Arquivos da etiqueta: Bieito Iglesias
Manuel Rivas, Xavier R. Madriñán, A cova de Eirós, Ugia Pedreira, Mónica Alonso, Chévere, Atalante e María Varela, Premios da Crítica de Galicia 2022
Ourense: presentación de Unha nova Olanda, de Antón Baamonde
Viaxe á historia da novela negra galega (Consello da Cultura Galega, 2014)
O PEN Clube premia Marina Mayoral “pola súa defensa das mulleres escritoras”
Desde
Sermos Galiza:
“A autora de Querida amiga (1995) é unha voz “constante na súa defensa das mulleres escritoras”. E a responsábel dunha ampla e recoñecida obra literaria. Desde este 22 de outubro Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) é ademais premio Voz de Liberdade, outorgado polo PEN Club da Galiza.
O xurado “tivo en conta a obra literaria desta escritora, os seus traballos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán e, sobre todo, a súa constante defensa do dereito de expresión e de opinión e a reivindicación do papel da muller no ámbito da literatura e a na sociedade en xeral”. As persoas que decidiron o galardón foron Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Xabier Castro, Bieito Iglesias, Inma López Silva, Pablo Rubén Eiré, Luís Menéndez, Xosé Ramón Pena e Manuel Guede.
Mayoral, que recibirá unha escultura de Acisclo Manzano, recollerá o premio -de carácter bianual- na segunda quincena de novembro. Trátase da terceira muller en acadalo, logo de Úrsula Heinze en 2005 e María Xosé Queizán en 2011. Na edición anterior, a número sete, o premiado foi Xosé Luís Méndez Ferrín.”
A Coruña: presentación de Guías caninos, de Bieito Iglesias
Bieito Iglesias: “O 90% das anécdotas que conto son reais. O que me pasa co realismo é que teño que disfrazalo, estilizalo”
Entrevista
de Montse Dopico a Bieito Iglesias en Praza:
“(…) – Praza (P): [Guías caninos] é unha novela policial ou negra? Porque parece que iso marca status.
– Bieito Iglesias (BI): Iso ten que ver coas distintas tradicións da novela policial. Na tradición francesa, quen investiga é un funcionario da policía: é o Estado o que investiga. No mundo anglosaxón (Conan Doyle no XIX e despois a novela americana de Chandler ou Hammett), o que investiga é un detective privado, que contrasta cunha policía ineficaz ou corrupta. Porque o mundo anglosaxón desconfía do Estado. No caso español, e galego, sobre todo nos primeiros anos da Transición, tanto Juan Madrid coma Montalbán teñen como investigador non un policía, senón un detective ou un periodista. Porque non ían converter un policía do franquismo, un dos grises, nun heroe.
Eu escollín a tendencia francesa, mais asumindo o desafío de crear un policía do franquismo que fose un investigador eficaz, pero non un esbirro do réxime. Iso quería que fose Nespereira, e agora teño a Benito, que se dedica a investigar mentres os seus compañeiros están ocupados co procés catalán, ou con nada… Si que hai diferenza entre novela negra e novela policial se por novela policial se entende a novela-enigma, coma a de Agatha Christie, que é puro xogo de adiviña. Pero se por novela negra se entende a quen ten trasfondo histórico e social, eu apúntome á segunda, claro. Na novela americana clásica dos anos 30 si ten moita importancia ese trasfondo histórico e social. Mais, fóra diso, a distinción non ten moito sentido.
– P: Unha vez Manuel Forcadela comentou que, cando comezaba a novela negra galega -sendo moitas veces non moi ben acollida pola crítica- os policías eran politicamente incorrectos: torturaban, por exemplo, como era habitual na realidade no franquismo. Despois vóltanse máis finos, e entón fálase de boom da serie negra galega. Que opinas ti?
– BI: Carlos Reigosa, en Crime en Compostela, crea un detective ao estilo Montalbán: evita facer que sexa policía. O que pasa coa serie policial actual -se falamos de Italia, por exemplo- é que se introduciu moita anécdota costumista. Hai como un intento de “normalizar” o personaxe do heroe solitario, que agora ten muller, fillos… A novela negra clásica era, en realidade, unha versión do western, polo que os seus heroes eran coma os das películas de vaqueiros: solitarios, se tiñan un romance duráballes pouco… O detective de hoxe non é un xusticeiro romántico, ou un misántropo, como naquela época. (…)”
Compostela: programación da Semana da novela negra
Compostela: Semana da novela negra 2019
Gala do Libro Galego 2019. Obras finalistas
A
Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras. Ademais, entregaranse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes.
Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.
Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.
Así pois, faise pública a relación de obras finalistas por cada modalidade dos premios.
OBRAS EDITADAS EN 2018
Ensaio e investigación
– As orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago).
– Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).
– Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia).
– Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento).
– Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (editores) (Editorial Galaxia).
– Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia).
Divulgación
– Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).
– Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra).
– Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza).
– Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia).
– Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia).
– Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora).
Narrativa
– Besta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).
– Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia).
– Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia).
– Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)
– Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia).
Infantil
– Kusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia).
– Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia).
– O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora).
– Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).
– Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia).
Xuvenil
– A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).
– A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia).
– O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).
– Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia).
– Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia).
Libro ilustrado
– Macedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial).
– Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
– O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora).
– Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia).
Libro de banda deseñada
– Animalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia).
– O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor).
– O puño e a letra, por VV. AA.(Edicións Xerais de Galicia).
– Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia).
Iniciativa bibliográfica
– A gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza.
– Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.
– Colección Feminismos, por Editorial Galaxia.
– Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do “25-0 Día de FGL en Galicia”), por Alvarellos Editora.
– Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora.
Tradución
– A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora).
– A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).
– Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora).
– O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, “Belatz”, por Manel Cráneo (Demo Editorial).
– Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora).
Poesía
– …as neuronas irmás…, de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia, Afundación, Xunta de Galicia)
– Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora).
– Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Editorial Galaxia).
– Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia).
– Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora).
– Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario).
Teatro
– A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).
– A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).
– Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).
– Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).
– Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María).
Libro mellor editado
– Galicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia).
– Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
– O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia).
– Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora).
– Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora).
PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Asesoría de Bibliotecas Escolares.
– Chan da Pólvora (libraría e editora).
– Libraría BD (Vigo).
– Libraría Cartabón (Vigo).
– Salón do Libro de Pontevedra.
Proxecto literario na rede
– BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil.
– Brétemas, de Manuel Bragado.
– Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa.
– ogalego.eu, por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel.
Xornalismo cultural
– Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso).












