Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021 a Concha Blanco (IV)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe a segunda parte dos vídeos referentes ao acto de entrega da Letra E:

Laudatio, por Pilar Sampedro:

Entrega da escultura da Letra E, obra de Soledad Penalta:

Resposta de Concha Blanco á laudatio:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021 a Concha Blanco (III)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe a primeira parte dos vídeos referentes ao acto de entrega da Letra E:

Intervención de Margarita Lamela, alcaldesa de Cee:

Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021 a Concha Blanco (II)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á inauguración da Praza Concha Blanco e á plantación da árbore da autora:

Inauguración oficial da Praza Concha Blanco:

Plantación da árbore da autora:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021 a Concha Blanco (I)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á descuberta do monólito conmemorativo:

Intervención de Margarita Lamela, alcaldesa de Cee:

Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:

Intervención de Concha Blanco:

Descuberta do monólito conmemorativo:

Homenaxe A Escritora na súa Terra a Concha Blanco: Laudatio, por Pilar Sampedro

A laudatio pode ser descargada aquí, ou ben ser lida a continuación:

Laudatio a Concha Blanco na Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E

Moitos anos despois fronte a vós –e parafraseando o comezo de Cien años de soledad– tiña que acordarme daquela primeira homenaxe ao Escritor na súa Terra, que se lle dedicou a Avilés de Taramancos, e da árbore dos soños que se deixou ao pé do camposanto de Boa seguindo os seus versos:

Imos plantar unha cerdeira nova
Temos que darlle esa alegría ó vento.

Ten que vir a min a lembranza de Avilés, porque el escribiu para o meu alumnado aquela peciña que leva por título Tres capitáns de tempos idos. Porque ser amiga e mestra, me levou ata a Tasca aquela noite, a falar de literatura e rapazada, da mesma maneira que hoxe me trae aquí, a falar de Concha Blanco.
Desculpade este comezo que pode semellar egocéntrico, aínda que sexa para poñer en valor a iniciativa da AELG e a Concha. Porque antes de nada, debo agradecer que pensara en min. É unha honra acompañar á Escritora na súa Terra, unha deferencia que seguro non merezo. Agradezo á Asociación que tamén me aceptara e confiara en min para este labor. Tentarei decepcionar o menos posible: falarei e escribirei dende a periferia, fóra de academias e convencións porque non podería facelo doutra maneira.
Rematados os agradecementos, entremos a recoñecer. Eu entendo que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega hónrase ao homenaxear a Concha Blanco, porque cando o fai está a honrarse a si mesma en grao sumo, porque Concha é escritora, mestra e muller.

Muller, para a que seguramente foi máis difícil levar a cabo o seu proxecto literario e didáctico. Muller que ten a súa orixe nunha rapaza da aldea, igual que aquel que se presentaba dicindo “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén”. Esta orixe achegoulle unha sensibilidade especial en relación á lingua e ás inxustizas.
Muller de Lires, aquí ao pé; estamos na súa terra de nacenza e residencia.
Así o conta ela na autobiografía publicada na Biblioteca Virtual Galega:

“No Concello de Cee hai unha aldea que se chama Lires. En Lires está a ría máis pequena de Galicia, que coa marea baixa desaparece; é unha ría con maxia. Antes da ría hai un cruceiro e preto do cruceiro está a miña casa onde nacín o 19 de xuño de 1950.”

Ao lugar de Lires volve na case totalidade das súas obras, citándoo, situando aquí aos personaxes, describíndoo con versos ou téndoo en conta á hora de dedicar a obra. Vexamos algunha mostra…

As dedicatorias dos libros O milagre de Carola e Quero que veñan meus pais, din:

“LIRES, onde eu nacín aquel día.” Así de simple e significativo.
“Para Lires, que foi o meu berce, por deixar que o vento do mar arrolase os meus soños.”

Un anaco do libro Sara di: “Lires sempre sería para Sara o seu lugar de referencia, no que nacera, ao que volvía sempre que lle era posible, do que presumía e o lugar que recomendaba a quen quixese experimentar e tocar o silencio e a paz”.
Cousiñas prá escola, consta de tres partes, na terceira (que leva o nome de Lires) propón un traballo de investigación arredor dunha aldea calquera, utilizando como exemplo a súa, Lires; a modo de presentación para os equipos de traballo que van realizar a pescuda, escribe:

“Sodes vós, soio vós, futuros homes e mulleres de mañán quen debedes de senti-la necesidade de que (as aldeas) sexan pobos vivos en percura do desarrollo en tódolos seus aspectos.”

