Desde
Sermos Galiza:
“O compromiso de Margarita Ledo “na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta” valeulle á catedrática da USC o XV premio Ramón Piñeiro, Facer País, que tamén recoñece ter sido “partícipe fundamental no proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación”.
O xurado tamén salientou o compromiso de Margarita Ledo coa emigración e coa defensa dos valores da liberdade, así como a favor da dignificación das mulleres.
Margarita Ledo, que se atopa en Cabo Verde, onde ten lugar o congreso Lusocom, recollerá o premio na primeira quincena de novembro. En declaracións á Cadena Ser, admitiu que se sente identificada “con este facer país, que é máis urxente que nunca en Galiza”.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: Tempo de exilio, recital-concerto de Isaac Xubín e Ruper Ordorika
Ourense: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos-Justo
Compostela: Gala Premios música e poesía galego-portuguesa Ari(t)mar
Santiso d’Abres: homenaxe a Clemente Amago López-Villar, o sábado 29 de outubro
Xurxo Souto e a “experiencia marabillosa” das 100 arribadas
Desde
Sermos Galiza:
“As 100 arribadas –actos relacionados con Contos do mar de Irlanda (Xerais)-, todo un fito na promoción dun libro galego, representan para Xurxo Souto “unha experiencia única e marabillosa que non creo que se volva repetir”. O autor explica, en declaracións a Sermos Galiza, como partindo da literatura foi quen de coñecer o país e de levar esas historias a cidades alén das nosas fronteiras.
Sinala que, após tantos encontros, aprendeu unha morea de historias. “Unha das máis fermosas tivo lugar en Froxán, no Courel. Alí contáronme que a casa máis bonita era a do Calexón, que emigrara ao País Vasco e que fora mariñeiro en Terranova. Cando volvía, enchía o patín da casa de follas de bacallau e os rapaces estaban abraiados, dicían que aquilo era un mundo impresionante”.
Nas cen arribadas, o libro de Xurxo Souto xerou un fecundo hipertexto, o documentario Dos gaiteiros do mar, de Martín Rodas e Dani Lavesedo e a exposición O pintor Ksal e outras historias do mar (AVV Casco Vello de Vigo). “No meu caso este hipertexto non ten a ver co virtual, pois foi algo físico e real”, sinala. “Os gaiteiros forman agora un grupo estábel e O Berbés, a colleu a mostra dun pintor que creaba a bordo de bacallaeiros. Pintaba na sala de máquinas e chegou a expoñer en Terranova, mais non en Vigo. E grazas ao Berbés foi coñecido o seu legado. Fíxate, como terrícola, non sabía que a bordo dos barcos se pintaba e que en Terranova se facían cancións en galego”, salienta.
O escritor advirte de que a falta de coñecemento da sociedade arredor do mar “é un problema”. “O mar non existe na nosa educación malia ser un elemento económico fundamental. O mar non é pasado, senón futuro, pero tendemos a velo como algo folclórico e pintoresco”, afirma. (…)”
A Coruña: recital de Rafa Vilar e Ostap Slyvynsky no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 24 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rafa Vilar e o poeta ucraíno Ostap Sylvynsky (as versións en galego dos seus poemas foron feitas por Dores Tembrás). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outono 2016.
A Coruña: Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, en La Naval
O
sábado 22 de outubro, ás 12:00 horas, en La Naval (Costa da Palloza, 2), na Coruña, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais, nun acto onde La Naval emprenderá a súa derradeira singradura.
A Coruña: representación de Abril de lume e ferro, de Manuel María
Inma López Silva fala do seu libro Aqueles días en que eramos malas
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Aqueles días en que eramos malas é a última obra de Inma López Silva editada por Galaxia. Este libro narra cinco historias de cinco mulleres que coinciden no mesmo módulo da prisión da Lama, en Pontevedra. As protagonistas son una prostituta e toxicómana rexeitada polos seus, unha moza colombiana, unha monxa cunha condena polo roubo de bebés e a esterilización non consentida, unha funcionaria de prisións e unha escritora bipolar, acusada de intento de homicidio. Pode accederse á entrevista aquí.”





