Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2024, dedicada a Euloxio R. Ruibal (II)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXX edición, recaendo na figura de Euloxio R. Ruibal, que será homenaxeado en Santiago de Compostela o 15 de xuño de 2024.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha abeleira, árbore simbólica elixida polo propio autor, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, CEDRO e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:

Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2024, dedicada a Euloxio R. Ruibal (I)

Vigo: entrega de Premios Exeria 2024 a Fran Fernández Davila e Soledad García Riveiro

Piñor: entrega de premios do XXVII Certame Literario de Piñor de narracións breves 2024

As persoas premiadas son:

-Na categoría A (maiores de idade):
1.- Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo.
2.- Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra).

-Na categoría B (de 13 a 17 anos):
1.- Hugo Martínez Bizarro, de Ourense.
2.- Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives.

-Na categoría C (alumnado de Educación Primaria):
1.- Lois González Fernández, de Barbadás.
2.- Álex González González, de San Cibrao das Viñas.

Crónica fotográfica da participación galega nas Xornaes Lliteraries Na rexa la mar, en Candás

Estas son varias fotografías das Xornaes Lliteraries Na rexa la mar, organizadas pola Asociación de Escritoras/es de Asturias o 31 de maio e 1 de xuño, onde participou, en representación da AELG, Marta Dacosta. A crónica fotográfica pode verse tamén aquí.