Arquivos da etiqueta: Manuel Portas
Manuel Portas: “Nutrirme de sensibilidades diferentes á miña, acirrar a miña creatividade, saborear a orixinalidade dos demais, iso é o que significa para min a literatura”
Entrevista de Palabra de Gatsby a Manuel Portas:
“(…) – Palabra de Gatsby (PG): – Comecemos cunha idea forte. Que é para vostede a literatura?
– Manuel Portas (MP): Se tivese que facer unha definición ampla, eu diría que calquera mensaxe lingüística con vontade estética é literatura. A literatura está na vontade de quen escribe e nos ollos e nos ouvidos de quen le ou escoita. Se a defino desde un prisma máis persoal, a literatura é ese estela que me permite navegar por outros mundos, largando amarras e gozando dunha realidade, a literaria, máis alá da que me rodea. Nutrirme de sensibilidades diferentes á miña, acirrar a miña creatividade, saborear a orixinalidade dos demais, iso é o que significa para min a literatura.
– PG: Lembra cando comezou a escribir?
– MP: Supoño que, como todo o mundo, comecei a escribir ripios na mocidade. Axiña despertei ao compromiso coa lingua e iso levoume a centrar os meus intereses na sociolingüística, tanto na acción como na reflexión. Na acción, cando botamos a andar a Mesa pola Normalización e máis tarde na acción política e institucional. E na reflexión, cando preparei unha obra divulgativa, Língua e sociedade na Galiza, dada a carencia que había de visións de conxunto do que estaba a acontecer lingüísticamente no país. Con todo, nunca deixei de ser un lector voraz, nin sequera nos momentos máis intensos da actividade política, principalmente de narrativa. Despois, terminada esa etapa de maior acción social e política, bordeando os cincuenta, recuperei vellas querenzas e mergulleime na escrita creativa, cunha novela Denso recendo a salgado, centrada no mundo do narcotráfico que se desenvolveu nas rías e que a xente da miña xeración viviu na mocidade.
– PG: Como definiría o seu proceso creativo? Cal é a parte máis complicada?
– MP: Non creo que invente a roda se che digo que non teño unha pauta única para a creación. En xeral, todo comeza cun papel, con nomes, con monosílabos, con frechas, debuxos, esborranchando,… Cando xa teño problemas para lembrar que significaba unha frecha ou un ionterrogante, entón paso ás palabras, aos esquemas… e, a partir de aí, entro nas grandes decisións, quen a vai contar, que cores, que tonalidades.
– PG: Cal é o xerme de Cadencias (Xerais, 2020)?
– MP: Cadencias é un cadro impresionista a partir dun ménage à trois atípico. O triángulo amoroso preséntase de xeito fragmentario, como unha serie de fotos fixas cargadas de lirismo nas que a relación amorosa e o sexo aparecen idealizadas. O xerme, como non pode ser doutra maneira, nace do interese por ese topoi tan complexo como é o amor, a relación máis medular de todas as relacións humanas.vai ter esa voz, en que momento da historia comezo, cal é o final que pretendo. Despois, todo é atraizoar esa idea inicial. O máis complicado, cando parar. (…)”
Manuel Portas le un fragmento da súa obra Cadencias
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Cadencias, por parte do seu autor, Manuel Portas, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.
Manuel Portas le un fragmento de Cadencias
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Cadencias por parte do seu autor, Manuel Portas, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Compostela: presentación de Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, de Henrique Rabuñal
Celanova: presentación de Por puntos, de Manuel Portas
Noia: presentación de Por puntos, de Manuel Portas, e A través do fume, de Antonio Piñeiro
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 24 e 25 de agosto
O
26 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 24
– 18:00 h. Concerto-presentación de A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco, publicado por Galaxia.
– 20:15 h. Presentación de Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira, publicado por Galaxia.
– 21:00 h. Presentación de Talasonimia da Mariña Lucense, de Francisco Rivas, publicado por Edicións Embora.
Domingo 25
– 18:00 h. Esther López Castro asina María na busca da liña do horizonte na caseta da Libraría Cortizas.
– 19:00 h. Manuel Portas asina Por puntos, publicado por Galaxia, na caseta de Bahía.
– 19:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta de Secretaría.
