Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025

Destacado


Os premios Follas Novas do Libro Galego entregaron os seus galardóns anuais coa tradicional gala na que se entragaron tanto os premios por categorías literarias como aqueles que recoñecen a figuras do mundo da literatura, da edición e do sector libreiro. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago e, unha vez máis serviu de repaso a toda a produción literaria do ano 2024.

A gala serviu para reivindicar o papel do mundo do libro na historia recente de Galicia, unha historia que, segundo se reivindicou, percorre catro decadas tanto para escritores, editoras e librarías. No transcorrer da festa, presentada por Xosé Barato, tivo un especial protagonismo a situación de Palestina, a través da presenza de Shahd Wadi, do libro que resultou gañador de iniciativa editorial e tamén das intervencións de algúns dos gañadores en distintas categorías. Manuel Bragado, premiado de honra pola AGE fixo un repaso pola situación editorial de Galicia e pediu “un trato digno para o libro galego, como fixo no seu día Agustín Fernández Paz”. Tamén propuxo o mestre e editor “que todos os sectores e administracións do libro senten na mesma mesa”.

Ao longo da gala, Xosé Barato, que actuou como mestre de cerimonias foi ofrecendo pequenas mostras sonoras gravadas en distintas librarías galegas para conformar un mapa sonoro do ambiente que se encontran as xentes que entran nas librarías de Galicia. A música da gala correspondeu ao dúo Mr Cool & Rubén Servide, unha formación de guitarra máis saxofón.

O proceso de selección para estes premios comeza cunha escolla previa por parte dos asociados dos tres colectivos convocantes. Unha vez que que se realiza este escolma entre toda a produción de títulos publicados neste caso ata novembro de 2024, fórmase un xurado integrado por persoas de todos os ámbitos do mundo do libro para facer primeiro unha selección de finalistas con tres títulos por categoría e, finalmente, coa escolla dos títulos ganadores en cada unha delas. O xurado desta edición estivo composto por Concha Blanco, Adela Touriñán, Irene Penas, Leonor Mazaira, Daniel Ugarte e Fabio Rivas.

Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.

No nome das tras asociacións impulsoras do premios abriu o acto o presidente das escritoras e escritores, Cesáreo Sánchez Iglesias, quen sinalou no seu discurso: “Cumprimos 48 anos a Federación de Librarías de Galicia, 45 anos vimos de cumprir na AELG e 42 a Asociación Galega de Editoras. Isto significa que as tres asociacións levamos máis de catro décadas construíndo estruturas sociais, empresariais e culturais que poidan sustentar o noso sistema literario. Librarías por todos os lugares do noso pais, verdadeiras ágoras onde os nosos libros soñan mundos. E fágoo extensivo a todos os colectivos e persoas que participan no proceso de creación e edición.

A multipremiada literatura galega fóra do noso País, significa o que conseguimos entre moitas e moitos de nós de xeito colectivo e individual, que vén dado por termos unha nova percepción da cultura, dentro e fora da Galiza. Reivindicamos a nosa cultura en todas e cada unha das súas formas de creación”.

Premios honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais, nos que se salienta unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría. Os galardóns que se entregarán na gala serán para Shahd Wadi, Manuel Bragado e para o fundador da libraría Follas Novas, Rafael Silva.

Premios FLG | Rafael Silva.
En decembro de 1971, tres cregos impulsaron a creación da libraría Follas Novas en Santiago de Compostela, concibida inicialmente como unha libraría especializada en libro universitario. Pouco tempo despois da súa apertura, un dos fundadores, Rafael Silva, deixou a vida eclesiástica para dedicarse de cheo á xestión da libraría e tamén da súa editorial. O proxecto pronto foi máis aló da súa orixe académica, converténdose nun espazo clave para a difusión da cultura galega e nunha libraría que, a día de hoxe, continúa sendo de referencia en todo o país.

Premio AGE | Manuel Bragado
Manuel Bragado (Vigo, 1959) é editor, mestre e activista cultural. Foi director de Edicións Xerais de Galicia entre 1994 e 2018 e actualmente traballa como orientador en centros educativos de Redondela. Presidente da Fundación Luzes e colaborador habitual en Faro de Vigo, mantén dende 1999 a sección «Campo de Granada». Tamén é autor do blog Brétemas, recoñecido con varios premios, e publicou libros como Vigo, puro milagre e Vigo, abella da ribeira.

Premio AELG Escritora Galega Universal | Shahd Wadi
Shahd Wadi (Exipto, 1983) é unha escritora e investigadora palestina que creceu en Xordania e reside en Lisboa, Portugal. Doutorouse en Estudos Feministas na Universidade de Coimbra coa tese Feminismos de corpos ocupados, centrada nas narrativas artísticas das mulleres palestinianas no exilio, que deu lugar ao libro Corpos na trouxa (2017). Reparte o seu tempo entre a escrita, a tradución, a programación cultural e o activismo feminista e palestino. Nomeada Escritora Galega Universal pola AELG, en recoñecemento á calidade da súa obra e ao seu compromiso coa defensa dos dereitos do pobo palestino desde unha perspectiva feminista.

OBRAS E PROPOSTAS PREMIADAS

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
Abril é un país. Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela). Montse Fajardo. Edicións Positivas.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL
Como escorrentar un lobo. Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.

PREMIO Á OBRA XUVENIL
Cartas na escuridade. Lois Pérez. Cuarto de Inverno.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Papóns. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Presas fáciles. Voitres. Miguelanxo Prado. Retranca Editora.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VV.AA. Tempo Galiza Editora.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Os pozos elegantes das clavículas. María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Ubasute. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
O libro das abellas. VV. AA. Apiario.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Culturgal.

Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025

Os premios Follas Novas do Libro Galego entran nos seus dez anos de vida en 2025. As obras finalistas dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de tres fases, que supón unha lectura e valoración da produción editorial galega. O proceso ten unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que selecciona un cento de títulos publicados entre decembro de 2023 e novembro de 2024. Na segunda fase de selección, o xurado escolle as obras finalistas por cada categoría. O proceso de selección dos títulos gañadores terá o seu cumio o sábado, 26 de abril de 2025, coa gala na que se darán a coñecer cada unha das obras gañadoras nas trece categorías nas que se organiza este premio.

A gala de entrega de premios terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a partir das 19:00 horas. Será conducida polo actor Xosé Barato, que repasará a actualidade da literatura e levará ao teatro ambientes e sons do mundo do libro. Ademais, estará acompañado pola música en directo do dúo Mr Cool & Rubén Servide, cun formato de guitarra e saxofón. A entrada é libre, pero é necesario solicitar un convite a este enderezo electrónico: oficina@aelg.org.

Premios honoríficos

Cada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais, nos que se salienta unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría. Os galardóns que se entregarán na gala serán para Shahd Wadi, Manuel Bragado e para o fundador da libraría Follas Novas, Rafael Silva.

Premios FLG | Rafael Silva
En decembro de 1971, tres cregos impulsaron a creación da libraría Follas Novas en Santiago de Compostela, concibida inicialmente como unha libraría especializada en libro universitario. Pouco tempo despois da súa apertura, un dos fundadores, Rafael Silva, deixou a vida eclesiástica para dedicarse de cheo á xestión da libraría e tamén da súa editorial. O proxecto axiña foi máis aló da súa orixe académica, converténdose nun espazo clave para a difusión da cultura galega e nunha libraría que, a día de hoxe, continúa sendo de referencia en todo o país.

Premio AGE | Manuel Bragado
Manuel Bragado (Vigo, 1959) é editor, mestre e activista cultural. Foi director de Edicións Xerais de Galicia entre 1994 e 2018 e actualmente traballa como orientador en centros educativos de Redondela. Presidente da Fundación Luzes e colaborador habitual en Faro de Vigo, mantén dende 1999 a sección «Campo de Granada». Tamén é autor do blog Brétemas, recoñecido con varios premios, e publicou libros como Vigo, puro milagre e Vigo, abella da ribeira.