Da aldea de Lires pasa á capital do concello, Cee. En A aventura das cores, “Cando a autora fala de si” proponnos adiviñar o lugar onde vive:

Eu nacín nun concello
co nome máis pequeno,
de tódolos da bisbarra;
ten nome dunha letra
pero ser… é unha palabra.
Non che é A nin Be,
pero se pensas que é Cee
adiviñaches cal é.

Toda a súa vida, Concha vai permanecer atada a este espazo do que non marcha, por iso é a escritora das terras Neria (como a denominou o tristemente desaparecido José Paz). Este territorio, ao que a autora permanece amalloada ao longo do percorrido vital e literario, non debe entenderse como localismo, senón como cartografía dos afectos e punto de unión coa terra, embigo do seu mundo. Un local universal, porque nese plano está representado o país e o universo.
Outro aspecto desta muller, no que eu quero pararme, é o recoñecemento do valor da nai, esa muller que non pode estudar por ser muller pero que crea poemas e lles escribe e le as cartas aos veciños; nela está a coraxe das proxenitoras que turraron polas fillas para que nunca pasaran polos avatares que elas sufriron, para axudar a mellorar a condición de muller nun mundo gobernado por homes. Muller que sabe o significado profundo dos versos de Rosalía “viúvas de vivos e mortos / que ninguén consolará” e ás que Concha dedica o último poema de Feminino singular en plural nunha reviravolta de pluralidade que non deixa de ser singular.

Profesora. Concha é mestra. Comeza a súa andaina profesional en 1970 en Nemiña para continuar no Ézaro, Brens, Dumbría e rematar en Cee. Sempre na zona, nos arredores do núcleo vital e natal. Docente en Primaria e Secundaria, asumindo responsabilidades de xefatura de estudos e vicedirección cando foi necesario, traballando na educación non formal con múltiples encontros con escolares lectores da súa obra e, tamén, na formación do profesorado en cursos de galego e outros arredor da normalización da lingua, o fomento da lectura e a creación literaria. “As ensinantes ensinan”, dicía unha compañeira, para negar a posibilidade de que unha docente puidera non educar aínda fóra da institución educativa, e Concha vén educando ao longo de toda a súa traxectoria vital, tamén como escritora.
Cando, con vinte anos, comeza a traballar, en escolas do rural, atopa unha rapazada que está na mesma situación que estivera ela no pasado. Falan unha lingua afastada da escolar, han de cambiar de código cando entran na escola e traen asumido que non saben falar. Hai unha anécdota moi significativa: unha nai entrevístase con ela para dicirlle que o fillo non quere ir ás aulas pero que ela o vai traer, aínda que sexa á forza, porque debe aprender a falar; Concha pensa que o rapaz ten un problema e xa se ve actuando como logopeda ata que descobre que o que lle pasa é que fala galego. Esa era a pexa: a desconsideración da lingua que falan, a vergonza de non expresarse en castelán; sentirse menos por ser da aldea, levar ese estigma pegado á pel. A empatía vaina levar a identificarse cos sentimentos desta rapazada, ao lembrar o que ela padeceu cando se foi a estudar bacharelato a Ferrol, aqueles tempos nos que tiña que ir traducindo mentalmente e tentando que non se notara que aínda pensaba en galego. Entón, a soas co sentido común, sen comentalo con ninguén, puxo en marcha unha experiencia innovadora no ensino e constante na súa carreira literaria. Comeza a escribir pequenos relatos nos que aparecen os rapaces e rapazas da aula como personaxes, pequenos textos que traballa nas clases para demostrarlles que a súa é unha lingua culta, que debe entrar na escola, que eles son dignos de formar parte das historias e da Historia. A mestura da escola coa vida, esa interrelación imprescindible, e o papel activo do alumnado, son as columnas do mellor edificio educativo. Había que