Entrevista de Laura Veiga a Xesús Fraga en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Por que tiña ese interese polo Montserrat?
– Xesús Fraga (XF): Hai tres anos publiquei un libro que recollía a memoria e a migración da miña familia, Virtudes (e misterios) (Galaxia). Revisando un álbum de fotos atopei unhas imaxes da miña nai e a miña avoa na cuberta dun barco no que se lía perfectamente Montserrat e, falando con outras persoas que marcharan ao Reino Unido arredor desa época, mencionaban moito ese barco. Cando entrei a formar parte da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega fixen a proposta de armar un traballo sobre esa travesía, sobre esas persoas que embarcaban cara un país do que non sabían practicamente nada.
A maioría nin sequera viaxara nunca en barco nin ao estranxeiro. Parecíame moi interesante para indagar sobre como era a emigración naquel momento, sobre todo no que respecta á parte emocional: que medos tiñan, as circunstancias que levaran a esas persoas a marchar, que sabían do país, que levaban e que traían. Logo ademais tamén fomos ampliando o foco para indagar sobre como era a vida aló e as relacións que estabelecían. (…)”
Arquivos da etiqueta: Xesús Fraga
A Coruña: visita guiada á exposición As xeracións do Montserrat, de Xesús Fraga
O 9 de xaneiro, ás 19:00 horas, Xesús Fraga fará unha visita guiada á exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional dos emigrantes galegos no Reino Unido no Quiosco Afonso da Coruña, organizada polo Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, comisariada polo autor, con deseño expositivo de Pepe Barro. As persoas interesadas poden inscribirse previamente nesta ligazón da A. C. Alexandre Bóveda.
Betanzos: presentación de Río Miño. Unha viaxe entre solsticios, de Xesús Fraga
Pontevedra: Culturgal 2023, actividades do 3 de decembro
A Coruña: presentación de Río Miño. Unha viaxe entre solsticios, de Xesús Fraga
A Coruña: mesa redonda “A tradución literaria hoxe”
Compostela: actividades do 16 de xuño na SELIC 2023
Lugo: actividades do 20 de maio na Feira do Libro 2023
London Tour April, con Xesús Fraga
Londres: roteiro con Xesús Fraga polos lugares emblemáticos de Virtudes (e misterios)
Toda a información aquí.






















