O Corgo: actividades polo Día das Letras Galegas
Ourense: Xurxo Souto. XX anos de literatura (humilde) celebración
Carballo: sesión arredor de Devalar sen pel, con Modesto Fraga, no Clube de Lectura de Espiral Maior Foro
Ribadavia: actividades polo Día das Letras Galegas
Lisboa: conferencia de Mario Regueira arredor de Florencio Delgado Gurriarán
Outes: actividades polo Día das Letras 2022
Crónica fotográfica da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022
Estas son algunhas das fotografías da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022, que tivo lugar o 7 de maio en Santiago de Compostela. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Vídeo de Ana Luísa Amaral, Escritora Galega Universal 2022
Este foi o vídeo enviado por Ana Luísa Amaral, Escritora Galega Universal neste 2022, para ser difundido na Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego.
Compostela: Maniféstate pola Lingua!, Queremos Galego 2022
Representantes da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversíbel” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”.
ASINA O MANIFESTO: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua.
A plataforma reclama a posibilidade de vivir en galego agora e sempre e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, mais dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade “en todo e para todo”.
🚌 Autobuses para acudir á manifestación en Compostela:
A Coruña: 981 169 810
Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical
Ferrol: 630 219 861 | 981 358 750
Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.
Lugo: 982 225 812 | 982 280 410
Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58
Vigo: 986 827 900
• Saída ás 10h, desde o local da CIG
Pontevedra: 986 866 205
Saída ás 10h desde Arcade
Ás 10:30h de Pontevedra
Vilagarcía-Cambados: 986 565 059 – 986 505 323
– Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
– Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega
Ourense (desde Monterrei): 988 233 134
– Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
– Ás 8:30h en Verín.
– Ás 9h, en Xinzo.
– Ás 9:30h, en Ourense.
– Ás 10h, no Carballiño.
A Mariña: 982581861 | 605 377 317
Un novo futuro para o galego é posíbel, se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego está presente e plenamente dispoñíbel. A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza. O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia.