A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro na Coruña, coorganizado entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a A. C. Alexandre Bóveda, diante do Teatro Rosalía.
Terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carlos Callón, por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. A parte musical correrá a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Vigo: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Vigo, coorganizado entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación Cultural O Castro de acordo co seguinte programa:
– Hora de inicio: 17:00 h.
– Lugar: Imprenta de Juan Compañel e Centro Social A Revolta (Rúa Real nº 12, Vigo).
– Desenvolvemento: colocación dunha ofrenda floral na imprenta Juan Compañel e lectura do manifesto e de poemas de Rosalía no local social da Revolta.

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (V)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Poesía e lingua:

Por último, publicamos tamén hoxe o vídeo do recital poético que clausurou esta actividade:

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.

A xanela de Gálix. Fran Alonso

Entrevista a Fran Alonso en Gálix:
“(…) – Gálix (G): Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
– Fran Alonso (FA): A maior fortaleza, sen dúbida, é a forza das súas creadoras e creadores, capaces de construír unha literatura que, no Estado español está a resultar canónica. A maior debilidade está na súa dependencia do sistema educativo e no baixo nivel de vendas por impulso ou espontáneas que existe nas librarías.
– G: Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución.
– FA: Creo que ao longo dos últimos anos a LIX galega evolucionou moi positivamente, superando vellos tabús, abríndose tematicamente, medrando en concepción, en ambición, en calidade e en relación para converterse nunha literatura que merece ser exportada e lida internacionalmente.
– G: Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
– FA: Os límites da LIX galega, en moitos casos, están marcados polo descoñecemento ou o prexuízo de quen non le nunca en galego, que é unha porcentaxe moi ampla da poboación lectora galega. Tamén é certo que a LIX ten unha maior potencialidade para introducirse nas casas a través do sistema escolar que a literatura de adultos. Evidentemente, hai moito camiño por percorrer para que todos os lectores e lectoras galegos se recoñezan na súa LIX; como dixen antes, continúa demasiado apegada ao ámbito escolar e ese feito é especialmente grave na adolescencia e coa literatura xuvenil, porque a LIX galega non está presente por vontade propia entre os adolescentes nos seus foros de debate, nas redes sociais nin nos ámbitos lectura xuvenil non académicos, como si que o está a LIX en castelán. (…)”

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (IV)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Poesía. Unha visión de xénero e identidades: