Desde
a páxina web de Fran Alonso:
“O programa A Tarde, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Fran Alonso sobre o seu último libro infantil, Contos nerviosos, publicado pola editorial Embora e ilustrado por Dani Padrón. O escritor contestou ás preguntas de Cristina García declarando que «Nunca elixo aleatoriamente os nomes dos personaxes, sempre simbolizan algo da súa forma de ser» e, nese sentido, enmarcou a Amelio, un personaxe «singular» e «distinto» que tamén precisaba un nome singular para marcar esa diferenza.
Preguntado por «O meu aniversario, o último dos catro contos do libro Contos nerviosos, Fran Alonso declarou que esa historia supón unha crítica social a determinado tipo de educación que se imparte desde algunhas familias que, ademais, non confían no profesorado: «as familias teñen que confiar máis nos profesionais do ensino porque deslexitimar o profesorado é moi perigoso e dálles pé aos nenos e nenas para reforzarse na insumisión académica».
A entrevista pode verse nesta ligazón (A partir do minuto 46:35).”
Arquivos da etiqueta: Edicións Embora
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 4 e domingo 5
O
sábado 4 e domingo 5 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 4
– 18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz, organizado por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Transición, de Pablo Fernández Barba, publicado por Sotelo Blanco Edicións, obra gañadora do XVI Premio Risco de Creación Literaria.
– 19:30 h. Bieito Iglesias asina exemplares de O ouro de Ourense, publicado por Engaiolarte, na caseta da Libraría Kathedra.
– 20:00 h. Presentación de O volframio en Varilongo, de Carmen Blanco Ramos, publicado por Xerais. No acto acompañará á autora Patricia Arias Chachero.
Domingo 5
– 12:30 h. Presentación do libro Lindos abrollos, de Carlos Abeledo, publicado por Edicións Embora, con cata de viños de Adega Pousadoiro.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto acompaña ao autor Jorge Emilio Bóveda.
– 21:00 h. Presentación do XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, Análise estructural e simbólica do mito da moura, de Rafael Quintiá, publicado por Sotelo Blanco Edicións. No acto participan Miguel Losada, Antonio Blanco e José Mª Eguileta.
Fran Alonso volve á literatura infantil con Contos nerviosos
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Libro de relatos onde o humor disparatado é o fío condutor. A entrevista pode verse aquí.”
A Estrada e Rois: presentacións de A teoría dos contrarios, de Pere Tobaruela
Ferrol: presentación de Manuel María: un home de mil pezas, de Vicente Araguas
O
sábado 30 de abril, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa María, esquina rúa Rubalcava), preséntase Manuel María: un home de mil pezas, de Vicente Araguas, publicado por Embora.
Ferrol: actos destacados do sábado 23 e domingo 24 na Feira do Libro
O
domingo 24 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados na fin de semana:
Sábado 23
– 13:00 h. Contacontos, con Miguel Ángel Alonso Diz. Organizado por Nova Galicia Edicións.
– 18:00 h. Andando a Terra, con Manuel María. Espectáculo de maxia, co Mago David.
– 19:00 h. Presentación de Memoria histórica do barrio de Esteiro, de Guillermo Llorca e Juan José Burgoa, publicado por Embora.
– 20:00 h. Poesía explicada. Lectura aberta de Nos páramos da lúa, de Antón Cortizas.
Pontevedra: presentación de O soño de Xoán, de Farruco Graña
Farruco Graña publica O soño de Xoán
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O soño de Xoán, de Farruco Graña, é unha novela ambientada no Ribadeo do século XVII, que ten como protagonista un mozo afeccionado á astronomía. A entrevista pode escoitarse aquí.”



