Mondoñedo: presentación de Galicia Encantada, en edición de Antonio Reigosa

OAntonio Reigosa venres 17 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo, preséntase o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, publicado por Xerais. No acto, organizado pola editora e o Concello de Mondoñedo, participan, xunto a Antonio Reigosa, Orlando González Cruz; Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación; e Lois Pérez, narrador oral.

Pontevedra: 5º Festival PontePoética

Ponte Poética 1Ponte Poética 2

Cee: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado

OMaría Lado venres 17 de abril, ás 19:30 horas, na Librería Ler (Avenida Fernando Blanco, 61) de Cee, terá lugar a presentación do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Suso Bahamonde e Fran Alonso.

Pontevedra: actividades do venres 17 na Feira do Libro

OFeira do Libro de Pontevedra 2015 venres 17 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:

19:00 h. Xesús Constela asinará na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. María López Sández presenta O faro escuro, publicado en Galaxia. Participarán, xunto á autora, Xosé Monteagudo e Carlos Lema.

Bos Aires: presentación de Remontar o río, de Helena Villar e Luz Darriba

OHelena Villar Luz Darriba Remontar o Rio venres 17 de abril, ás 19:00 horas, no Salón Arturo Cuadrado (no primeiro andar de Chacabuco 955), da Cidade Autónoma de Bos Aires, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina organiza a presentación do libro de poesía Remontar o río, de Helena Villar Janeiro. No acto participan a ilustradora e co-realizadora do proxecto, Luz Darriba, e a escritora arxentina de orixe galega Anahí Almasia.

Salceda: presentación de O corazón da maxia, de Xavier Estévez

OXavier Estévez venres 17 de abril, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Salceda, terá lugar a presentación do libro O corazón da maxia, de Xavier Estévez, publicado en Xerais, nun acto coorganizado pola editora e o Concello de Salceda. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.