Entrevista
a Xurxo Souto en Sermos Galiza:
“Publicada no semanario Sermos Galiza por entregas, O Crânio de Castelao, á falta duns esclarecementos finais do coordinador Carlos Quiroga, chega a seu fin como unha experiencia única e singular da escrita dunha lingua común.
– Sermos Galiza (SG): Vostede pon o ponto final á historia do cranio de Castelao que andou por tantas mans. Como foi tomar parte nun proxecto literario colectivo?
– Xurxo Souto (XS): A experiencia tiña, por necesidade, que ser fascinante porque, como escritor, entras nun xogo literario a nivel planetario. Grazas á proposta de Carlos Quiroga xuntámonos empregando uns vimbios especialmente próximos, as palabras e a lingua que nos é común.
– SG: Como se deu o encontro con outros escritores de orixes tan diversas?
– XS: A relación foi intensamente cómplice. Aínda que sexan persoas algunhas delas non coñecidas persoalmente, nin demasiado próximos os seus contextos, partiamos de palabras íntimas, das palabras da tribo e, por iso, foi un proceso de comunicación total, “até o mango”, que dirían os de Malpica. Alén de prexuízos, de superestructura ideolóxica, de pensamento, xorde a realidade de comunicación total, sen peneira algunha. O que os poetas Jorge Guillén ou Uxío Novoneyra chaman o milagre da realidade. Comunicámonos de xeito pleno. (…)
– SG: Por que a nosa literatura non dá entrado en Portugal ou Brasil?
– XS: Damos entrado no ámbito da lusofonía! Diaria e constantemente. Se se mide en fama ou termos económicos os resultados non son grandes, mais tamén Portugal leva toda a vida intentando entrar no Brasil e non dá feito. Zeca Afonso non é coñecido no Brasil e Fausto hai pouco confesaba que nunca tocara alá. Nós non temos moita presenza comercial mais establecemos relacións persoais, e temos, por poñer un caso, experiencias no eido da música sensacionais como o encontro entre Manecas Costa e Narf ou Zé Cavaleiro e Uxía. Esa relación está máis presente do que pensamos.
– SG: Mais responde a esa vontade persoal de cada quen ou hai iniciativas institucionais tamén que contribúen a que iso aconteza?
– XS: Trátase dun encontro persoal e á vontade de cada quen. Diante da preguiza dos estados e das estruturas culturais de poder, compre reivindicar a outra parte, o outro discurso. Estámonos comunicando cada día nós, grazas ao poder das palabras e á intimidade das persoas que viven, ás veces, no cabo do mundo. (…)”
Arquivos da etiqueta: Xurxo Souto
A Coruña: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
A Coruña: Rosalía no Rosalía
Desde
Sermos Galiza:
“Cen anos despois de que a cidade lle rendera homenaxe a Manuel Murguía no seu oitenta aniversario, Rosalia de Castro será lembrada no teatro que leva o seu nome nun concerto-recital o vindeiro domingo día 19 de maio ás 20:00 horas.
O Teatro Rosalía de Castro acollerá un encontro de música e poesía no que participan o Concello e a Fundación Rosalía de Castro e no que se sentirán as voces de Anxo Angueira, Dores Tembrás, Elvira Varela, Luz Pozo, Estíbaliz Espinosa ou Xurxo Souto. A Banda Municipal da Coruña, Cántigas da Terra, Lydia Botana, Miguel Ladrón de Guevara, Sito Sedes ou Pedro Lamas porán música a esta homenaxe da cidade á poeta.
“O pobo destas mesmas rúas que ela pisou, o pobo deste mar que ela cantou, o pobo que honrou a Moore como ela o honrou devólvelle hoxe a Rosalía as pisadas, o canto e maila honra. E devólvellas no seu, no teatro da arte, no espazo escénico que leva o seu nome. Rosalía no Rosalía. Afortunada, feliz, luminosa escolla” escribe Anxo Angueira na presentación do programa da homenaxe. (…)”
A Coruña: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
xoves 2 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Parque de Marte, s/n) da Coruña, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Asociación, a editorial e a Libraría Sisargas, participan, xunto ao autor, José María Laredo Cordonié, Xurxo Souto e Fran Alonso.
Dumbría: Unha Semana para amar o Libro
Desde
Que pasa na Costa:
“(…) O CEIP Santa Eulalia de Dumbría organiza a IV Semana do Libro, onde seis poetas pasarán polo centro dumbriés para compartir experiencias e desenvolver diferentes talleres literarios.
– O luns 15 abrirá a Semana Xosé Henrique Rivadulla “Corcón” cos de 5º curso.
– O martes 16 será Paula Carballeira os que faga vibrar cos seus contos aos de Infantil e 1º ciclo.
– O mércores tócalle o turno a María Lado cos de 2º ciclo.
– Xurxo Souto estará o xoves 18 cos de 6º curso, e
– O venres 19 tócalle o turno pola mañá a Suso Bahamonde cos de 2º ciclo, e a Rocío Leira cos de 1º curso. (…)”
Betanzos: inauguración da Libraría Carricanta
O
venres 12 de abril, a partir das 18:00 horas, na Libraría Carricanta (Praza Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, terá lugar o seu acto de inauguración. No mesmo haberá actividades para nenas e nenos, coas súas familias, e, sobre as 20:00 horas, falará para as persoas presentes Xurxo Souto.
Arteixo: presentación de O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras
A Coruña: Día Lugrís, o sábado 22 de decembro
O movemento cidadán In Nave Civitas e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convocan a toda a cidadanía a unha nova xornada cívica de homenaxe a Urbano Lugrís, o gran pintor das cousas do mar, este sábado 22 de decembro.
Na obra do artista agroma un mar sen tempo, onde os elementos coruñeses –Marola, Torre, Orzán- se converten en arquetipos –illa, faro, praia- para nós contar a historia toda dos océanos. A presenza de Urbano Lugrís segue a iluminar as rúas e tabernas da Pescadería, como representante máximo da bohemia. Poderosa humanidade – así o definiu o poeta Antón Avilés de Taramancos– protagonista de moitas historias populares daquela cidade dos anos cincuenta.
Mais tamén, un ano máis, este Día Lugrís ten que ser, desgraciadamente, unha xornada de reivindicación. Lugrís mostrounos un océano máxico, cheo de historias e de misterios inmortalizados para sempre en debuxos, cadros e murais. Admirado por moitos, a súa figura fica esquecida e mesmo algunhas da súas obras palidecen á intemperie. A obra que creou para diferentes locais hostaleiros coruñeses, non goza de protección institucional ningunha. O grande mural da cafetería Veccio da Rúa Real ten un futuro absolutamente incerto. Máis grave é aínda a situación das pinturas que decoraban o antigo restaurante Fornos (Rúa dos Olmos). Un establecemento actualmente pechado, sen control público ningún sobre estado desas obras.
Ante isto, o colectivo cidadán In Nave Civitas e a Asociación de escritoras e escritores en lingua galega queremos removelas conciencias e honrala memoria de Urbano Lugrís coa celabración do III Día Lugrís:
ACCIÓN LUGRÍS, velaí o programa deste ano:
– 20:00 horas. Obradoiro submarino: Xuntanza no Obelisco para decorar paraugas con debuxos de peixes. Se chove, faremos da necesidade virtude, e poderemos principiar deseguido, ao son dos gaiteiros, a manifestación atlántica.
– 20:30 horas. Camarote Lugrís: Intervención pictórica na rúa Mantelería, no lugar onde estivo situado o estudo do artista.
– 21:00 horas. Habitación do vello mariñeiro. Presentación no Borrazás, café moi querido por Lugrís, do colectivo poético-musical In Nave Civitas, artistas diversos reunidos ao redor da condición da Coruña como cidade-barco.
Día Lugrís. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco !
Medre o mar!
Santiago: Castelao. Símbolo de Galicia, no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 15 de decembro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras, que se desenvolven na Biblioteca da Cidade da Cultura, o protagonista será Castelao. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. Relatorio, por Miguel Anxo Seixas Seoane.
– 13:00 h. Cousas da vida (35 minutos). Espectáculo de transparencias e sombras realizado por Títeres Cachirulo e inspirado nas personaxes das viñetas de Castelao. Narra a aventura de dous rapaciños que deciden visitar o estaleiro onde se está a construír un barco para emigrar ás Américas.
