Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (III)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación do obradoiro Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención, con Mercedes Queixas:

Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 1/2, con Antía Otero:

Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 2/2, con Antía Otero:

Semana Apiario: un encontro coa palabra

DesdeApiario Coruña Daily News:
“(…) O seguinte acto celebrarase o mércores 29 cara ás sete da tarde. Trátase dun encontro con docentes do escritor Carlos Negro. Nel, o autor falará sobre o seu ensaio Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas, que vén de gañar o Premio ao Mellor Ensaio na I Gala do Libro Galego.
Segundo Antía Otero, “é un título do que queríamos que se vise a súa finalidade. Recolle seis artigos de seis escritores que traballan de xeito activo coa palabra, e que visitan moitos centros de ensino e obradoiros. Ademais, o propio Carlos Negro é mestre. Parecíanos unha figura para ter un encontro específico cos mestres, que conte as ferramentas que emprega e a súa experiencia arredor do seu traballo”.
Ao día seguinte, xoves 30 de xuño ás 20 horas, a librería Moito Conto será escenario dun recital poético dos alumnos que participan nos obradoiros literarios que organiza Apiario. (…)
En canto ao nivel da poesía na cidade da Coruña, Antía Otero di que “é un luxo”. “Está tendo un repunte importantísimo. Cando convidamos autores de fóra para dar charlas ao alumnos, ou vir a algún recital, marchan encantados da atención do público, da escoita. É algo que se foi xerando co traballo continuado de ciclos como o Poetas Di(n)versos, de recitais ou de obradoiros e actos. Hai un especial interese na poesía. Penso que como axentes culturais temos que evitar que se convirta nunha moda pasaxeira. Hai que velo como unha oportunidade de seguir medrando. Temos que ser sensibles”.
Sobre esa sensibilidade poética xirará o último acto da Semana Apiario, que se celebrará o luns 4 de xullo cara as oito da tarde. Tratarase dun encontro entre os lectores e a poeta María do Cebreiro arredor do seu poemario O Deserto. “É unha autora moi prolífica e cunha gran traxectoria. Queremos ter unha conversa co lector, que a coñezan, que saiban como se constrúe un libro desde o seu inicio”, explica. “Ten unha facilidade comunicativa marabillosa, cun gran discurso tanto na escrita como verbalmente. E queremos compartir iso cos lectores”.
Sobre o futuro da poesía, Antía Otero afirma que “estamos a vivir un tsunami de calidade”. “É abraiante. A xeración que está comezando, aqueles autores menores de trinta anos, é unha xente dunha calidade brutal”, di. “É emocionante ver desde que lugar se está escribindo e con que entrega e rigor”.
Apunta tamén que “hai que celebrar cada vez que se emprende un proxecto que ten que ver coa literatura nun lugar coma Galicia. Estamos a favor diso e de que a situación prospere. Estamos nun momento no que temos que coidar o que emerxe”. E presenta un futuro positivo. “Cada vez hai unha maior confianza en nós mesmos, no que somos e no que estamos a construír”.”

Crónica videográfica da I Gala do Libro Galego (I)

O GalaDoLibroGalego2016sábado 14 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo lugar a I Gala do Libro Galego, convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Entrega do Premio na categoría de Ensaio (recollen Antía Otero e Dores Tembrás):

– Entrega do Premio na categoría de Tradución (recolle Alejandro Tobar):

– Entrega do Premio na categoría de Proxecto Literario na rede (recolle Fran Alonso):

Compostela: actos destacados do sábado 7 e domingo 8 na Feira do Libro

OFeira do Libro Santiago 2016 domingo 8 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Lateral da Alameda, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o sábado e domingo:

Sábado 7
12:00 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario. No acto, a autora estará acompañada por Antía Otero (Apiario) e Irma Amado (Numax).
20:00 h. Encontro de fantasía galega: presentación dos libros Negruña, de Xosé Duncan, e Da Fría e Distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola. Posteriormente terá lugar unha charla co(a)s autoras e autores do novo volume da revista Contos Estraños.

Domingo 8:
19:00 h. Presentación da obra gañadora do I Premio de Literatura Fantástica Antón Risco, Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Urco. Con Tomás González Ahola.
20:00 h. Presentación de Xuventude Imbécil, de Xesús Estalote Maroño, Nuno García Pico e Brais Pedreira, publicado por Artgeruts.

Compostela: presentación de Masculino singular, de Carlos Negro

OCarlos Negro xoves 28 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Masculino singular, de Carlos Negro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antía Otero e Fran Alonso.

A Coruña: O fillo da furia. 20 voces por Lois

OFilloDaFuriaLOIS-bannerO domingo 28 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar O fillo da furia. 20 voces por Lois, homenaxe a Lois Pereiro, froito dunha colaboración entre AELG e o Concello da Coruña.
Coa participación de Alfredo Ferreiro, Álvaro Antelo, Ana Romaní, Antía Otero, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Iolanda Zúñiga, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mario Regueira, Miguel Mato, O Leo i Arremecághona, Ramiro Torres, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xulio Valcárcel e Yolanda Castaño.
Coa colaboración das actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.
Produción: Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas e Lino Braxe.

OFilloDaFuriaLOIS-cartelOFilloDaFuriaLOIS-postal_002

A Coruña: obradoiro O ollo da Arte. Laboratorio, impartido por Antía Otero

O ollo da Arte. Laboratorio é un obradoiro de creación artística contemporánea impartido por Antía Otero, ou, o que é o mesmo, un laboratorio de creación que está pensado para aprender facendo.
Por iso, se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns, ou se non tes nada pensado pero posúes inquietudes artísticas, ganas de deixarte levar e aprender dos demáis e da deriva, O ollo da Arte está aberto para ti.
Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.
Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a Normal para compartir co alumnado as súas experiencias, guiar os proxectos e aportar novas ferramentas.

Datas: todos os luns entre o 22 de febreiro e o 30 de maio de 2016.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula).
Participantes: máximo de 15 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 28 de xaneiro até o 11 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Tlf: 881014052 en quenda de mañá. Mail: info@istoenormal.org “

Carlos Negro e Antía Otero falan de Poesía hexágono, de Apiario Editora

Desdepoesia-hexagono-ollada-e-experiencia-proposta-e-resposta-nas-aulas o Diario Cultural da Radio Galega:
“Seis olladas sobre a poesía que miran para as aulas, mais non só. “No ensino cada vez vai máis encamiñado a eliminar todo o que teña que ver co pensamento pero tamén coa sensibilidade”. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”