introducir a lingua galega no ensino, como xa dixera o padre Sarmiento e como defenderan as Irmandades da Fala; para esta viaxe nin sequera facían falla arreos ideolóxicos, bastaba coa pedagoxía e a empatía, poñerse no lugar do outro e devolverlle a autoestima que nunca –a ningunha crianza– se lle debera ter mutilado, insisto, nunca. Se non fora profesora, o máis probable é que non sentira o desexo de escribir, pero foi ver o problema e tentar poñerlle solución. Eses pequenos textos: narracións, poemas e obriñas teatrais (que denomina cristobos) ían acompañadas dunhas actividades coas que afondar na comprensión lectora, na ampliación de léxico, na motivación para a escrita e na reflexión arredor dos valores. A rapazada estaba tan entusiasmada vendo escrita a súa lingua e sentíndose orgullosos de ser os protagonistas destes relatos… que lle chegou noticia ao compañeiro de unitaria. El e Manuel Canosa animárona a buscar editorial para eses materiais, pois argumentaban que se lles servían alí, seguramente o farían, tamén, noutras escolas de Galicia. Era necesario facilitarlle o traballo ao resto do profesorado e canto máis rematado se lles dera o material, máis probabilidades había de que o introduciran nos seus programas. Manolo, o compañeiro de vida, ilustrou eses textos porque camiñar xuntos é iso: traballar á par, colaborar un nas cousas da outra; a pena é que se perderon as imaxes porque a editorial onde se entregaron foi irresponsable e nin os devolveu. Non pasou o mesmo con Ediciós do Castro, Isaac Díaz Pardo, interesouse neses traballos que se lle presentaron baixo títulos tan humildes como significativos: Contos para a escola e Cousiñas para a escola, porque eran iso e non quería dicir outra cousa. Esta fórmula seguirá en pé coa noveliña O noso Pepe ou o libro de relatos O milagre de Carola. Introduce neles, tamén, Concha, uns pequenos textos humorísticos que teñen relación co popular e a oralidade, sabedora do importante que é a risa. Un recurso poderoso e necesario, porque ao lado destas ocorrencias están os contos tristes que falan dos sentimentos dos máis pobres ante festividades coma os Reis nos que os demais aparecen con xoguetes e eles quixeran desaparecer para que ninguén lles preguntara que lles trouxeron os magos de oriente. Aí están eses primeiros libros de contos fantásticos coa natureza personalizada ao lado dos relatos realistas nos que se poden recoñecer máis alá dos propios nomes. O realismo cotiá atravesado pola fantasía total.
Antes de abandonar esta faceta de profesional do ensino quero parar nun asunto que escoitei con gusto e atención: nunha das súas primeiras escolas, unha unitaria con profesor de nenos e profesora de nenas, Concha e o compañeiro conseguen convencer ao inspector de zona para que lles deixe facer o agrupamento por idades (ou cursos) en lugar de por sexo; unha mostra da defensa da coeducación aplicada ao traballo diario e adiantándose á lexislación. Nun dos seus libros, O noso Pepe, tamén observamos como o profesor dese neno enfermo se anticipa ás normas de atención ao alumnado que non pode asistir a clases, enviándolle as tarefas polos compañeiros e conectando con el semanalmente para resolverlle as dúbidas. Na realidade e na ficción o avance está, claramente, nas mans do profesorado.
Polo tanto, estamos cunha muller comprometida co ensino. Preocupada por dotar de materiais didácticos a unha escola á que se lle abrían as portas para recibir ao idioma propio e non sabía como darlle a benvida; foran décadas e séculos de desprezo e expulsión, dunha alienación que facía pensar que non era lingua senón dialecto, que non era linguaxe culta senón ignorante… e facían falla mans para amasar o pan que entregar á rapazada. Concha, como escritora e profesora, desenvolve dúas funcións que se entrecruzan e complementan.

