Ribeira: actividades destacadas na Feira do Libro o sábado 18 e domingo 19

O domingo 19 de xullo Feira do Libro de Ribeirafinaliza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para estes dous últimos días:

Sábado 18
21:30 h. David Pobra, autor de Liña azul, conversará sobre o detective Palmeira.

Domingo 19
13:30 h. Presentación de Rubicundo, de María Canosa, publicado en Xerais.
21:00 h. Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, publicado en Xerais. No acto participa tamén Quico Cadaval.

Ribeira: actividade destacada na Feira do Libro o venres 17

O venres 17 de xullo Feira do Libro de Ribeiracontinúa a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., co seguinte acto literario destacado para este día:

20:30 h. Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de Xosé Ricardo Losada, publicado en Xerais. No acto acompañan ao autor Manuel Cartea e Manuel Bragado.

Conversas na feira: Marcos Calveiro e Ledicia Costas

DesdeFeira do Libro de Vigo 2015 Brétemas, de Manuel Bragado:
“(…) Foi a escritora Iolanda Zúñiga quen presentou de forma vibrante a Calveiro como «valor seguro da nosa literatura infantil e xuvenil, xa que cada un dos seus relatos nos nutren e vitaminizan» e gabou un libro que «revolve as entrañas« e aborda «unha situación que segue a suceder en moitas cidades do mundo, hai centos de Seavias que merecen ser escoitadas». Na conversa coa autora de Periferia Calveiro confesou que a novela nacera dunha noticia que lera sobre un alumno dunha escola de mimo de Medellín que fora asasinado. Ambos os dous autores coincidiron que na novela existía un espazo para a esperanza, mais tamén asumindo que «a vida é un carrusel», onde se repiten as situacións. «Ente a vida e a lenda, preferín escribir unha lenda. A novela non é unha denuncia, é a realidade» dixo o autor, antes de confesar que despois de escribir de forma moi intensa durante os últimos nove anos, decidira darse un respiro, «aínda teño dúas novelas para adultos e unha xuvenil por publicar».
Fran P. Lorenzo, despois de estar asinando exemplares de Cabalos e lobos, conversou con Ledicia Costas sobre Un animal chamado néboa. Comezou abeizoando á Ledicia por tres cousas: por ser capaz de adaptar o seu discurso a públicos diversos, o que é síntoma de valía literaria; por abordar a guerra como tema para un libro e por optar polo relato curto, un xénero maltratadísimo. «Este é un libro moi duro, pero necesario, que remove a quen le», afirmou Fran para interpelar despois a Ledicia sobre o risco que isto podía supoñer para o lector. «Non quería escribir un libro amable», contestou a autora, «quixen escribir algo radical como é a guerra». «A escrita é valentía, hai que atreverse a contar do xeito máis cru.»
A afirmación de Lorenzo de que «escribir sobre a guerra exixe un plus de responsabilidade, xa que un tema non se pode abordar de forma frívola» deu pé a Costas a recoñecer que o seu nivel de exixencia na escrita do libro fora moi alta, sobre todo na obsesión pola documentación. «Estiven lendo sobre a Segunda Guerra Mundial durante dous anos. Busquei historias vividas como as de Tanya Sascideva durante o asedio de Leningrado que tiña por obxectivo que morresen de fame millóns de persoas».
Despois de ir debullando algún dos contidos dos seis relatos, con especial atención aos que fan referencia ao holocausto, Lorenzo e Costas coincidiron en que a redención a través do amor era a única esperanza que deitaba o libro. «No medio da dureza tiña que prender candeas, o único que quedaba era o amor. Foi o xeito que tiven de prender luces. Prender candeas para que o lector non sucumbise», rematou Ledicia Costas.”

Muxía: acto de entrega do Premio López Abente a Emma Pedreira

11401333_468300696676990_980629397585509309_n

Elena Gallego Abad: “O dragón non ten cancelas”

DesdeElena Gallego Xerais:
“O programa Un sitio á sombra, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. Pode escoitarse nesta ligazón entre o minuto 10 e o 31 e 30 segundos.”

Vigo: actividades destacadas do xoves 9 de xullo na Feira do Libro

OFeira do Libro de Vigo 2015 xoves 9 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa Progreso, xunto ao MARCO), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Antonio García Teijeiro asina Detrás do horizonte, na caseta de Librouro.
19:00 h. Agustín Fernández Paz, asinará exemplares da súa obra, publicados por Xerais.
20:00 h. Silvestre Gómez Xurxo presenta De cristal, publicado por Xerais, coa participación de Ramón Nicolás e a actuación musical de Magoia e Paulo, de Treixadura.
21:00 h. Xabier Paz presenta A galera de Xelmírez, publicada por Xerais. Participará no acto, xunto ao autor, Camino Noia.