Arquivos da etiqueta: Helena Villar Janeiro
Helena Villar Janeiro: “Os libros que se relén cando ti xa non es a mesma vólvense novos”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Helena Villar Janeiro en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Que novela a reconciliou coa literatura?
– Helena Villar Janeiro (HVJ): Que haxa cousas que non me gusten non minguou o meu aprecio pola arte de contar, de cantar ou de pensar creativamente, que vén sendo a literatura. Ás veces deixar algo é máis unha administración do tempo que un rechazo real, sobre todo no terceiro acto da vida, no que eu ando. Empezo a desexar re-ler tanto como ler, porque os libros que se relén cando ti xa non es a mesma vólvense novos. (…)
– B: Escribirá as súas memorias?
– HVJ: Tiven oficio, profesión e vocación, dedicacións sociais exercidas con paixón en momentos de grandes cambios. Vendo morrer un mundo e nacer outro, é ben difícil subtraerse á tentación de intervir literariamente ese tránsito, porque afortunadamente estiven en escenarios de visión privilexiada. Gardo bastantes cousas a medio elaborar: material biográfico, da historia familiar e da memoria ancaresa da que herdei moito coñecemento e me apena que se perda. Son, por herdanza e formación na cultura popular, narradora oral. María do Cebreiro tenme falado de facer unha gravación de relatos que me escoitou moitas veces e deberían ter ese formato espontáneo. Se viñesen tempos animosos, poida que me decidise a organizar todo o material e ir buscándo formas para a súa diversidade.
– B: Que autor/a considera vostede responsable de que vostede se dedique á literatura?
– HVJ: Nacín como poeta con Juan Ramón Jiménez. Estábame iniciando en varias artes: música (guitarra), debuxo, pintura e modelado…, pero el púxome nas alas das súas palabras e empecei a voar, sen saber daquela que fora un namorado de Rosalía e de Curros. Tras este primeiro libro vin a anomalía de non escribir no meu idioma e nese paso foi estimulante a Escolanía de merlos, de Faustino Rey Romero. Entrei na riqueza dos nosos clásicos e procurei ir coñecendo as distintas xeracións canda outras voces poéticas do meu gusto, desde a sufí Rabia Al-Adawiyya á italiana Antonia Pozzi, pasando polos franceses —marcadamente Eluard e Prévert, que traducía—, e as iberoamericanas Cecília Meireles, Delmira Agustini, Gabriela Mistral, Alfonsina Storni… Tamén dei unha boa volta pola poesía anglófona, menos cercana polo escaso coñecemento do idioma. (…)”
Do 26 ao 28 de xuño, I edición do Festival Virtual do Libro Galego (FLIV)
I edición do Festival Virtual do Libro Galego (FLIV), do 26 ao 28 de xuño
Helena Villar Janeiro le un poema de Nas hedras da clepsidra
Desde a AELG recollemos
a lectura dun poema de Nas hedras da clepsidra por parte da súa autora, Helena Villar Janeiro, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.
XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2020
Lupe Gómez, gañadora da II edición dos Premios SELIC con Os caracois de Belvís
Desde
o Concello de Santiago de Compostela:
“Lupe Gómez foi a gañadora dos II Premios SELIC de creación literaria na modalidade de poesía, pola súa obra Os caracois de Belvís. As categorías de teatro e narrativa quedaron desertas.
O xurado premiou a obra Os caracois de Belvís, de Lupe Gómez, pola “forma lúcida e delicada, pero non compracente, en que reflexiona, coa vila de Santiago como eixo cordial, sobre os ciclos vitais, imbricando con habelencia o persoal, o comunal e o natural”. Considera que o poemario se converte nunha “vía de homenaxe e resgate da Compostela máis xenuína e tamén máis relegada: a popular, a dos barrios e leiras, que acaba conducindo a verdadeiras epifanías”.
“Luminosa, certeira e visionaria, a obra destaca pola súa estrutura discontinua e envolvente, pola emotividade da súa dicción, así como polo seu sutil achegamento ao terreo da espiritualidade, tan pouco abordada na nosa tradición poética”, conclúe o xurado. (…)
O Premio SELIC ten unha dotación de 2.500 euros, así como a publicación da obra na colección SELIC que edita o Concello de Santiago.
O xurado que seleccionou a obras gañadora dos II Premios SELIC de creación literaria estivo integrado por Helena Villar, Francisco Macías, Iris Cochón, Eduardo Estévez e Francisco Valeiras. “
Compostela: XVI Xornadas de LIX. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 25 de xullo
Paseos Literarios por Compostela. Primavera 2019
Os
Paseos Literarios por Compostela. Primavera 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2019, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán solicitalo enviando un correo electrónico ao enderezo selic2019@santiagodecompostela.gal, e indicar a que paseo/s queren apuntarse. Tamén poden apuntarse no posto do Concello de Santiago na propia SELIC.
A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico.
Prazas limitadas: 50 persoas (maiores de 16 anos de idade).
O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
A Compostela dos libros propios e alleos
Inma López Silva
Sábado 8 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana (esquina con Acibecharía).
A cerca das palabras
Helena Villar
Mércores 12 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana.
A voltas por Santiago. O espazo literario na obra de Manuel Portas
Manuel Portas
13 de xuño, 18:00
Punto de partida: Igrexa de Santa Salomé (Rúa Nova).
Portas e poxigos da antiga muralla de Santiago
Héctor Cajaraville
15 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana.


