Escritora. Neste país, nesta lingua na que houbo que escribir para a rapazada respondendo a esa necesidade, algúns mestres, algunhas mestras –como estamos a ver– fixéronse escritores para poder encher ese baleiro e levaron ambas bandeiras prendidas. Convocaría, eu agora, a algúns dos que precederon a Concha Blanco nesta homenaxe, e traballaron na leira da literatura infanto-xuvenil: a Manuel María que en Os soños na gaiola, dixo que escribira os poemas que botara de menos na súa infancia, ao profesor Bernardino Graña coas súas historias rimadas e titiritadas que parten do popular, a profesora María Xosé Queizán que nos legou a primeira novela con perspectiva de xénero O segredo da Pedra Figueira, Neira Vilas con Memorias dun neno labrego e tantos outros títulos dirixidos á infancia, Novoneyra que tamén probou o mel da literatura infantil; as mestras Pura e Dora Vázquez pioneiras que achegaron obras en poesía, teatro e narrativa; Manuel Lourenzo co seu teatro para a mocidade; o profesor Xosé Vázquez Pintor con mostras dos tres xéneros; o mestre Agustín Fernández Paz que tanta narrativa nos legou; o mestre Paco Martín que nos trouxo o Primeiro Premio Nacional de Literatura Infantil; o mestre Xabier P. DoCampo, esa referencia ética que tanto precisamos; a mestra Helena Villar que comezou escribindo para a escola e a casa; a profesora Marilar Aleixandre; Marica Campo; Pepe Cáccamo,… que escribiron para a infancia algunha obra e moitos/as a maioría. Por iso, cando dende certas instancias se fala da literatura infantil como a irmá menor da literatura, nos preguntamos en que país viven ou con que gafas miran a realidade, porque a xenerosidade de construír e reconstruír o edificio literario en galego pasou e pasa por dirixirse á rapazada, para darlles de ler como as nais dan o peito. A literatura infantil é o leite da casa.
Por estes lares anda Concha Blanco, pola creación e a escola. Materiais literarios e materiais didácticos coma os libros de texto e unidades didácticas (varias penduradas na páxina da AELG). Eu tiven a sorte de acompañala nunha desas aventuras; un traballo en equipo que nos enriqueceu e no que Concha era coordinadora e coautora de libros de texto de Primaria e Secundaria.
Falaba ao principio de como a AELG se honraba ao recoñecer a Concha Blanco porque están caras as homenaxes, son contadas e hai que saber moi ben a quen se lle fan, por iso, eu direi publicamente que si soubo escoller, porque a asociación non se deixou levar por modas nin fogos fatuos, senón que examinou unha traxectoria de escritora, unha coherencia ao longo de máis de catro décadas e premiouna aínda sabendo que a humildade de Concha nunca llo tería reclamado. É de xustiza non esquecer ás pioneiras, aquelas que estiveron aí dende sempre e continúan na mesma liña. Ela, coma unha formiga ou unha abella (que produce mel pero non pica) está aí no día a día, producindo libros para un sistema literario que os precisaba, que os segue a precisar; creando e deténdose tamén neses espazos que están sen cubrir, nas marxes. Así foron aparecendo libros como É correcto? (a catro mans con María Canosa) porque non había nada dese tipo en galego; unha das últimas veces nas que falei con ela e lle preguntei que andaba a escribir, comentoume que botaba de menos algo que axudara ás familias a ir coas crianzas nas viaxes en coche sen entregalos ás pantallas; así que estaba con iso.
Por iso estamos aquí, para recoñecer o valor da escritora, profesora e muller. Se tivese que unir o nome de Concha a determinadas palabras, dúas delas serían a humildade e a prudencia; non a veredes erguendo a cabeza para reclamar atención para a súa persoa ou a súa obra, ela vai ao seu, escrebe e dialoga con lectores e lectoras. Por iso ten máis valor distinguila, porque está na antítese deses grandes egos que esixen atención continua.
Outra palabra é autenticidade, porque o fai dende dentro, como demostra cando comeza a escribir con ese obxectivo tan concreto, e continúa facéndoo para entregarnos unha obra de vida e seguir cubrindo as necesidades que ela ve. Autenticidade, porque a súa asunción da lingua non ten arestas como se demostra no núcleo máis próximo: a familia. Como no caso tan presente de Helena Villar e Xesús Rábade que nos deron fillos que defenden a lingua e cultura galega coa súa obra, María Canosa é escritora en lingua galega coma súa nai, e as netas están falando galego, tamén, en cidades tan pouco galeguizadas como A Coruña (oxalá o manteñan a pesar das dificultades!). Pode haber máis lealdade? Se ti les, elas len; se ti falas galego, elas tamén o fan. Estamos sempre no tempo de ter que estimar esta integridade entre a vida, a lingua e a obra.
Xenerosidade é outra verba que forma parte do retrato desta autora. Cando Alento Esbravexo decidiu crearse e pedir colaboración para unha homenaxe a Díaz Pardo no 2020, centenario do seu nacemento, a súa manda foi unha das primeiras que chegou. Publicouse no décimo lugar de 263. E nela atopamos este agradecemento que quero compartir con vós:

