Bases da convocatoria para o V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal 2022

As Xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.
Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro e tamén a danza, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para contestar, reivindicar, apuntar ou interrogar á comunidade que congregan sobre aspectos fundamentais da actualidade.
Para a VII Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG queremos tomarlle o pulso á creación escénica contemporánea e aos retos fronte a esta época, marcada pola pos-pandemia e a crise derivada, á que se suma a guerra en Ucraína.
A maneira de abordar isto vai ser a través do V FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2022, que procura presentar, analizar e debater propostas escénicas que se están a ensaiar e a crear neste momento. Trátase, por tanto, dun festival único en Galiza para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas.
Terá lugar o 26 de novembro de 2022 no Centro Ágora da Coruña (Lugar da Gramela, 17).

BASES DA CONVOCATORIA PARA O V FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2022

Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas, de temática completamente libre, que utilicen textos en galego/portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.
Un comité de selección, formado pola comisión organizadora da AELG,  Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e Célia Guido Mendes, directora do Centro Cultural Português Camões de Vigo, baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal.
Unha vez (re)presentadas, o mesmo xurado concederá o PREMIO V FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2022/23, que consistirá na estrea da peza nun dos espazos municipais da Coruña. É importante sinalar que, unha vez (re)presentados os proxectos, o xurado pode considerar que ningún deles reúne as características ou condicións necesarias e, por tanto, deixar o premio deserto.
O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.
As (re)presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado. Privilexiaranse as presentacións que reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.
No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.
– Asígnase un orzamento total de 350 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 450 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal.
– Prazo para a presentación de propostas: 31 de outubro de 2022.
– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Sección de Literatura Dramática da AELG e o director dos teatros municipais da Coruña) en función de:
+ Descrición e formulación do proxecto.
+ Breve mostra da peza.
+ Currículum das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 31 de outubro de 2022, a: oficina@aelg.org

PREMIO V FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2022/2023
Ademais do orzamento de 350/450 € asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal 2022, un comité, encabezado polo director do Teatro Rosalía Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada nos teatros municipais da Coruña. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

BASES DA CONVOCATÓRIA PARA O V FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2022

Convocatória aberta a 7 projectos de artes cénicas, de temática completamente livre, que utilizem textos em galego ou português, individuais ou colectivos, para um espectáculo em qualquer das modalidades e géneros das artes cénicas. Deve tratar-se de uma peça ou proposta cénica que esteja em processo de criação/realização.
Um comité de selecção, formado pela comissão organizadora da AELG e Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, e Célia Guido Mendes, directora do Centro Cultural Português Camões de Vigo, baseando-se em critérios artísticos, escolherá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no V Festival Peças de um Teatro do Porvir, Galiza + Portugal.
Uma vez (re)presentadas, o mesmo júri concederá o PRÉMIO V FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2022/2023, que consistirá na estreia da peça num dos espaços municipais da Corunha. É importante indicar que, uma vez (re)presentados os projectos, o júri pode considerar que nenhum deles reúne as características ou condições necessárias e, portanto, deixar o prémio deserto.
O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para uma breve análise, debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.
As (re)presentações fazer-se-ão no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais acaído. Privilegiar-se-ão as apresentaçoes que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.
No breve debate posterior às presentações procuraria-se conhecer a reacção do público, num diálogo que, se calhar, possa servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em andamento.
– Atribui-se um orçamento total de 350 euros para cada projecto seleccionado desde a Galiza e 450 euros para cada projecto seleccionado desde Portugal.
– Prazo para a apresentação de propostas: 31 de Outubro de 2022.
– A selecção dos projectos será realizada por parte da organização (Secção de Literatura Dramática da AELG e o director dos teatros municipais da Corunha) em função de:
+ Descrição e formulação do projecto.
+ Breve mostra da peça.
+ Currículo das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deverão ser enviados em formato digital, antes das 24 h. do 31 de Outubro de 2022, a: oficina@aelg.org

PRÉMIO V FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2022/2023
Para além do orçamento de 350/450 € atribuído a cada proposta para a sua (re)presentação no V Festival Peças de um Teatro do Porvir, Galiza + Portugal 2022, um comité, encabeçado pelo director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, Xosé Paulo Rodríguez, seleccionará uma das propostas para oferecer-lhe a possibilidade de ser estreada nos teatros municipais da Corunha. O júri também poderia decidir deixar o prémio deserto de os projectos (re)presentados não reunirem as características e condições necessárias.

