Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Crónica videográfica da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral 2024 (1)
A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan é unha iniciativa da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Inauguración da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Iria Castro, Deputada de Cultura da Deputación de Lugo:
– Inauguración da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:
– Inauguración da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Iria Castro, Deputada de Cultura da Deputación de Lugo. Segunda intervención:
A Coruña: presentación de O clan das barbies, de Antía Yáñez
Compostela: Manuel Miragaia presenta A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias
Cangas do Morrazo: presentación de Mea culpa, de Toño Núñez
Miguel Cadavas Docampo gaña o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Antón Blanco Casás, gaña o XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo con Bosque
Desde Galaxia (foto da propia Editorial Galaxia):
“Reunido o xurado do XVI premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado pola filóloga e tradutora Emma Lázare, en representación do Lucenza-Ateneo de Nigrán; por Yaiza Peixoto, mestra e Presidenta de Espazo Lectura; por Masha Álvarez, profesora e poeta gañadora da edición anterior; por Tamara Andrés, escritora e tradutora en nome da Editorial Galaxia; e por Miguel Anxo Mouriño, en representación do Instituto de Estudos Miñoráns, resolve por unanimidade que o poemario gañador desta XVI edición sexa o presentado baixo o lema Eu, belida, titulado Bosque, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Antón Blanco Casás.
O xurado valora a enunciación a través dunha voz épica e lírica a un tempo, a concepción da escrita como un oco a través do que se abre un bosque cunha capacidade de evocación insólita e a concepción da vida fluída e circular que integra corpo, natureza e escrita nunha relación intimamente ligada e horizontal.
Por outra banda, o xurado decide nomear finalistas os poemarios presentados baixo os lemas Antes da xabreira, e A illa sen reloxo, querendo destacar tamén a numerosa participación e o alto grao de calidade das obras concorrentes.
A obra gañadora será publicada baixo na colección Dombate de Editorial Galaxia. O acto de entrega do premio e a presentación do libro, celebrarase no mes de marzo de 2025, no cabodano do pasamento do poeta Victoriano Taibo. Antes diso, no primeiro trimestre de 2025, o gañador impartirá un obradoiro de poesía para o que se abrirá o prazo de inscrición durante o mes de decembro.”