A Coruña: conferencia de María Canosa
O venres 14 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar unha conferencia de María Canosa sobre Emilia Pardo Bazán.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira), de Kenji Miyazawa
Desde a AELG lembramos a Homenaxe a Xela Arias realizada o 29 de maio de 2004
Presentación-coloquio de Cen historias máxicas pola Mariña encantada, de Antonio Reigosa
Compostela: actividades destacadas do 13 de maio na Feira do Libro 2021
O 13 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h. Jamas asina Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
– 18:00 h. Antonio Raúl de Toro Santos e José Miguel Alonso Giráldez asina Fisterras Atlánticas, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Beto Luaces asina Vicus, publicado por Bolanda.
– 19:00 h. Anu Pitkanen (tradutora) asina Colores no mar e Sen rastro do gato, publicados por Hércules.
– 20:00 h. Marilar Aleixandre asina As malas mulleres, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Nee Barros asina Identidade, publicado por Galaxia.