– 13:35 h. Alba de Gloria. Recitado do célebre discurso de Castelao a cargo de Xurxo Souto, escritor, xornalista e músico bravú.
Presenta: Alfonso Paz Andrade.
Para acceder á actividade é preciso reservar previamente aquí.
Santiago: Simposio ILG 2012 – Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012
Como
cada ano, o Simposio do Instituto da Lingua Galega, organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega, diríxese a estudantes universitarios de grao e posgrao, profesores de lingua e literatura galega, profesionais de distintos sectores e público en xeral que desexen ampliar ou actualizar os seus coñecementos na materia.
O comité organizador está formado por Henrique Monteagudo (coordinador), Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei, María Álvarez de la Granja e Raquel Vila Amado
.
O custo de matrícula será de 10 euros, que deberán ingresarse antes do 11 de decembro. Concederase o diploma de asistencia ás persoas que acudan, cando menos, ao 70% das sesións. Está solicitado un crédito de libre configuración para a Facultade de Filoloxía.
Aquí pode descargarse o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
As actividades serán na na aula 22 da Facultade de Filoloxía (Campus Norte), Universidade de Santiago de Compostela.
PROGRAMA
Martes 11 de decembro
– De 16:30 a 17:00 h. Inauguración. Ramón Villares e Rosario Álvarez.
– De 17:00 a 18:00 h. Conferencia 1: Antón Santamarina: As normas ortográficas e morfolóxicas do ’82 e o estándar galego actual.
– De 18:30 a 19:30 h. Conferencia 2. Manuel González: As modificacións e reformas da norma do ’82. O VOLGa.
– De 19:30 a 20:30 h. Debate.
Xoves 13 de decembro
– De 16:30 a 17:30 h. Conferencia 3. Francisco Cidrás: As Gramáticas e o estándar morfosintáctico.
– De 17:45 a 18:45 h. Conferencia 4. Xosé L. Regueira: A construción do estándar oral do galego.
– De 19:00 a 20:00 h. Mesa de debate 1. Ana I. Boullón (moderadora), Xurxo Souto (cantante), Paulino Novo (TVG), Mabel Rivera (actriz): Estándar e medios de comunicación: da corrección á naturalidade.
– De 20:00 a 20:30 h. Debate.
Martes 18 de decembro
– De 16:30 a 17:30 h. Conferencia 5. María Álvarez de la Granja: O coñecemento do vocabulario normativo galego. Unha aproximación a través do léxico dispoñible.
– De 17:45 a 18:45 h. Conferencia 6. Darío Xohán Cabana: A lingua literaria, os dicionarios, a edición: corrección, adecuación e riqueza.
– De 18:45 a 20:00 h. Mesa de debate 2. Xosé A. Fernández Salgado (moderador), Bieito Iglesias (escritor), Antón Dobao (TVG), Gonzalo Navaza (UVigo), Anxo Angueira (UVigo): Alén do estándar: diversidade estilística e creación.
– De 20:00 a 20:30 h. Debate.
Mércores 19 de decembro
– De 16:30 a 17:30 h. Conferencia 7. Xosé M. Gómez Clemente: Neoloxía.
– De 17:45 a 18:45 h. Conferencia 8. Xusto R. Río: Trinta anos de dicionarios e vocabularios técnicos.
– De 18:45 a 20:00 h. Mesa de debate 3. Nel Vidal (moderador), Xermán García Cancela (Xunta de Galicia), Luz Méndez (TVG), Carlos Díaz Abraira (Parlamento de Galicia), Xavier Guinovart (UVigo), Susana Mayo Redondo (CDSG / Consello da Cultura Galega): Servizos e recursos lingüísticos.
– De 20:00 a 20:30 h. Debate.
Xoves 20 de decembro
– De 16:30 a 17:30 h. Conferencia 9. Miquel Pradilla: Debates e reformas recentes na ortografía e na norma do catalán.
– De 17:45 a 18:45 h. Conferencia 10. António Emiliano: A reforma ortográfica do portugués.
– De 18:45 a 19:45 h. Conferencia 11. Xoán Lagares: O debate normativo no Brasil.
– De 19:45 a 20:30 h. Debate.


![cartaz-lugris[1] (2)](https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2012/12/cartaz-lugris1-2-1024x869.jpg)