Desde
o Concello de Ourense:
“O gañador do XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria recaeu en Benigno Yáñez Pérez, de Boiro, e xornalista en Vilagarcía de Arousa. A obra é: Os donos das cinsas. Trátase dunha radiografía da actualidade, trama actual situada no rural, consecución do pulso narrativo. Foi escollida por maioría do xurado.
A XVII edición do Premio Risco de creación literaria, é unha convocatoria anual do Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade.
O xurado desta edición estivo composto por:
– Pablo Fernández Barba, gañador da pasada edición.
– Carlos Rafael Ramos, poeta e activista cultural.
– Llerena Perozo Porteiro, crítica literaria.
– David Cortizo Conde, editor de Urco Editora.
– Luís Martínez-Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco.”
Arquivos da etiqueta: Fundación Vicente Risco
Nace “Doutor Alveiros”, un selo de Urco editora e a Fundación Vicente Risco
“O
pasado venres día 30 de setembro, presentouse en Allariz, na sede da Fundación Vicente Risco, o selo editorial Doutor Alveiros, que nace da man de Urco editora e a devandita fundación alaricana. Este selo responde á estreita colaboración que se leva dando desde hai máis dun ano entrambas as dúas entidades, para dar unha saída lóxica, ordenada e profesional a unha serie de traballos de interese común.
No contexto da presentación do novo selo, viu a luz tamén a novela Transición, do escritor noiés Pablo Fernández Barba, obra gañadora do XVI Premio Vicente Risco de Creación literaria.”
Allariz: III Poemagosto. Festival da poesía
Bases do XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Allariz: presentación de Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal
Vila Real (Portugal): actos do encontro Cultura que une (do 27 ao 29 de maio)
Bases do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica
Allariz: Ponme un poemiña!, con Yolanda Castaño, e Ponme un poema!
Allariz: acto de entrega do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica a Antonio Manuel Fraga
“O
sábado 12 de marzo, ás 12:00 horas, terá lugar na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3), en Allariz, a entrega do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, patrocinado pola Fundación Vicente Risco, Urco editora, Gráficas Sacauntos, Libraria Aira das Letras de Allariz, Livraria Traga-Mundos de Vila Real, Fina Rei Reposteiros Artesáns e Restaurante O Pingallo. A obra gañadora desta primeira edición do premio foi Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, unha novela epistolar que narra os últimos días e os medos máis profundos do escritor estadounidense de pulps Robert E. Howard.”











