Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 6 de agosto

O 6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

12:00 h. José Luís Graña Muíño asina Verso plural, publicado por Medulia.
19:00 h. Manuel Esteban asina A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
19:00 h. Henrique Dacosta asina Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
19:00 h. África López Souto asina Mulleres que (nos) dan que pensar, publicado por Galaxia.
20:00 h. Rosalía Fernández Rial asina Árbores no deserto, publicado por Galaxia.
20:00 h. Xesús Fraga asina Virtudes (e misterios), publicado por Galaxia.
20:00 h. Fuco Paz Souto asina Versos que recenden a mar, publicado por Medulia.
21:00 h. Eduardo Estévez asina [sen-fin], publicado por Positivas.
21:00 h. Serxio Moreira asina Lugares de incendio, publicado por Caldeirón.

Rosalía Fernández Rial le un texto da súa autoría

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto da súa autoría por Rosalía Fernández Rial, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Rosalía Fernández Rial recita o seu poema “Distopía”

Desde a AELG recollemos o vídeo publicado polas Bibliotecas Municipais da Coruña onde Rosalía Fernández Rial le o seu poema “Distopía”, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.