Adeus Ano Castelao, adeus Ano Manuel María

Desde Sermos Galiza:
“(…) Nesta semana coinciden os dous actos de peche destas celebracións. O 15 de decembro no Teatro Colón da Coruña e o 18 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A música amorosa das palabras é o título do concerto de Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández que porá o ramo o vindeiro xoves día 15 de decembro ás 20:00 horas á conmemoración do Ano Manuel Maria por parte da Casa-Museo Manuel Maria, co apoio da Deputación da Coruña. No concerto interpretaranse 20 pezas, desde as máis emblemáticas como “O carro” ou “Manual para deprender a Señorito” até outras que farán un percorrido pola obra do poeta, desde as composicións máis íntimas até as máis comprometidas, pasando por algunhas irónicas. Ademais, tamén servirá de presentación da segunda edición do traballo en que Uxía canta a Manuel María que sae cun novo formato con 52 poemas, un para cada semana do ano.
“Para nós o traballo de difusión da súa obra non vai rematar en 2016 mais quixemos poñer un broche a este intensísimo ano cun acto que pensamos tamén como recoñecemento a tantas persoas que se implicaron na difusión da obra de Manuel María, un recoñecemento para entidades culturais, viciñais ou deportivas, bibliotecas públicas, centros de ensino e profesorado, xente do teatro que puxo en escena nove pezas súas, grupos musicais que fixeron cancións dos seus poemas e tantísimas persoas que contribuíron de forma decisiva para que a sociedade perciba a Manuel María como intérprete dos soños colectivos de galegos e galegas”, sinalou Alberte Ansede, da Fundación Manuel María.
Alberte Ansede destacou a relevancia de xuntar no mesmo concerto os nomes de Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández e anunciou que o acto servirá tamén para a presentación da segunda edición do traballo en que Uxía canta a Manuel María que sae cun novo e orixinal formato con 52 poemas, un para cada semana do ano.
A Gala Ano Castelao, que terá lugar o domingo 18 de decembro ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, reúne teatro, música e humor gráfico nun espectáculo multidisplinar para adultos.
Estará presentada pola actriz Bea Campos e contará coa presenza do humorista Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila, cun espectáculo adaptado de humor gráfico, con Xurxo Souto, Lydia Botana e 2naFronteira na parte musical, e con pezas teatrais que correrán a cargo de Celso Parada e de Limiar Teatro.
A entrada é de balde pero é necesario retirar ou reservar os convites con antelación.”

Foz: actos destacados da Feira do Libro do sábado 20 e domingo 21

OFeira do Libro de Foz 2016 domingo 21 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

Sábado 20
18:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
21:00 h. Presentación do libro Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar, de Paco Rivas, con prólogo de Francisco Fernández Rei.

Domingo 21
19:00 h. Concerto da Banda de Música de Foz e recital poético musical sobre os poemarios Chorimas, de Montse González, e Versos florecidos en louvanza de Foz, de Manuel María.

Outeiro de Rei: 3º Convívio da Cultura Galega

Convivio 2016

Taboleiro do libro galego XLIV (maio de 2016), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Neste primeiro día de xuño velaquí unha nova entrega do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás trece librarías colaboradoras: Paz de Pontevedra; Andel, Casa do Libro, Libros para Soñar e Librouro de Vigo; Aira das Letras, de Allariz; Miranda de Bueu; Biblos de Betanzos; Lila de Lilith (Compostela); Moito Conto e Suévia da Coruña; Trama de Lugo e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).
O Taboleiro do libro galego modifica, desde hoxe, a súa periodicidade e pasará a ter un carácter bimensual.

NARRATIVA
1º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
2º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
3º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
4º-. Xavier Queipo, Os kowa, Galaxia.
5º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
6º-. Manuel Núñez Singala, Camiños na auga, Galaxia.
7º-. Carlos Meixide, Inge e Robbie, Ed. do autor.
8º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
9º-. Xesús Constela, A rotura das paisaxes, Xerais.
10º-. Xosé Duncan, Negruña, Urco.

POESÍA
1º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
2º-. Manuel María, Os soños na gaiola, Xerais.
3º-. Manuel María, Terra chá,  Fundación Manuel María.
4º-. Manuel Veiga e Xosé Lastra, Manuel María. Versos e rebeldía, Xerais.
5º-. Manuel María, Poemas escollidos, Fundación Manuel María.
6º-. Antonio G. Teijeiro, Poemar o mar, Xerais.
7º-. Carlos Negro, Masculino singular, Xerais.
8º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
9º-. Ismael Ramos, Os fillos da fame, Xerais.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
3º-. Emilio Xosé Insua, A nosa terra é nosa. A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), Baía Edicións.
4º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
5º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.
6º-. Pablo Vaamonde, A comercialización da saúde, Laiovento.

XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Carlos Vila, O enigma de Caronte, Galaxia.
3º-. Elena Gallego, Dragal IV, Xerais.
4º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.
4º-. Mariana Ruiz, A viaxe de mamá, Kalandraka.
5º-. Érica Esmorís – Dani Padrón, Nena e o mar, Xerais.
6º-. El Hematocrítico, Feliz Feroz, Xerais.
7º-. Patacrúa & Javier Solchaga, A princesa do Caurel, OQO.

LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
3º-. Nani García / Manuel María, A berenguela, Galaxia.
4º-. Pirilampo, Teatro de Guiñol, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.”