Premio AELG Escritora Galega Universal | Shahd Wadi
Shahd Wadi é unha escritora e investigadora palestina que creceu en Xordania e reside en Coimbra, Portugal. Doutorouse en Estudos Feministas na Universidade de Coimbra coa tese Feminismos de corpos ocupados, centrada nas narrativas artísticas das mulleres palestinianas no exilio, que deu lugar ao libro Corpos na trouxa (2017). Reparte o seu tempo entre a escrita, a tradución, a programación cultural e o activismo feminista e palestino. Nomeada Escritora Galega Universal pola AELG, en recoñecemento á calidade da súa obra e ao seu compromiso coa defensa dos dereitos do pobo palestino desde unha perspectiva feminista.

Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.

FINALISTAS

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
Abril é un país. Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.
Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960). Xosé M. Nuñez Seixas. Editorial Galaxia.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
As benfaladas. María Xosé Porteiro. Editorial Galaxia.
As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. Emma Pedreira. Baía Edicións.
Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela). Montse Fajardo. Edicións Positivas.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais de Galicia.
O incendio. Sara Vila Alonso. Edicións Xerais de Galicia.
Runrún. Ana Varela. Editorial Galaxia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL
Axencia Galega de Asuntos Máxicos. Miguel Ángel Alonso Diz. Edicións Xerais de Galicia.
Como escorrentar un lobo. Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.
Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira. Oqueleo.

PREMIO Á OBRA XUVENIL
Cartas na escuridade. Lois Pérez. Cuarto de Inverno.
Nave. Olaia Sendón. Edicións Xerais de Galicia.
Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Luísa Villalta. Alma de violino. Laura Suárez (ilust.), Beatriz Maceda e Eli Ríos. Edicións Xerais de Galicia.
Papóns. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.
Sete dentes de león. David Sierra (ilust.) e Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Memorias dun neno labrego (novela gráfica). Iria Aldegunde (baseada no texto de Neira Vilas). Editorial Galaxia.
Miquits. Visita á casa da avoa. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire. Antela Editorial.
Presas fáciles. Voitres. Miguelanxo Prado. Retranca Editora.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VV.AA.Tempo Galiza Editora.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira.Kalandraka Editora.
Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín. Xosé Luís Méndez Ferrín, ed. Anxo Angueira. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Cartas desde a cadea, de Rosa Luxemburg. Almudena Otero. Edicións Laiovento.
Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, de Alice Oseman. Nee Barros. Edicións Xerais de Galicia.
Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Os pozos elegantes das clavículas. María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.
Papaventos abismados. Marta Dacosta. Apiario.
Para non concretarme. Tamara Andrés. Edicións Positivas.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Fóra de campo. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.
Iribarne. Esther Carrodeguas. Edicións Positivas.
Ubasute. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Canta contos de Nadal. VV. AA. Triqueta Verde.
O libro das abellas. VV. AA. Apiario.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Culturgal
Libraría Cartabón (Vigo)
Libraría Nobel (Ourense)

Os Premios Follas Novas anuncian os 40 finalistas na súa edición de 2025

Os premios Follas Novas do Libro Galego entran nos seus dez anos de vida en 2025 e na fase final da elección dos gañadores para esta edición. Case corenta obras son finalistas dos premios ata o vindeiro 26 de abril, no que se darán a coñecer as obras gañadoras en cada unha das categorías. Como vén sendo tradicional, os gañadores e gañadoras coñeceranse na gala de entrega que terá lugar no Teatro Principal de Santiago.

Este galardón, que homenaxea a creación literaria en lingua galega, volve destacar o talento e a calidade das obras presentadas nesta edición. Tras un rigoroso proceso de selección, o xurado deu a coñecer os autores e obras que optarán ao recoñecemento nas diferentes categorías.

