Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Compostela: presentación de Asasinato na casa rosa, de Arantza Portabales
Vigo: presentación de Sábeme a salamántiga o ceo da boca, de César Cequeliños
O Porriño: presentación de O pequeno libro da intrépida Éire , de Juáncho
Vigo: conferencia de Ramón Villares, “O Consello de Galiza, goberno galego no exilio”
Ferrol: presentación de As flores do baleiro, de Medos Romero
Marín: presentación de Contos Gringos, de Lara Dopazo Ruibal
A Estrada: presentación de En terra allea, de Pepe Carballude
María Pilar Casal Valiño gaña o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Ser humanos
Desde Galaxia (foto publicada pola editora):
“Na cidade de Santiago de Compostela, o 26 de decembro, reunido o xurado da XXIV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, no Centro Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega, decidiuse por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada Ser humanos, de María Pilar Casal Valiño.
O xurado, composto por Grial Parga, Rocío Carolo, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, como secretario con voz e voto; destacou deste ensaio o seu carácter actual e o seu valor humanista nun contexto como o existente, no que é necesaria e imprescindible a convivencia coas novas tecnoloxías por parte dos seres humanos.
Así mesmo, valorou esta achega, que se apoia en textos de autoridade diversa, dende os máis clásicos ata os máis actuais; abrirá un diálogo fructífero respectó da cuestión tratada dende a transversalidade.
Finalmente o xurado tamén loou a súa arquitectura impecable e a prosa áxil e fluída que convida a múltiples lecturas.”
David Cortizo: “Non tiña ningunha présa por publicar”
Entrevista a David Cortizo Conde en Diario de Pontevedra:
“(…) – Diario de Pontevedra (DP): Por que decide publicar agora [Púrpura Tero]?
– David Cortizo Conde (DCC): Decidir publicar decidiuno a editorial Galaxia, cando recibiu o texto con alegría. Por que me decidín eu a mandarllo? Supoño que cheguei a esa fase vital. Comecei a escribir esta historia hai anos, pero non pensara en publicala, entre outras cousas, porque estaba metido en labores editoriais. Nun momento no que quedei desvinculado dos selos foi cando me decidín a acabar a historia. Deixeina durmindo un tempo e despois foi cando lla enviei a Galaxia, a editorial decana de Galicia. Así que non decidín publicar, decidín enviar un libro a ver se mo publicaban.
– DP: A sociedade actual parece empurrar a facelo todo canto antes. Sen embargo, vostede agardou aos 46 anos para debutar na literatura.
– DCC: Si que é verdade. Pero eu dende neno sempre quixen facer estas cousas.
– DP: É deses autores que escribe e vai gardando os textos nun caixón?
– DCC: Non exactamente. Porque nunca rematei nada. Por varias razóns. Unha pode ter que ver con que lía moitísimo e vía que o que eu escribía non chegaba a ese nivel de literatura que tiña nas mans. Pero fun rebaixando o nivel de esixencia. Despois de doce anos como editor pensei que xa había un nivel ao que podía chegar. Por iso a tardanza: durante anos pensei que non chegaba ao nivel e agora penso que si. E, á parte, si que son unha persoa que adoita ter bastante calma e paciencia. Penso que hai que ir poñendo un pé diante doutro e que as cousas van chegando unha por unha. Non tiña ningunha présa por publicar. (…)”