Entrevista
a Eva Moreda en La Voz de Galicia, desde Xerais:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Naceu na Veiga e emigrou. A Veiga é como un tempo distinto é unha novela sobre emigración. Aínda que non sexa autobiográfica…
— Eva Moreda (EM): Non é autobiográfica pero hai varios detalles da miña vida, a parte de Londres e a da Veiga, en forma de flashbacks.
— LVG: ¿Como está sendo a resposta dos lectores ante esta novela?
— EM: Bastante boa. En xeral tivo críticas boas. Tamén estou moito en redes sociais, Facebook e Twitter, e xente que, sen coñecerte de nada, me escribiu para dicir que lles gustara…
— LVG: En canto aos libros que xa ten editado é…
— EM: O sexto. Tampouco é que marque un cambio de sentido, ou un xiro de 180 graos pero retoma temas que tratara, como o da emigración. Houbo xente que mo comentou, e penso o mesmo, que marca unha certa madurez, evolución respecto a obras anteriores; a técnica literaria está máis traballada, a forma de traballar os temas. (…)
En canto se lle pregunta a Eva Moreda polas súas novas incursións ou proxectos a nivel literario, esta é a súa resposta: “Hai un tema que me gustaría tratar. Estou facendo os meus experimentos: literatura infantil e xuvenil. Tamén teño os meus libros favoritos de cando era nena. En parte porque de pequena sempre lía moito e se conseguira interesar a alguén pequeno pola lectura sería unha grande satisfacción para min. Hai o debate de se este tipo de literatura é de categoría distinta á de adultos, en que se diferencia, se trato un tema que tamén podería tratar nun de adultos”.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Antón Cortizas: “Ós nenos gústalles a poesía, entenden as metáforas e os ritmos”
Entrevista
con Antón Cortizas en Diario de Ferrol, desde Xerais:
“- Diario de Ferrol (DF): Vaia tropa!, é un proxecto recente?
– Antón Cortizas (AC): Este libro leva feito dez ou once anos pero non sei que fado ocorreu que quedou así, sen editar, foi un traspapeleo destes que se dá. Ultimamente, pegueille un repaso. (…)
– DF: Hai déficit de poesía para os nenos?
– AC: O déficit vén dado polo que se edita e polo que non se edita, nada máis. O que sobra é poesía, e teatro e narrativa. Se hai oportunidade de editar e a xente le, a capacidade creativa de calquera lugar do mundo desenvólvese. Foi o que nos pasou a nós. En canto á lingua, tenta lograr o estatus que merece e que lle corresponde por natureza, empeza a desenvolverse a literatura e outras cousas máis. A lingua é unha riqueza que non podemos negar ninguén, crea postos de traballo, permite exportar os autores, tradúcense os libros.., en tódolos aspectos é unha riqueza a nosa lingua, é unha pena que a xente non o comprenda así e a destrúa. Pero, como dicía, se hai a oportunidade de editar a xente escribe. En poesía, o problema é que se vende menos, non sei cal é a razón pero a xente le máis narrativa. Ó ser máis difícil editar, pois hai menos. Co teatro pasa outro tanto, aínda hai menos. Pero cando hai concursos literarios de teatro preséntase xente. 0 que pasa é que logo, ó mellor, dese certame edítase unha obra, dúas ou ningunha. Ó mellor é iso da oferta e da demanda.
– DF: Porén, a poesía semella moi axeitada para lerlles ós henos ou para que canten e lean contigo.
– AC: Ós nenos gústalles a poesía, e son moi capaces de comprender as metáforas e os ritmos. A poesía é ritmo sobre todo e iso entra moi ben para a lectura, a lectura con ritmo é preciosa. (…)”.
Allariz: presentación de Exogamia 0.3, de Ramón Caride
O
xoves 29 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3) de Allariz, preséntanse os libros Exogamia 0.3, de Ramón Caride, publicado en Xerais, e El frío azul, do mesmo autor, tradución ao castelán da súa obra O frío azul, publicado en Anaya. No acto, coorganizado coa Libraría Aira das Letras, acompañarán ao escritor Manolo Busto (ilustrador de Exogamia 0.3), Alberto Canal, Jorge Emilio Bóveda e Manuel Bragado.
O noso estraño Nadal
“O
Nadal xa se celebraba antes do nacemento de Cristo. San Nicolás andaba a repartir agasallos no noso país antes do que os Reis Magos. A orixe da Feira do Capón de Vilalba está no século IX. O solsticio de inverno coincidiu no seu día en Santa Lucía e non era raro que en datas de Nadal se visen máscaras de Entroido. Estas son algunhas das sorprendentes cuestións que amosa Antonio Reigosa en Trece noites, Trece lúas, un libro que quere darlle explicación a que celebramos exactamente nestas datas, e que amosa tradicións de noso que, nesta altura, han resultar estrañas a moitos. (…)” Vía Cultura Galega.
O Temple (Cambre): encontro con Manuel Rivas
O
venres 23 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería A Libreira do Temple (Rúa Luís Seoane, 2, Cambre), terá lugar un encontro con Manuel Rivas, quen asinará exemplares do seu último libro, O máis estraño, publicado en Xerais. O acto terá acompañamento musical.
Os Tilos, Teo: encontro con Antón Cortizas arredor do seu libro Vaia tropa!
O
xoves 22 de decembro, ás 18:30 horas, no Baixo Parroquial de Os Tilos (Rúa Ameneiro, 8) de Teo, a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos organiza un encontro con Antón Cortizas, autor do libro Vaia tropa!, publicado en Xerais.
Santiago: rolda de prensa sobre Fantasmas da luz, de Agustín Fernández Paz
O
luns 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar unha roda de prensa sobre o libro Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. No acto, xunto ao autor, participará Manuel Bragado.
Padrón: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Sar (Praza de Macías, 5) de Padrón, preséntase o libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. O acto contará coa participación do autor.
O Carballiño: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Cervexaría Eira das Flores, no Carballiño, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e a colaboración da Libraría Escolma, participa, xunto ao autor, Eladio Cabanelas.
Entrevista a María Xosé Queizán en Faro de Vigo
Entrevista
a María Xosé Queizán en Faro de Vigo, desde Xerais:
“(…) FdV: La novela [Meu pai vaite matar] se desarrolla entre Galicia y la Patagonia. ¿Por qué decidió trasladarla a Argentina?
– María Xosé Queizán (MXQ): Hice el año pasado un viaje a esta zona y fue una verdadera maravilla. Navegué entre glaciares y elefantes marinos y conocí la historia de sus tribus. Al regresar, decidí que tenía que convertirlo en el escenario de una novela.
– FdV: ¿Podríamos definirla como novela policíaca?
– MXQ: Novela policíaca y de aventuras. Pero toca muchos temas, entre ellos uno determinante, el del abuso sexual. Tiene más de 300 páginas pero puedo asegurar que resulta muy entretenida. (…)
– FdV: Ha sido un año muy fructífero para usted, con estas dos nuevas obras publicadas.
– MXQ: Estoy en una etapa muy productiva y, al mismo tiempo, sigo con la revista Festa da palabra silenciada. Me gratifica mucho escribir y quiero aprovechar el momento. No creo en la inspiración y sí en el esfuerzo y la imaginación”.