Nesta edición chegan á final arredor de 40 escritoras/es, tradutoras/es e ilustradoras/es xunto con 15 editoriais. Os gañadores daranse a coñecer na gala de entrega dos Premios Follas Novas, que se celebrará o vindeiro 26 de abril nun evento que reunirá o máis destacado do panorama literario galego.

As obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de tres fases, que supón unha lectura e valoración da produción editorial galega. O proceso ten unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que selecciona un cento de títulos publicados entre decembro de 2023 e novembro de 2024. A segunda fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría. O proceso de selección dos títulos gañadores terá o seu cumio o sábado, 26 de abril de 2025, coa gala na que se darán a coñecer cada unha das obras gañadoras nas trece categorías nas que se organiza este premio. A gala de entrega de premios terá lugar no Teatro Principal de Santiago.

Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
Abril é un país. Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.
Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960). Xosé M. Nuñez Seixas. Editorial Galaxia.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
As benfaladas. María Xosé Porteiro. Editorial Galaxia.
As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. Emma Pedreira. Baía Edicións.
Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela). Montse Fajardo. Edicións Positivas.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais de Galicia.
O incendio. Sara Vila Alonso. Edicións Xerais de Galicia.
Runrún. Ana Varela. Editorial Galaxia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL
Axencia Galega de Asuntos Máxicos. Miguel Ángel Alonso Diz. Edicións Xerais de Galicia.
Como escorrentar un lobo. Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.
Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira. Oqueleo.

PREMIO Á OBRA XUVENIL
Cartas na escuridade. Lois Pérez. Cuarto de Inverno.
Nave. Olaia Sendón. Edicións Xerais de Galicia.
Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Luísa Villalta. Alma de violino. Laura Suárez (ilust.), Beatriz Maceda e Eli Ríos. Edicións Xerais de Galicia.
Papóns. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.
Sete dentes de león. David Sierra (ilust.) e Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Memorias dun neno labrego (novela gráfica). Iria Aldegunde (baseada no texto de Neira Vilas). Editorial Galaxia.
Miquits. Visita á casa da avoa. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire. Antela Editorial.
Presas fáciles. Voitres. Miguelanxo Prado. Retranca Editora.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VV.AA.Tempo Galiza Editora.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira.Kalandraka Editora.
Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín. Xosé Luís Méndez Ferrín, ed. Anxo Angueira. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Cartas desde a cadea, de Rosa Luxemburg. Almudena Otero. Edicións Laiovento.
Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, de Alice Oseman. Nee Barros. Edicións Xerais de Galicia.
Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Os pozos elegantes das clavículas. María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.
Papaventos abismados. Marta Dacosta. Apiario.
Para non concretarme. Tamara Andrés. Edicións Positivas.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Fóra de campo. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.
Iribarne. Esther Carrodeguas. Edicións Positivas.
Ubasute. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Canta contos de Nadal. VV. AA. Triqueta Verde.
O libro das abellas. VV. AA. Apiario.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Culturgal
Libraría Cartabón (Vigo)
Libraría Nobel (Ourense)

Os Premios Follas Novas inician a súa décima edición anunciando os setenta títulos seleccionados para estes premios