– 20:15 h. Presentación de Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón, de Cristina Corral Soilán, publicado por Barafunda. Participan, xunto á autora, a ilustradora Aurora Cascudo Román, o Club Raza Can de Palleiro e o adestrador Iago Triana, coas súas cadelas Loira e Meiga.
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 27 e o 28 de xullo
O
28 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 18:30 a 22:30 h. o sábado 27 e de 12:00 a 14:30 horas e de 18:30 a 22:30 h. o domingo 28), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 27
– 13:00 h. Presentación de Mnemea, de Xosé Duncan, publicada por Galaxia. Acompaña ao autor Raquel García Abuín.
– 20:30 h. Presentación de Na defensa dos animais, de Óscar Horta, publicado por Axóuxere. Coa participación de Rafa Xaneiro e o autor.
– 21:30 h. Presentación de Vir a menos. Crítica da razón nihilista, de Brais Arribas, publicado por Axóuxere. Coa participación, xunto ao autor, de Roberto Abuín.
Domingo 28
– 13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Concerto-presentación de Canta miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación de Por puntos, de Manuel Portas, publicado por Galaxia. Acompañan ao autor Antón Riveiro Coello e Marina Losada Vicente.
– 21:00 h. Presentación de O xiro, de Noelia Gómez, publicado por Xerais. Xunto á autora participa Quico Valeiras.
Manuel Portas: “Ensínasenos a procurar no amor unha sorte de solución a todos os nosos males”
Entrevista
de Montse Dopico a Manuel Portas en Praza:
“(…) – Praza (P): O narrador [Por puntos] parece ás veces un romántico e outras semella que ri duns personaxes a miúdo un pouco patéticos. Persoas que se senten soas e que tentan -quizais de xeito absurdo- curar as súas carencias emocionais cumprindo coa norma social: buscando unha relación de parella. Hai unha intención de crítica social aí?
– Manuel Portas (MP): Por aí van os tiros. Pero en moitos personaxes hai xogos arquetípicos e histriónicos. Aínda que o narrador, que se mantén nunha omnisciencia aséptica e ás veces cruel, con quen marca máis distancias é co personaxe do profesor da autoescola, o representante da “autoridade”, que esconde unha angustia vital moi forte. Mais si: é un xogo traxicómico. Eu procurei, iso si, tratar cun delicadeza, con sensibilidade, uns personaxes que, como dis, poden resultar patéticos.
Por unha banda porque non teño intención moralizadora ningunha, e por outra porque penso que, sendo como son, resultan moi humanos e non é difícil poñerse no seu lugar. Si é certo que, como dicía, hai tipoloxías, arquetipos… Coma os mozotes do Barbanza, por exemplo. Ou Tupé, tan macholo, que sofre tamén unha tremenda soidade. E si, a novela ten que ver con como están estruturadas as relacións humanas, como se nos ensina que a solución á soidade é a procura dunha relación de parella, como se iso fose unha sorte de solución a todos os nosos males. Despois tamén hai un certo xogo coas convencións da novela policiaca, cos seus arquetipos: un caso a resolver, un investigador… (…)
– P: Tamén Marité e Adela -que, sendo máis nova, non é unha muller moi empoderada- representan un pouco o mesmo, en distintas xeracións. Esa socialización que fai depender a autoestima de ter “pretendentes”…
– MP: A de Marité a min paréceme unha existencia dramática. Acaba de casar, despois dunha primeira experiencia sexual traumática queda sen parella e non volve ter outra relación. Garda o seu equilibrio levando unha vida recollida e metódica, refúxiase no alcol, no que atopa momentos de pracer solitario… A súa é unha tremenda soidade ontolóxica…
Adela é capaz de sobrepoñerse tras o remate, tamén traumático, dunha relación, e mesmo se rebela contra a nai cando esta a chama a resignarse, porque non está disposta a aguantar: ten polo menos o seu amor propio. Mais si que é verdade que, como dis, atopa un reforzo da súa autoestima ao saberse considerada como obxecto de desexo sexual por parte dos homes. Os personaxes van avanzando ao longo da novela e é o lector, o lectora, quen ten que valorar como evolúen. (…)”