“Isaac Díaz Pardo foi quen puxo a primeira pedra nos alicerces da miña obra literaria.
Non sempre se abren as portas cando petas nelas, pero ás veces amais de abrírense as portas tamén se franquean as ventás.
(…) Estoulle eternamente agradecida.
Agradecida non só polo persoal, pois aquí sigo creando desde aquel entón (era a década dos 80), senón tamén polo social.”

As persoas xenerosas agradecen, eternamente. Esta muller á que IDP apoiou abríndolle as portas á súa obra, foi a autora infantil que máis publicou nestas coleccións de Ediciós do Castro. Cando realizamos a exposición “O Castro, tamén na orixe da LIX” atopamos ese dato. Publicou máis que Neira Vilas que conta con seis libros infantís, máis que Anisia Miranda que tamén publicara media ducia, Concha chega aos sete cando acada o Premio Arume de Poesía con Cantos da rula. Son estes: na colección “Narrativa pra nenos” Contos para a escola en 1981 que chega á 7ª edición, Chuchamel á 2ª edición, O noso Pepe tamén á 2ª edición, A papoula era máxica e O milagre da Carola; na colección “O mundo do neno” publica Cousiñas pra escola en 1984 que tamén conta con dúas edicións.
Unha carreira que leva máis de medio cento de obras, que conta cos premios Frei Martín Sarmiento en varias ocasións, o Pura e Dora Vázquez, o Arume, o Lecturas de GALIX, o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia e varios recoñecementos n´O Facho, Merlín, O Barco de Vapor, Edebé así como o accésit do Lazarillo por ¡A min que me importa (un dos libros que está vertido a outras linguas coma o castelán, catalán e valenciano). Libros cos que continuou atendendo á rapazada, tendo en conta os seus problemas para botar unha man con temas como a emigración (tan presente), o alcoholismo que atopaba en determinadas casas ou buscando que tiveran espellos nos que ver outras opcións sexuais, atenta a apoiar valores e actitudes positivas e democráticas. Libros nos que recolle historias dos “outros”: de xitanos e carromatos de feira, de circo e xente que pasa pola vida dunha vila.
En Concha Blanco tamén atopo o recoñecemento á profesión. Concha, lembra ás mestras agasallándolle os primeiros libros El gato con botas e a biografía de Juana de Arco. Promovendo a lectura e o estudo, convencendo á familia de que debía estudar. Pero tamén eses mestres e mestras que aparecen na ficción como artífices do ben, as que van axudando á rapazada en O noso Pepe, Tita, Encontros ás agachadas… A respecto da educación en O balcón do meu universo aparece o seguinte texto na boca dunha profesora: “O material co que traballamos é humano. Persoas novas, persoíñas, di Flora, en constante cambio, capaces de sorprendernos para ben e para mal. Ensinar, educar, formar. Complicada e intensa tarefa con resultados a longo prazo. Impón respecto, si, pero non me arrepinto do camiño elixido, o desta profesión.”
A bondade é outra das verbas que lle acaen e que leva á escrita, tentando defender a confianza na humanidade, buscando que a rapazada a valore, tentando reflectir un mundo no que saia vitoriosa e podamos afirmar que hai xustiza. Cando falamos de literatura infanto-xuvenil poderiamos afirmar que todas as temáticas se poden tratar e son asumidas polas autoras e os autores saltando tabús e prexuízos, o único límite está na maneira de facelo, porque a esta humanidade que aínda non pasou por demasiadas experiencias non podes deixala sen esperanza, é necesario que fique esa porta aberta para que non perdan a confianza e a ilusión. O imaxinario de Concha para a rapazada xira arredor dun mundo case idílico porque a bondade é o ingrediente dos seus guisos, tal como dicía Miguel Vázquez Freire a respecto de Agustín “Só a alguén moi bondadoso se lle pode ocorrer que a radioactividade se transforme en flores”, pois así Concha nos vai mostrando o lado bo do mundo e confírmanos “Das cousas que non me agradan, xa prefiro non falar” en “Cando a autora fala de si”. Podía poñer moitos exemplos de historias nas que vai evitando mostrar o lado escuro e feo, aínda que para iso teña que facer grandes esforzos. Empéñase en que o mundo sexa xusto e as persoas felices, por iso só lle coñezo unha obra (e para adultos) na que isto non sucede, na que o remate non é venturoso.
A sinxeleza no recoñecemento dos seus referentes literarios (Castelao, Neira Vilas, Rosalía… os que lle descobren a realidade do seu país) para aceptar que máis que as lecturas, o que a alimenta son os lectores e lectoras, cos seus intereses, necesidades, actitudes, forma de ser… a necesidade de dignificar a súa lingua, de enriquecer o seu vocabulario buscando un léxico o máis rico posible para que a rapazada se recoñeza nel pero tamén avance.
Recoñezo trazos coma o humor, partindo deses chistes introduce entre as narracións e os poemas e levándoo a converterse nun recurso da propia lix cando a narración está na primeira persoa dunha personaxe infantil e este conta á súa maneira. Esta adopción da voz infantil co seu pensamento, pasando todo polo seu filtro cos malentendidos por captar todo ao pé da letra, as frases feitas que interpreta ao seu xeito; esa inocencia e frescura salpresada de dozura, tenrura e inxenuidade que o conta todo con naturalidade sen que se dea conta de que o que ela di produce comicidade, sen ocultar a tristeza que cargan as crianzas moitas veces.
Outra característica pode ser a presenza dos avós e as avoas acompañando e contando contos, en case todas as súas obras, pero tamén os irmáns en A min que me importa!, Andrómenas?, A domadora de ras… Esa relación da infancia con anciáns e anciás que está preñada de sentimentos e vínculos entrañables.
A presenza do misterio, de percepcións paranormais, que poden partir dos contos de vellos arredor de aparecidos, anuncio de morte, visitas de seres do alén, premonicións, aparicións, … que atopamos en Andrómenas?, Habitación 202, O balcón do meu universo…
Para continuar revisando a súa obra, quero determe nos obxectivos que se fan moi presentes, coma o fomento da lectura. Podemos confirmalo nas dedicatorias de A camioneta da media risa ou A min que me importa!, formando parte da trama como en O aniversario de Ana, as referencias a diferentes obras como sucede en A montaña da Pena Negra, A Disco Ecoloxista, Querido Iván ou en Sara, e as afirmacións como esta de Cousiñas pra escola “Por Inés podía seguir chovendo. Foi ese día cando se dou conta da importancia que teñen os libros e de que o tempo libre non é para aburrirse.”
A querenza pola miscelánea, esa unión de poesía e prosa que aparece nos primeiros libros, aqueles onde recompila os textos que utiliza na aula, pero que continúa mostrando a través da presenza de rima nalgún texto en prosa ou da mestura de narración e poesía en obras como Feminino singular en plural ou DO RE MI Fantasía. Tamén é común a utilización de xogos: adiviñas, pasatempos ou probas que introduce en varios libros como A bruxiña da sorte.
As dedicatorias de calquera libro falan do mundo da escritora ou do escritor. Nos dela, a familia ten un lugar fundamental ata o punto de que se repiten moito, chegando a poñer “Para Os tres de sempre neste ano de Castelao” en Querido Iván. Algunha outra fala claramente dos intereses relacionados coa escola e co país.
E falando de Galicia, en O milagre de Carola, pídelle á meniña que conte, tal como lle mandaban cantar a Rosalía os cantares galegos:

