Arquivos da etiqueta: Berta Dávila
XXXV Xornadas de Lingua e Literatura, en Compostela, o 18 de abril
Compostela: presentación de Rastros, de Carlos Lixó
Presentación de Rastros, de Carlos Lixó, en Compostela
Compostela: acto de entrega da I Edición do Premio Trevo 2025
Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”
Desde a Deputación da Coruña:
A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con Bragakadabra, a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Ángel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
De Bragakadabra o comité avaliador valorou, por unanimidade, “o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade”. O xurado puxo tamén en valor “a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento”. (…)