Roteiro pola Coruña no centenario de María Casares, por Arancha Estévez, o 29 de outubro

O Roteiro pola Coruña no centenario de María Casares, guiado por Arancha Estévez, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña.

Terá lugar o sábado 29 de outubro, ás 12:00 horas, na cidade da Coruña, cunha duración aproximada de hora e media.
As persoas interesadas deben inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes. Hai un máximo de 40 prazas dispoñíbeis.

María Casares, un mito en Francia, descoñecida en Galicia.
Eu nacín neste curruncho da terra que vira as costas ao continente e que, non obstante, recibe os peregrinos de Compostela; na Coruña, vila peninsular que sinala o Atlántico […].”
María Casares deixa escritas nas súas memorias publicadas en 1980 as súas lembranzas e sentimentos vinculados á nenez vivida entre a A Coruña e Montrove (Oleiros). As súas palabras remítennos aos seus escenarios da infancia como unha postal fixa no tempo. Unha postal que non se alterará xa que esta grande actriz non retornou nunca á sua cidade natal.
María Victoria Casares Pérez, María Casares, nacida en 1922 na Coruña e desde 1936 instalada en Francia, foi unha unha actriz de primeira liña, cunha aposta decidida como actriz tráxica, con papeis clásicos memorables e, tamén, mergullándose no teatro de vangarda até os últimos días. Venerada pola crítica, trátase dun nome fundamental na historia do teatro francés. O xornal Liberation titulou no seu falecemento en novembro de 1996: “O teatro morreu”. Traballou con Robert Bresson e Jean Cocteau; no teatro aliouse con Camus, Jean Vilar, Jorge Lavelli e Bernard Sobel. Mellor actriz no Festival de Cine de Locarno (Suíza) en 1949 por La Chartreuse de Parme, nominada ao César en 1988 polo filme La Lectrice, premio Molière en 1989, Nacional de Teatro en 1990. O mesmo ano que morreu representou a peza Les oeuvres complètes de Billy the Kid con posta en escena de Frank Hoffmann -ela faleceu en novembro de 1996 e a obra estivo en cartel entre xaneiro e marzo-, e a crítica teatral derreteuse. O cancro espreitaba pero estaba enorme no escenario. Malia non conquerir a volta á súa terra, en Galicia obtivo tamén nos últimos anos diferentes recoñecementos: Filla predilecta da Coruña, Medalla Castelao, o nomeamento dos premios de teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galicia como Premios María Casares, etc.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa 2022 por As malas mulleres

Desde Nós Diario:
“A escritora Marilar Aleixandre converteuse na gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte. A obra pola que foi galardoada é As malas mulleres (2020), pola que tamén obtivo o Premio Blanco Amor 2020.
O xurado do certame destacou da obra a súa “orixinal estrutura híbrida”, que a converte nunha “singular novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres no século XIX”.
Por outra parte, tamén salientou que As malas mulleres “recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral”.
Finalmente, o xurado puxo en valor que “a autora incide nas desigualdades e á vez ofrece unha ollada esperanzadora”.”

A Asociación Galega de Editoras regresa de Liber e Frankfurt cun balance positivo, e lamenta a falta de apoio por parte da Xunta de Galicia

Fisterra, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, canción gañadora do I Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Desde a Fundación Manuel María:
Fisterra, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción lírica, para voz e piano, que resultou gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais celebrada nunha gala-concerto, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. O autor que levou un premio de mil euros en metálico, verá a súa composición editada xunto as obras das outras finalistas nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.
A gala-concerto encadrouse ao redor do aniversario de Manuel María, o 6 de outubro, e contou coa presenza do barítono Gabriel Alonso e o pianista Aurelio Viribay que interpretaron nunha primeira parte as cancións finalistas Orballo de Teo Montero, A lúa de Saúl Aguado, Rosas de Teresa Bretal e Fisterra de Saúl Aguado. E nunha segunda parte presentaron en concerto o seu traballo No Camiño -dous séculos de canción galega-.”

Compostela: Encontros sobre Literatura Infantil e Xuvenil con Carlos Labraña e Carmen Ferreira, os 24 e 25 de outubro

A AELG colabora cos Encontros sobre Literatura Infantil e Xuvenil con Carlos Labraña e Carmen Ferreira, actividade da Universidade da Santiago, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Estes encontros enfócanse como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se puideron levar a cabo no seu formato habitual anterior.
Están orientados á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

Terán lugar estes tres encontros:

– O 24 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.

– O 25 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Os estereotipos femininos da narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), con Carmen Ferreira.

– O 25 de outubro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.

Serán presentados por Marta Neira Rodríguez.