Cóntame un conto, meniña

ó xeito do teu acento
coa túa voz manseliña.
Fálame algo rideira
ponlle música ás túas verbas
semellando unha muiñeira.
(…)

Porque sempre estamos dándolle voltas á mesma trécola.
Recoñezo, pois, o valor desta escritora, na súa ampla e delongada experiencia, no apego á terra que a fai estar co Batallón Literario da Costa da Morte, no compromiso que demostrou e demostra no exercicio das responsabilidades en GALIX ou na Fundación Pondal.
Agradezo que se centrara na literatura infantil e que o fixera con constancia e tenacidade. Estamos en débeda con ela, con elas, as que escribiron construíndo con palabras de lume a casa dos soños desas criaturas que non permitirán que se desfaga en fume. Estamos en débeda con ela, con elas, as profesoras que fomentaron a lectura e a galeguización da escola porque sosteñen o edificio literario e editorial galego.
Si, Concha Blanco forma parte dese exército de persoas que van provocando cambios silenciosamente, sen interese en que se lles vexa, movéndose entre as sombras. Porque aqueles Contos pra escola foron o comezo dunha carreira de máis de corenta anos e medio cento de libros que enriquecen o noso sistema literario, unha traxectoria na que nunca deixou de pensar que as palabras ían enfiadas co obxectivo de chegar ao lectorado. Ao longo dos anos, non se afastou desta idea primixenia, o que non lle impide re-inventarse en cada texto e continuar ao pé da Fala e a Terra, como as irmandiñas, coma os irmandiños.

Pilar Sampedro
Auditorio da Casa da Cultura
Cee, 12 de xuño de 2021

Crónica fotográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021, dedicada a Concha Blanco

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:

A Escritora na súa Terra: Concha Blanco. Cee, 2021

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que será homenaxeada en Cee o 12 de xuño de 2021, co apoio do Concello de Cee, CEDRO, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación do pradairo/acer (árbore simbólica elixida polo propia autora), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do seu nome a un espazo público (xa aprobada polo Concello de Cee).

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

PROGRAMA DE ACTOS PREVISTO

11:15 h. Praza Concha Blanco (zona axardinada detrás do Mercado de Abastos de Cee)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do pradairo/acer (árbore simbólica da escritora), acompañados pola interpretación de varias pezas por parte da Banda de Música de Cee.
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
• Concha Blanco.

12:15 h. Inauguración oficial da Praza Concha Blanco.
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
• Concha Blanco.

