Tabela dos libros. Novembro de 2018

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

Entrevista a Emma Pedreira, gañadora do Premio Xerais de Novela

Desde a Televisión de Galicia:
Emma Pedreira. Escritora. Besta do seu sangue acaba de recibir o Premio Xerais de Novela 2018. A novela propón unha revisión de xénero da figura e do mito de Blanco Romasanta. Antídoto gañou o Premio do Concello de Vilalba e Bibliópatas e fobólogos o Premio da Crítica 2017. A entrevista pode verse aquí.”

Manuel Esteban: “O que fai calquera novelista é construír cabalos de madeira nos que van agochadas aquelas cousas que nos proen por dentro”

Desde Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista con Manuel Esteban sobre a novela: O meu nome é Ninguén. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16´.”

Rosa Aneiros gaña o Fernández Paz de narrativa xuvenil pola igualdade

Desde Sermos Galiza:
Rosa Aneiros (Meirás, 1976) é a gañadora da segunda edición do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais.
A obra presentouse baixo o seudónimo de ‘Khoedi’. Unha vez aberta a plica esta correspondía a Rosa Aneiros. Na plica, a autora manifesta que o título definitivo é: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea.
O xurado considera que esta novela infantil expresa a capacidade das crianzas para intervir en problemas sociais como a crise das persoas refuxiadas, utilizando a empatía e a comunicación interxeneracional como motores de transformación das vidas e da sociedade.”

Ledicia Costas: “Este é un libro do que pode gozar calquera tipo de público”

Desde Xerais:
Televigo emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre o libro: A balada dos unicornios, ilustrado por Mónica Armiño e gañador do Premio Lazarillo 2017. O libro foi publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 17´.”