Os premios Follas Novas do Libro Galego cumprirán este ano os dez de existencia, consolidándose como os premios de referencia no mundo do libro en Galicia. Organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), a organización dos premios Follas Novas anuncia os setenta títulos seleccionados de entre os publicados en 2024 para participar nesta décima convocatoria destes galardóns. Os premios resolveranse na gala de entrega que terá lugar no vindeiro mes de abril no Teatro Principal de Santiago.
Nesta primeira fase, a selección dos setenta títulos foi realizada polos asociados dos tres colectivos impulsores dos premios. A partir de agora, un xurado formado por persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro escolla as finalistas e as gañadoras en cada unha das trece candidaturas destes galardóns que repasan a actividade literaria e editorial do ano 2024.
Na seguinte fase daranse a coñecer as obras finalistas, tres por categoría. O proceso rematará coa celebración da entrega de premios na que se coñecerán as obras gañadoras na tradicional gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o 26 de abril de 2025. Estes premios, que valoran e recoñecen o traballo de todos os sectores do mundo do libro, están organizados co patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos).
Os premios Follas Novas do Libro Galego celebraron a súa primeira edición en 2016, trala unificación dos tres premios que convocaban cada unha das asociacións do sector libreiro: a Asociación de Escritores e Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Editoras Galegas e a Federación de Librarías de Galicia. As tres entidades acordaron converter nunha única convocatoria a que celebraran en cada un dos sectores para unha crear uns premios que fosen referentes únicos para todos os sectores do libro.
Desde 2016 os premios Follas Novas do Libro Galego teñen servido como referencia na valoración dos libros publicados en galego desde entón nos diferentes xéneros, atendendo a todos os ámbitos da creación, edición, e labor libreira.

Listaxe de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2025

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
Abril é un país. Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.
As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Luísa Muñoz Abeledo. Universidade de Santiago.
O camiño dos faros. Diario de viaxe. Luís G. Soto. Edicións Espiral Maior.
Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960). Xosé M. Nuñez Seixas. Editorial Galaxia.
Primeiro foi Galicia. Xosé Luís Méndez Ferrín. Alvarellos Editora.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
As benfaladas. María Xosé Porteiro. Editorial Galaxia.
As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. Emma Pedreira. Baía Edicións.
Así vou eu, formando parte. Luísa Villalta. Eva Veiga e Pilar Pallarés. Chan da Pólvora.
Galaicofobia. Alexandre Peres Vigo. Editorial Galaxia.
Realidades e horizontes da educación en Galicia. VV.AA. Coord.: José Antonio Caride, Jesús Rodríguez. Editorial Kalandraka.
Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela). Montse Fajardo. Edicións Positivas.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais de Galicia.
Detective Ferruchi. Marta Villar. Edicións Xerais de Galicia.
O incendio. Sara Vila Alonso. Edicións Xerais de Galicia.
Pel de cordeiro. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.
Runrún. Ana Varela. Editorial Galaxia.
Tras do Ceo. Manuel Rivas. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL
Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira. Oqueleo.
Axencia Galega de Asuntos Máxicos. Miguel Ángel Alonso Diz. Edicións Xerais de Galicia.
Canto Cosmos. Poemas e Astronomía para case bebés. Estíbaliz Espinosa. Edicións Embora.
Como escorrentar un lobo. Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.
Curriño, o can influencer. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.
Os ecos do vento. Antonio García Teijeiro. Editorial Kalandraka.