12:30 h. Casa da Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9)
Acto de entrega da “Letra E”
Para cumprir coas normas sanitarias vixentes, as persoas que queiran asistir a esta parte do acto, deben enviar previamente os seus datos (nome, apelidos e número de teléfono) ao correo electrónico oficina@aelg.org antes do 10 de xuño.
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
• Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Laudatio da autora, por Pilar Sampedro.
• Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
• Intervención da homenaxeada, Concha Blanco: Resposta á laudatio.

14:30 h. Restaurante Hotel Oca Insua Costa da Morte, en Cee (Avenida de Fisterra, 82)
Xantar de confraternidade posterior.
As persoas interesadas deberán anotarse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, seguindo os protocolos sanitarios vixentes. Tamén se poderá facer a reserva nos teléfonos 981133233 ou 696581971 de luns a venres entre as 10:30 e as 13:30 horas, antes do 7 de xuño.

Poden descargarse aquí o programa, así como o anverso e o reverso do tríptico da homenaxe.

Sigue lendo

Crónica fotográfica da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021

Estas son algunhas das fotografías da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021, que tivo lugar o 15 de maio en Santiago de Compostela. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Gañadoras/es da sexta edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego


Nunha cerimonia que recuperou a presencialidade dos finalistas e retransmitida para o público, entregáronse os premios Follas Novas do Libro Galego, uns premios que acadaron este ano a sexta edición na que estrearon nova denominación. A gala foi conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Os premios están organizados pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).
Na súa intervención, o novo presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domíguez, falando en representación das tres entidades organizadoras, explicou algunhas das circunstancias nas que vive o mundo do libro en xeral e os premios en particular desde o inicio da pandemia. Domínguez sinalou que a crise sanitaria “ten afectado sensiblemente a tódalas actividades vencelladas a cultura, limitando e mesmo cancelando innumerables eventos nos últimos tempos. Por iso, este ano estamos felices por contar hoxe coa presenta física dos finalistas en cada una das 15 categorías, que representan a excelencia das notas letras”. Engadiu o presidente que o mundo do libro “é un ecosistema complexo. Un dos seus principais valores é a diversidade. Galicia conta con un tecido libreiro de calidade, grandes librerías e excelentes profesionais. O noso compromiso co libro, demóstrase nun dato revelador, temos a maior densidade de librerías por habitante de todo o territorio nacional. Pero este realidade non sería posible sen a enorme aportación que tanto autores como editores pon o noso dispor”.
Para rematar, Ramón Domínguez reclamou do goberno galego a “definición na súa integridade da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, aprobada hai xa preto de quince años. Consideramos esta ferramenta lexislativa, un elemento que de certeza contribuirá o equilibrio na cadea de valor do libro, por outra parte tan necesario nos momentos actuais”.

Premios de honra

– Premio da Asociación de Librarías de Galicia: Manuel Arenas
– Escritor Galego Universal: José Luandino Vieira
– Premio da Asociación Galega de Editoras: Xulio Amigo

Listaxe de gañadoras

Ensaio e Investigación
Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco.
Por ser un traballo de recuperación, de posta en valor do traballo das mulleres e a súa aportación achega a historia de Galicia e da aportación que realizaron á defensa da liberdade.

Divulgación
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño.
Pola relevancia e necesidade da divulgación da ciencia en galego, polo achegamento dos argumentos científicos a un público xeral dun xeito, didáctico, claro e preciso.

Narrativa
Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro.
Un traballo de reconstrución da memoria galega dunha parte do século XX que utiliza a de maneira innovadora a combinación de voces narradoras distintas para facer avanzar o xénero biográfico.

Infantil
Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro.
Polo discurso lírico envolvente, a suxestiva creación de imaxes, o xogo de imaxinarios e traballando sobre un argumento mantendo a atención e o respecto sobre el.

Xuvenil
O mal querer (Baía Edicións), Natalia Carou.
Unha novela que achega actualidade á literatura, contada de xeito áxil, con argumentos tomados da realidade para aproximala a unha franxa de idade na que é preciso abrir debates.

Libro ilustrado
Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.).
Un libro para achegar anacos extraordinarios e pouco coñecidos da historia de Galicia dun xeito moi atractivo e con espírito divulgador para todos os públicos e cunha ilustración rica, variada e moi elegante

Banda Deseñada
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado.
Un traballo maduro para un autor novo, no que utiliza recursos moi diversos da narrativa gráfica e con moitos xogos cromáticos.

Iniciativa Bibliográfica
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
Pola novidade que supón achegar a memoria histórica á infancia, recuperando referentes perdidos e por medio de relatos construídos dende o cotián, nos que os protagonistas son rapaces e rapazas.

