Radiocrítica 15-06-2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 15 de xuño en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva da novela O viaxeiro radical de Xerardo Quintiá (0:50); da escolma Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea, traducida por Carmen Rodríguez Alonso (7:07); do volume colectivo No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, coordinado por Pilar García Negro (13:18), e do relato A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín (18:14).”

Santa Cruz, Oleiros: presentación de Falando claro, de Pepe Sendón

OPepe Sendón presentacion+libro+20150601+sendon luns 1 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” (Santa Cruz, Oleiros), preséntase a obra Falando claro, de Pepe Sendón, publicada por Alvarellos, acompañada de proxección audiovisual.

Premios AELG 2015 – Gala das Letras

ConviteGalaLetrasAELG2015aOsAELG Logo 2-2015 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio, ás 20:00 horas, no Círculo de las Artes do Concello de Lugo. A entrada é libre até completar aforo.

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

Blog literario

Ensaio

Literatura Infanto-Xuvenil

Xornalismo Cultural

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2015 “Institucións Culturais”

  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Asociación de Medios en Galego

Premio “Mestras-es da Memoria” 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2015
O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga. Vexa aquí a axenda de Ruffato na Galiza.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.

Coa actuación musical de Abraham Cupeiro e Iago González: Os sons esquecidos.

Feira do Libro de Santiago: actividades do venres 8

OFeira do Libro de Santiago 2015 venres 8 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

19:30 h. Presentación do documental Contextualizando a Filgueira Valverde, realizado por Gonzalo E. Veloso, e un coloquio posterior dirixido por Francisco Castro.
20:30 h. Presentación de No tempo de “Follas novas”. Unha viaxe pola literatura universal, publicado por Alvarellos Editora, en edición de Pilar García Negro, quen participa na presentación, xunto ao editor, Henrique Alvarellos, e varias das persoas que colaboraron na obra.

Entrevista a Quique Alvarellos

DesdeHenrique Alvarellos o Zig zag da Televisión de Galicia:
“Tino Santiago conversa co xornalista e escritor Quique Alvarellos, director da Editora Alvarellos, sobre os últimos premios conseguidos por este selo, entre eles, os concedidos pola Asociación Galega de Editores. A entrevista completa pode verse aquí.”