PREMIO Á OBRA XUVENIL
Cartas na escuridade. Lois Pérez. Cuarto de Inverno.
Fóra de campo. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.
Nave. Olaia Sendón. Edicións Xerais de Galicia.
O triángulo vermello. Carme Vidal e Pablo Iglesias. Edicións Xerais de Galicia.
Púrpura Tero. David Cortizo. Editorial Galaxia.
Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
A rebelión da lectura. Chus Rojo (ilust.) e Fran Alonso. Cumio Editorial.
As Illas Cíes. Tazab (ilust.) e Xelís de Toro. El Patito Editorial.
Luísa Villalta. Alma de violino. Laura Suárez (ilust.), Beatriz Maceda e Eli Ríos. Edicións Xerais de Galicia.
O gran libro dos nosos mares. Blanca Millán. Cumio Editorial.
Papóns. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.
Sete dentes de león. David Sierra (ilust.) e Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Avelaíña e o camiño á illa. Bea Gregores. Antela Editorial.
Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas. Jorge Campos. Edicións Xerais de Galicia.
Hospitalario. El Hematocrítico e Cynthia Hierro. Triqueta Verde.
Memorias dun neno labrego (novela gráfica). Iria Aldegunde (baseada no texto de Neira Vilas). Editorial Galaxia.
Miquits visita a casa da avoa. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire. Antela Editorial.
Presas fáciles. Voitres. Miguelanxo Prado. Retranca Editora.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VV.AA. Tempo Galiza Editora.
O libro das abellas. VV.AA. Apiario.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.
Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín. Ed. Anxo Angueira. Edicións Xerais de Galicia.
Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Educación Concello de Santiago colaboración con Kalandraka. Kalandraka Editora.
Unha gorxa chea de paxaros. Os Carunchos cantan a Manuel María. Os Carunchos e Laura Romero. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Cartas desde a cadea, de Rosa Luxemburg. Almudena Otero. Edicións Laiovento.
Cousas pequenas coma estas, de Claire Keegan. Isaac Xubín. Rodolfo e Priscila.
Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, de Alice Oseman. Nee Barros. Edicións Xerais de Galicia.
Na sala dos espellos, de Liv Stromsquist. David Álvarez Martínez. Catro Ventos Editora.
Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Dakota. Masha Álvarez. Editorial Galaxia.
Os ecos do vento. Antonio García Teijeiro. Editorial Kalandraka.
Os oito mitos de Palermo. Antonio Seijas. Aira Editorial.
Os pozos elegantes das clavículas. María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.
Papaventos abismados. Marta Dacosta. Apiario.
Para non concretarme. Tamara Andrés. Edicións Positivas.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira. Oqueleo.
Fóra de campo. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.
Iribarne. Esther Carrodeguas. Edicións Positivas.
Ubasute. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
Wombo Combo. Paula Carballeira. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo, underground. Fernando Fernández Rego. Editorial Galaxia.
Canta contos de Nadal. VV.AA. Triqueta Verde.
O libro das abellas. VV.AA. Apiario.
Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.
Sempre libres e vivas. Uqui Permui. Estudio Uqui Permui.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Culturgal
Espiral Maior Foro (Miguel Anxo Fernán-Vello)
Libraría Cartabón Vigo
Libraría Nobel Ourense
Manuel Xestoso

Cartelaría de difusión das obras gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego nas Feiras do Libro 2024

Esta é a cartelaría de difusión das obras gañadoras da novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego nas Feiras do Libro organizadas pola Federación de Librarías de Galicia en 2024.

Crónica fotográfica da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024


A novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego pechou a súa edición deste ano coa tradicional gala que deu a coñecer aos ganadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. A gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 2023. Os premios reivindican a excelencia acadada en 2023 en librarías e editoras e destacan tamén os papel das autoras galegas que dominaron en case todas as categorías.
Aquí pode consultarse a crónica fotográfica da Gala.

Vídeo do coloquio con Joseba Sarrionandia, Escritor Galego Universal 2024

O venres, sexta feira, 10 de maio, a partir das 19:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), tivo lugar un coloquio coa presenza de Joseba Sarrionandia, acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Isaac Xubín, escritor e tradutor da súa obra ao galego.

Escritor Galego Universal 2024: Joseba Sarrionandia


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi.

Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika. É membro da Euskaltzaindia e tradutor de Eliot ou Pessoa. Ten publicado arredor de corenta títulos de narrativa, poesía, ensaio ou literatura infantil. Ademais, Sarrionandia foi un dos tradutores ao éuscaro dos clásicos da literatura galega.

Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira, Ana Luísa Amaral e Lydia Cacho.

O autor recollerá o seu Premio honorífico como Escritor Galego Universal, no marco da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024, que terá lugar o 11 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

O venres, sexta feira, 10 de maio, a partir das 19:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), terá lugar un coloquio coa presenza de Joseba Sarrionandia, acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Isaac Xubín, escritor e tradutor da súa obra ao galego.

Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024


A novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego pechou a súa edición deste ano coa tradicional gala que deu a coñecer aos ganadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. A gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 2023. Os premios reivindican a excelencia acadada en 2023 en librarías e editoras e destacan tamén os papel das autoras galegas que dominaron en case todas as categorías.

A Gala dos Follas Novas volveu representar o excelente momento creativo da comunidade do libro en Galicia e volveu poñer de manifesto a necesidade de que esta creatividade sexa acompañada por politicas que incrementen a visibilidade e a presenza do libro e da literatura galega na sociedade. A gala foi presentada polo actor Xosé Barato “acompañado” por unha intelixencia artificial entremetida nas intervencións do presentador. A música para esta nova edición correspondeu a SAL, o proxecto musical de Diego Salgado e Pablo Pazo, guitarra e baixo, arredor do mundo do soul. O xurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira e María Villaverde.

Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.

No nome das tres asociacións impulsoras do premios falou Cielo Fernández, presidenta da Federación de Librarías de Galicia. A presidenta salientou na súa intervención o momento que vive o sector “podemos afirmar que un ano máis somos quen de manter a espléndida diversidade do noso ecosistema, tanto editorial coma libreiro, e que a calidade da produción escrita en galego segue a ser moi alta.”  No mesmo sentido puxo o Follas Novas como exemplo da creatividade artística de Galicia “Os libros e as persoas finalistas nesta gala dan boa conta disto, e sabemos que, ademais das presentes hoxe aquí, hai outras escritoras, ilustradoras, xornalistas, debuxantes, activistas e promotoras culturais, editoras e libreiras, que están a desenvolver un traballo diverso e de calidade.”
Cielo Fernández anunciou unha serie de actividades que se porán en marcha nos vindeiros meses e que servirán para dar máis presenza á comunidade do libro no país e que incrementarán a colaboración entre as tres asociacións convocantes do premio. Tamén apuntou que o ano vindeiro, décimo aniversario dos Follas Novas, haberá novidades nos premios e na gala.

Premios honoríficos
Os galardóns desta edición son para a Libraría Eixo, pola Federación de Librarías de Galicia; o finado editor Francisco Porrúa, pola Asociación Galega de Editoras; e o escritor vasco Joseba Sarrionandia, nomeado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritor Galego Universal.

Libraría Eixo
A Federación de Librarías de Galicia premiou nesta edición á Libraría Eixo, que acaba de cumprir 25 anos desde que Javier Ibáñez abrira as súas portas en Ourense en 1999. Desde ese momento, a libraría converteuse nun axente cultural para a cidade, ofrecendo un catálogo de 25.000 títulos e realizando actividades destinadas a dar a coñecer o mundo literario e a crear unha comunidade lectora na cidade.

Francisco Porrúa
A Asociación Galega de Editoras quere recoñecer este ano a quen foi un dos máis importantes editores de fala hispana no mundo. Francisco Porrúa, nacido en Corcubión en 1922 e finado en Barcelona en 2014, foi tradutor e editor en Arxentina e fundador dunha das principais editoras de ciencia ficción, Minotauro. Foi editor de Cortázar, Bradbury, Tolkien e Ballard, e tivo unha importancia decisiva na publicación de Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez. Tamén foi editor de Editorial Sudamericana e Edhasa.

Joseba Sarrionandia
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), poeta e tradutor vasco, tamén coñecido como Sarri. Formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott. xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika. É membro da Euskaltzaindia e tradutor de Eliot ou Pessoa. Ten publicado arredor de corenta títulos de narrativa, poesía, ensaio ou literatura infantil. Ademais, Sarrionandia foi un dos tradutores ao éuscaro dos clásicos da literatura galega.


GAÑADORAS/ES DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2024

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións, Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.

PREMIO Á OBRA INFANTIL
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA XUVENIL
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Maruja Mallo. Enigmaticamente única. María Canosa e Bea Gregores. Editorial Bululú.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Colección Candemaia. Edicións Laiovento.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Espazo Lectura de Gondomar.