, no que unha traxedia no mar a converte en orfa de pai e de irmán, até xaneiro de 2013 cando morre e o bisneto Dinis recolle a súa memoria.
A narración comeza debullando a historia da peixeira Francisca cando unha desgracia marítima a deixa sen familia. Ese instante no que caen todos os seus apoios e se ten que enfrontar ás dificultades da vida para criar os fillos e sacar a casa adiante sen máis recursos que os que lle proporciona o seu traballo xa que o home se desentende completamente.
O eixo que vertebra a novela é a historia familiar, pero, esta, non acontece illada da sociedade. A través das súas páxinas, asistimos ao nacemento do Porto de Leixões, ao desenvolvemento e modernización de Matosinhos ou Leça da Palmeira, e ao reivindicar das vivencias persoais, nestes procesos, porque a Historia non se escribe nos libros, redáctana as persoas individuais. Presenciamos, entón, unha análise etnográfica, interesante e deliciosa, desde a primeira persoa. Francisca guíanos a un tempo no que as peixeiras camiñan descalzas coas cestas do peixe na cabeza desde o porto até Matosinhos para gañar uns tostões que gardan nos seus aventais, pero, tamén, a unha época na que ser muller era moi complicado. Con catorce anos ela descobre un dos grandes conflitos (e reflexións desta obra): o corpo de muller sobre o que os homes deciden sen impunidade. (…)”
Medremos co libro!, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2017
CONCURSO ANDERSEN HOXE


Aquí poden descargarse as cartas para bibliotecas, librarías e centros de ensino.
I Certame Literario de poesía e relato curto Waldorf Meniñeiros
Ribeira: presentación de Sementes, de Sonia García Vidal
Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2017, texto de Ledicia Costas
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fai público o seu manifesto do Día de Rosalía de Castro de 2017, que foi encomendado a Ledicia Costas, quen foi tamén a encargada de darlle lectura o domingo 19 de febreiro, no acto central co que a AELG conmemorou a data de nacemento da nosa autora no Panteón de Galegos Ilustres.
Este manifesto será tamén lido en todos os actos que esta entidade celebrará por todo o país entre hoxe domingo e o propio Día de Rosalía de Castro, o vindeiro venres 24 de febreiro.
O manifesto pode descargarse aquí: Manifesto do Día de Rosalía 2017 AELG, por Ledicia Costas.










