Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Manifesto da AELG de repulsa á guerra en Palestina
A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), que conta entre os seus escritores galegos universais co palestino Mahmud Darwish, quere manifestar a súa total repulsa pola guerra en Palestina.
As escritoras e os escritores galegos, representados na AELG, condenamos toda forma de violencia e expresamos a nosa máxima solidariedade cos millóns de persoas palestinas, entre elas tantas nenas e nenos, que a esta hora ven ameazadas gravemente as súas vidas, privadas de auga potábel, subministración eléctrica ou corredores humanitarios que garantan unha mínima seguridade.
Queremos sinalar tamén que as nosas autoridades e gobernos deben instar á comunidade internacional, nomeadamente a Unión Europea, a que tome cantas medidas estean na súa man para deter o xenocidio que se está a cometer co pobo palestino, valéndose de prácticas terroristas, negando o cumprimento estrito do dereito internacional e incumprindo o artigo 33 do IV Convenio de Xenebra, que protexe as e os civís: “Non se castigará ningunha persoa protexida por infraccións que non cometese. Están prohibidos os castigos colectivos, así como toda medida de intimidación ou de terrorismo».
Ao tempo, refugamos que o mundo da cultura e, nomeadamente o literario, sexa tamén vítima deste conflito, por vía da censura e da negación aos escritores e escritoras palestinos dos recoñecementos e da difusión aos que ten dereito a súa obra literaria, como vén de acontecer coa escritora palestina Adania Shibli na Feira de Frankfurt.
Finalmente, a AELG anima toda a cidadanía a participar nas mobilizacións previstas para mañá en varias vilas e cidades do país, convocadas pola Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Galiza por Palestina e Mar de Lumes.
Vigo: Encontro literario “Improvisa”
Compostela: presentación de Miño. Antoloxía do relato galego actual
A Coruña: recital de Nieves Neira Roca e Kai Aareleid no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 16 de outubro
Vigo: conferencia Rosalía de Castro vista por Manuel Murguía, con Xesús Alonso Montero
A Coruña: Ciclo “Pensando o futuro”, con Francisco Calo
Ponteareas: presentación e conversa arredor de Os ollos do irmán eterno, de Stefan Zweig, adaptado por Borja Diérez
O escritor Rafael Fernández Lorenzo gaña o XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña xa ten gañador: o escritor cangués Rafael Fernández Lorenzo coa obra As pedras verdes, unha novela que conta a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual cun relato no que a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais.
O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por autoras e autores cunha recoñecida traxectoria na creación literaria en lingua galega como Tamara Andrés, Elvira Ribeiro, Miguel López (El Hematocrítico), Arancha Nogueira e o gañador da última edición, Lois Pérez, e, como secretaria, a xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat.
O xurado tamén salientou da obra premiada o tratamento da diversidade lingüística e a creación dun mundo fantástico propio para achegar ao lector unha cultura indíxena de ultramar a través dun exercicio literario moi evocador.
Rafael Fernández Lorenzo é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. A súa obra está traducida ao éuscaro, portugués, catalá e castelán. O premio que acaba de recibir está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra. (…)”
Vigo: visita guiada á exposición de orixinais de O paso do noroeste, de Xavier Queipo e Primitivo
Este sábado 14 de outubro, ás 18:00 e ás 20:00 horas, en Riolagares (Rúa Falperra, 16), en Vigo, terá lugar unha visita guiada, da man do guionista, Xavier Queipo, á exposición O Paso do Noroeste: etapas da elaboración dunha novela gráfica.