Cabana de Bergantiños: actos destacados no I Congreso Internacional de Escritores de Cabana para o 19 e 20 de marzo

O sábado 19 e domingo 20 de marzo destacamos as seguintes actividades dentro do I Congreso Internacional de Escritores de Cabana (na ligazón pode descargarse o programa completo):

Sábado 19:
No Auditorio de Neaño.
10:30 horas: mesa redonda sobre Influencias celtas na literatura. Participan: Miguel Vázquez Freire, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Maribel Longueira e Elena Vázquez Galván Modera Xosé Ameixeiras.
12:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de Yolanda Castaño.
16:30 horas: Mesa redonda sobre Literatura galega do novo milenio.
No Dolmen de Dombate.
17:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de María Canosa.
No Auditorio de Neaño.
18:30 horas: Recital poético. Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Serxio Moreira (pianista Cabanés), Rosalía Fernández Rial, Elena Vázquez Galván, Olga Patiño, Miguel Melero, Claudia Castro, Marilar Aleixandre, Estevo Creus Andrade, Suso Bahamonde, Francisco X. Fernández Naval, Maribel Longueira, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Xulio Valcárcel, Xosé Iglesias, María José Fernández, María Socorro Mármore Brich, Miguel Vázquez Freire, José Manuel Carreiro, David Creus, Alfredo Puy e Primitivo Fernández.

Domingo 20:
No Dolmen de Dombate.
11:00 horas: Mesa redonda sobre Muller e literatura.

A Coruña: O fillo da furia. 20 voces por Lois

OFilloDaFuriaLOIS-bannerO domingo 28 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar O fillo da furia. 20 voces por Lois, homenaxe a Lois Pereiro, froito dunha colaboración entre AELG e o Concello da Coruña.
Coa participación de Alfredo Ferreiro, Álvaro Antelo, Ana Romaní, Antía Otero, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Iolanda Zúñiga, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mario Regueira, Miguel Mato, O Leo i Arremecághona, Ramiro Torres, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xulio Valcárcel e Yolanda Castaño.
Coa colaboración das actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.
Produción: Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas e Lino Braxe.

OFilloDaFuriaLOIS-cartelOFilloDaFuriaLOIS-postal_002

A Coruña: recital de Miguel Mato e Juan Carlos Mestre no Ciclo Poetas Di(n)versos

OMiguel Mato lunsJuan Carlos Mestre 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miguel Mato, quen recitará acompañado pola música de guitarra de Brais Morán, e o poeta do Bierzo Juan Carlos Mestre, quen tamén tocará o acordeón.

Betanzos: recital-presentación de Terra fría, de Miguel Mato

OMiguel Mato xoves 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, terá lugar un recital poético de Miguel Mato Fondo, que será, simultaneamente, presentación do seu libro Terra fría, publicado pola A. C. Caldeirón. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella.

Lugo: presentación de Terra fría, de Miguel Mato

O Miguel Matoxoves 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Eloi Caldeiro e Xavier Rodríguez Barrio.

Fisterra: recital poético e musical en homenaxe á Vaca de Fisterra

OA Vaca de Fisterra Concello de Fisterra, en colaboración cos escritores Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Francisco X. Fernández Naval, convoca para o día 19, sábado, ás 17:00 horas, unha marcha poética e musical que partindo da lonxa de Fisterra camiñará ata o faro.
O motivo desta marcha festiva é reivindicar o son do Nautófono, coñecido en toda a bisbarra como A Vaca de Fisterra, así como o mantenemento e conservación da maquinaria deste sinal marítimo sonoro. Ao longo dos anos, os navegantes do mundo e os habitantes da comarca, interiorizaron ese son poñéndolle un nome: a Vaca de Fisterra, por ser o seu berro un bramar semellante ao dunha vaca. O son pasou a formar parte da vida cotián da xente, integrouse nas conversas, fíxose música e os poetas tomárona ou tomáronas, que dúas era as vacas, como referencia nalgunhas das súas composicións.
A reivindicación parte da convicción de que a Vaca é patrimonio inmaterial de todos os habitantes do litoral, ao norte e ao sur de Fisterra, así como do interior, que durante máis de cen anos sentiron o seu bruar nos días e noites de borraxeira, pero tamén, convencidos de que altofalantes e mecanismo que os fai soar, o Nautófono, é patrimonio material, por tratarse dun sinal marítimo do que quedan escasas mostras en funcionamento no territorio peninsular.
Ás 17:00 horas, diante da lonxa de Fisterra, lerase o texto da convocatoria, dando paso a un primeiro recital poético. Ao remate, iniciarase a marcha, precedidos os participantes polo son da gaita e do acordeón de Moncho do Orzán, con dúas paradas para ler textos de adhesión, unha primeira no campo da igrexa de Santa María das Areas, e outra xa na estrada, xunto a escultura do peregrino. Durante o traxecto faranse soar as buguinas.
No faro lerase o texto que contén a reivindicación e que será enviado aos responsables da Actividade Portuaria da Provincia da Coruña, organismo a quen corresponde o funcionamento e conservación do faro. A continuación, e como peche, desenvolverase outro recital.
Exercerá como mantedor o actor César Cambeiro.
Amais dos citados, confirmaron a súa participación: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG); Juan Alberte, Iolanda Aldrei, Marilar Aleixandre, Concha Blanco, Rocío Blanco Formoso, Fernando Cabeza Quiles, Anxo Cousillas, José Estévez, María José Fernández, Francisco X. Fernández Naval, Modesto Fraga, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, Xosé Iglesias, Alex López, Miguel Mato Fondo, Alexandre Nerium, Olga Patiño, Fernando Patricio, Marité Prieto, Xesús Rábade Paredes, X. H. Rivadulla Corcón, Pilar Silva, Francisco Souto, Nolo Suárez, Roberto Traba Velay, Suso Bahamonde, Miguel Vázquez Freire e Helena Villar.”

Entrevista a Miguel Mato na revista Palavra Comum

EntrevistaMiguel Mato a Miguel Mato na Revista Palavra Comum:
“(…) – Palavra Comum (P): Como entendes o processo de criação literária -e artística, em geral-?
– Miguel Mato (MM): Como unha necesidade de coñecemento. Máis do que comunicazón. O mesmo proceso exprime tamén iso que denominamos estilo. O estilo alén diso tamén nos relaciona coa sociedade, canto materia de discusión estética e intelectual (correntes de pensamento, escolas, tendencias e afinidades, etc).
– P: Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a literatura e outras artes (música, fotografia, plástica, etc.)? Tens experiências neste sentido?
– MM: É unha relación moi estreita, como materiais de comunicazón. Música, poesía, pintura, fan parte dunha mesma constelación. Explícanse interactuando, aparecen temas, motivos e símbolos idénticos. No meu caso, contemplo as outras artes desde a poesía, porque a linguaxe literaria é máis achegada a min.
– P: Quais são os teus referentes (num sentido amplo)?
– MM: Os gostos artísticos e literarios sempre están submetidos á mudanza. Mais creo que hai un alicerce que te foi formando e permanece. No meu caso, autores como Keats, E. Brontë, Pondal, os expresionistas, os paisaxistas holandeses, V. Woolf, Borges, Cunqueiro, poesía galega en xeral, Munch, jazz e outras tendencias modernas, tamén música clásica en xeral, certos directores de cine. E a contemplación: xentes, mundo, paisaxes, cidades, ríos, o mar e os bosques, a néboa nun mencer de novembro, o vento e a choiva. (…)”

Muxía: acto de entrega do Premio López Abente a Emma Pedreira

11401333_468300696676990_980629397585509309_n