O
venres 3 de novembro, ás 19:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), Xoán Neira presenta Chafarís, álbum ilustrado infantil, publicado por Embora. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Miranda e Miguel Toval. Pecharano nenas e nenos coa lectura de varios poemas.
Arquivos da etiqueta: Xosé Miranda
Lugo: Xoán R. Cuba e Xosé Miranda participan no Clube de Leitura Cultura do País, arredor de Contos colorados
(No Carril das Hortas, Lugo)
Xosé Miranda: “Son un escritor melancólico e imaxinativo”
Entrevista
a Xosé Miranda en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Viaxemos ao principio. Cando empezou a ser consciente vostede do feito literario?
– Xosé Miranda (XM): Cando era pequeno, na miña casa había libros. Meus pais tiñan o bacharelato concluído e recordo obras de Gustavo Adolfo Bécquer, de Lope de Vega… Incluso había libros en galego, de Ánxel Fole, por exemplo. Mais para min foi moi importante a oralidade. Loxicamente, coma en calquera casa daquel tempo, había familiares que contaban contos, había os romances de cego. A televisión chegou moi tarde á miña vida. Había unha soa en todo o barrio e iamos todos ver “El virginiano”. Recordo moi vivamente xuntármonos os amigos para escoitar argumentos de películas. Un de nós ía ver a película ao cine porque nin todos tiñamos diñeiro para facelo, e pasabamos horas e horas a escoitar de que ía. Aqueles filmes de dúas horas medraban e medraban, recreados por nós.
– B: Que primeiros libros marcaron o seu eu escritor.
– XM: Eu tiña familia no Brasil. Os meus avós e os meus tíos tiñan unha cadea de librarías alá e de cando en vez chegaban libros. Recordo ler o Tintín en brasileiro mais, sobre todo, unha edición do Tom Sawyer, de Mark Twain. Papeino compulsivamente. Non era quen de facer outra cousa ca ler nel. Ese libro, que debín ler con 12 anos en portugués, foi o que me fixo pensar por primeira vez en que eu quería ser escritor para poder contar cousas coma aquela. (…)
– B: Que tipo de escritor é: dos que fan esquema?
– XM: Para nada. Non son capaz. As historias fermentan na miña cabeza. Hai ideas que pairan no cerebro durante anos, cando me poño a escribilas, saen dunha maneira compulsiva. Si podo saber de onde parten e cara a onde quero que desemboquen, pero polo medio non sei nada. Para min, a obra ten que ser autónoma, os personaxes independizárense do autor e cada páxina, un misterio para o propio autor que vai desentrañando a medida que o escribe. É que, se non, eu aburriríame moito. Eu son un escritor melancólico e imaxinativo que intento seguir e cumprir as miñas obsesións.
Eu doulle moita importancia á trama. Ten que ter consistencia e ser esixente na súa construción. Non digo con isto que non se poida facer literatura sen trama pero eu necesito contar algo, non escribir por puro artificio.
Mais non hai literatura sen lingua. Son seguidor de Eduardo Pondal nese sentido: “Eu quero escribir nunha lingua de ouro”. Para min, a literatura é tamén un xeito de evitar que se perdan formas da fala que están en perigo por falta de uso. Non entendo escribir simplemente para reproducir vulgarismos ou castelanismos. Non vale para min ese modelo de literatura baseado en moi poucas palabras. Temos un vocabulario rico e preciso. Non existen os sinónimos, en realidade. Cada palabra ten o seu lugar propio e é tarefa do escritor saber en que momento usar cada unha. Coido que isto pódese chegar a facer sen dificultar a lectura. (…)”
Lugo: Letra das Festas. MAL@S E PEORES. Lembranza de sucesos criminais e de mentes facinorosas de Lugo e provincia, o xoves 6 de outubro
O
xoves 6 de outubro, ás 18:00 horas, no Círculo de las Artes de Lugo (Praza Maior, 23), terá lugar unha nova edición de Letra das Festas: MAL@S E PEORES. Lembranza de sucesos criminais e de mentes facinorosas de Lugo e provincia, unha actividade promovida pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes, no marco do San Froilán 2016, e con entrada de balde.
O medo tamén fai gozar!
Esta sexta edición de Letra das Festas (a revista oral do San Froilán) vai de MAL@S E PEORES, lembranza de sucesos criminais e de mentes facinorosas de Lugo e provincia.
Contamos coas intervencións de catro expertos na materia que nos lembrarán algunhas proezas de bandas urbanas, como a do Moco Verde ou a do Alicate, e faremos memoria de crimes horrendos, violencia moitas veces inexplicable.
Algunhas brutalidades xa esquecidas e outras aínda frescas na memoria da maioría de nós.
Contarán Xosé de Cora, Sabela Corbelle, Manuel López Castro (MALOCA) e Xosé Miranda.
A música está a cargo dun cego auténtico, Francisco do Romualdo, que nos cantará romances e historias arrepiantes e sucedidos incribles, acompañado da zanfona.
Coordinan e presentan:
Antonio Reigosa / Isidro Novo (Sección de Literatura oral da AELG).
Lugo: mesa redonda Camiñando con ilusións, con Xurxo Souto, Pilocha e Xosé Miranda
Vídeos da VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral (e III)
A
VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral tivo lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n).
Damos a coñecer nesta Axenda os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar ese día. Pódense consultar todos aquí.
– Conferencia de Xosé Miranda e Xoán R. Cuba. Os contos eróticos galegos, presentados por Isidro Novo. O vídeo pode verse nesta ligazón.
– Mesa redonda Cuarta máis, cuarta menos! Escatoloxía, prexuízos e tabús, con José Luis Garrosa, Xosé Miranda e Xoán R. Cuba, moderados por Isidro Novo. O vídeo pódese visualizar aquí.
– Percorrido polo repertorio popular a cargo de Luís “O Caruncho”: Ti contabas as estrelas, eu as areas do chan. O vídeo pode verse aquí.
Lugo: presentación de A verdade nos espellos, de Pablo Rubén Eyré
O
xoves 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase A verdade nos espellos, de Pablo Rubén Eyré, publicado por Sotelo Blanco Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Miranda e Xulio Valcárcel.
Lugo: VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral, mañá, sábado 24
A
VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral terá lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n). A actividade conta co apoio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Aberto o prazo de matrícula, gratuíta e preferente para socios/as da AS-PG e da AELG. Desde o 29/09/2015 até o 22/10/2015.
O profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario que queiran o certificado homologado pola Consellaría de Educación, terán que facer a matrícula a través da web da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, aquí. E aquí máis información sobre a Xornada.
As persoas que non estean nesas circunstancias ou que non lles interese o certificado homologado, deberán incribirse dirixíndose á secretaría técnica da AELG a través do correo oficina@aelg.org ou o teléfono 981 133 233 (horario de 09:00 a 14:30). Sigue lendo
Lugo: VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral, o sábado 24 de outubro
A
VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral terá lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n). A actividade conta co apoio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Aberto o prazo de matrícula, gratuíta e preferente para socios/as da AS-PG e da AELG. Desde o 29/09/2015 até o 22/10/2015.
O profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario que queiran o certificado homologado pola Consellaría de Educación, terán que facer a matrícula a través da web da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, aquí. E aquí máis información sobre a Xornada.
As persoas que non estean nesas circunstancias ou que non lles interese o certificado homologado, deberán incribirse dirixíndose á secretaría técnica da AELG a través do correo oficina@aelg.org ou o teléfono 981 133 233 (horario de 09:00 a 14:30). Sigue lendo