Tradución
A nosa Negra (Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, traducido por María Reimóndez.
Achega á lingua galega un libro fundamental da revisión histórica a través da literatura, introducindo a historia contada desde as persoas subalternas.

Poesía
A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní.
Un libro que ofrece unha grande cantidade de lecturas e que, entre outras, pode lerse como unha reacción contra a sociedade do espectáculo. Mantendo a tensión entre a tradición e a modernidade poética.

Teatro
Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans.
Unha obra dura, contada dun xeito trepidante, na que se aprecia o coñecemento do teatro do autor e das maneiras de contar unha historia desde a escena.

Libro mellor editado
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
Unha edición case artesanal na que todas as pezas da edición encaixan para conseguir un volume con identidade única. Que une con exquisitez voz da poesía e as imaxes. Combinando literatura infantil con arte contemporánea.

Iniciativa de fomento da lectura
Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra.
Unha iniciativa con máis de vinte anos de existencia, que foi evolucionando para adaptarse aos tempos sen perder os seus obxectivos: o fomento da lectura, levar á mocidade a un espazo de libros e chegar a internacionalizacións do evento.

Proxecto literario en rede
Galicia Encantada, coordinador: Antonio Reigosa.
Un proxecto cunha traxectoria sostida durante moitos anos con recursos limitado pero que fornece de material dos imaxinarios galegos a toda a sociedad, ofrecendo divulgación e información.

Xornalismo Cultural
Montse Dopico.
Por un traballo exhaustivo e profundo arredor do mundo cultural, polo rigor con que trata os argumentos e pola profundidade das súas entrevistas.

Podes ver o video completo da Gala aquí.

Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021

Foto da actividadeA Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 está organizada pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Case corenta títulos son os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, uns galardóns que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro e que repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.

Os premios Follas Novas do Libro Galego terán a súa resolución nunha gala que se celebrará o sábado 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a partir das 19:00 h. Será presencial pero non terá público debido as restricións de aforo. Os premios serán emitidos desde a canle de YouTube dos premios Follas Novas e terá como presentador a Quico Cadaval. Tamén participarán na cerimonia o Cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago.

Ademais das categorías 15 categorías nas que se premian os mellores títulos e autoría da produción editorial de 2020, os Follas Novas tamén recoñecen os premios honoríficos de cada unha das tres asociacións organizadoras. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega honrará ao escritor angolano José Luandino Vieira, a Federación de Librerías de Galicia recoñecerá o traballo do libreiro Manuel Arenas, da libraría Arenas da Coruña; e a Asociación de Editoras de Galicia renderá tributo ao desaparecido Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia.

Para ver a emisión da gala só tedes que premer nesta ligazón.

A elección dos títulos e autores que forman parte do listado de finalistas pechou a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia aportaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios. Unha vez elaborada a listaxe definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son as gañadoras e gañadores en cada unha das categorías. Os premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, Centro Español de Dereitos Reprográficos, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia.

FINALISTAS

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2020

Ensaio e investigación
Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco.
Nós xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ na Galiza (Através Editora), VV. AA. Daniel Amarelo (coord.).
Zona a Defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas.

Divulgación
Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), Henrique Alvarellos.
Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana de Libros), Pancho Lapeña e Nacho Munilla.
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño.

Narrativa
Entre donas (Baía Edicións), varias autoras.
Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda.
Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro.

Infantil
Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro.
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.

Xuvenil
A nena do vestido de flores (Aira Editorial), Manuel Fontemoura.
O mal querer (Baía Edicións), Natalia Carou.
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.

Libro ilustrado
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.).
Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.).

Banda deseñada
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado.
Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e Xosé Tomás.

Iniciativa bibliográfica
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Cerne), Domingo Fontán.
Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel Anxo Seixas Seoane.

Tradución
A nosa Negra (Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, traducido por María Reimóndez.
Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar.
Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez Martínez.

Poesía
A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní.
A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de Martín Veiga.
Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado.

Teatro
Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa.
O charco de Ulises (Edicións Positivas-Xunta de Galicia), Santiago Cortegoso.
Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans.

Libro mellor editado
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
O bolero de Ravel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico Delicado (ilus.).
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz.
– Poetas Di(n)versos.
– Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra.

Proxecto literario na rede
Galicia Encantada, coordinador: Antonio Reigosa.
Nee Barros. Canle de Youtube de promoción de libros en galego.
O bosque dos cromosomas, de Olga Novo.

Xornalismo cultural
– Montse Dopico.
Ramón Nicolás.
– Ramón Rozas.