Entrevista
de Montse Dopico a Lorena Conde en Praza:
“Tras a derruba, a desintegración, vén a reconstrución. Os muros, máis fortes, erguidos cos cascallos. Coas pezas que aínda valen. Desbotando as demais. Diso fala Entullo, o libro co que Lorena Conde gañou o Premio de Poesía Miguel González Garcés 2016. A autora era coñecida polo seu traballo no teatro, sobre todo en Matrioshka. Con este poemario, revélase coma unha poeta que fai, da imaxe, a súa mellor forma de expresión. Coa palabra xusta.
– Praza (P): Empeza o libro cunha dedicatoria a catro mulleres, entre elas María Victoria Moreno. A escolla desas mulleres dá pistas sobre o contido do poemario…
– Lorena Conde (LC): Cando o libro estaba xa a piques de publicarse preguntáronme da Deputación, na fase de maquetación, se quería engadir algo. E si, tiña que engadir unha mención a mulleres que foran moi importantes na miña vida. Hai máis, pero no libro quixen lembrar as que xa non están comigo, por todo o que me deixaron. Por iso, que estivesen no libro era unha cuestión de xustiza. Son mulleres poderosas, exemplos de fortaleza.
– P: Unha cita de Beckett encabeza o primeiro poema. Logo sae outra vez, polo menos, no libro. E ti vés do teatro…
– LC: A relación entre Beckett e o libro vén de que, cando empecei a tomar as notas que despois acabaron sendo un libro, cadrou que estaba lendo moito a Beckett. Non eran obras amables, senón bastante duras, e eu mesma estaba a pasar un momento revirado, polo que me resultaba fácil recoñecerme no que estaba a ler. Por iso pensei que non estaría mal mencionar a Beckett… (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Entrevista a Cesáreo Sánchez sobre Tempo transfigurado
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Cesáreo Sánchez publica Tempo Transfigurado na colección Tambo de Kalandraka. Pode accederse á entrevista aquí.”
Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros para o sábado 24 e domingo 25
O domingo
25 de xuño finaliza a Festa dos Libros, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será, no sábado, de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h., e no domingo de 11:00 a 14:30 h e de 18:00 a 22:00 h. Os actos máis destacados para estes dous días son os seguintes:
Sábado 24
– 12:00 h. Luís Davila asina exemplares do Bichero.
– 12:30 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Galaxia. Acompañará ao autor Francisco Castro.
– 12:30 h. Xesús Constela asina exemplares de A rotura das paisaxes, publicado por Xerais, en Clip.
– 13:30 h. Sinatura de libros de Francisco Castro en Cronopios: Tes ata as 10 e Amor é unha palabra coma outra calquera.
– 19:00 h. Iria Collazo asina exemplares de A soidade das medusas. Paz.
– 20:00 h. Fran Alonso presenta Terraza, publicado por Xerais, nunha das terrazas da Ferrería.
– 20:00 h. Sinatura de Gogue: Floreano, publicado por Xerais, en Paz.
Domingo 25
– 12:00 h. Miriam Ferradáns. Nomes de fume. Paz.
– 12:00 h. Espectáculo infantil: Maimiñas: Volta, revolta e reviravolta. No Auditorio.
– 12:30 h. O vermú da poesía. María Xesús Nogueira. Presentación de Antoloxía da poesía galega próxima, libro coeditado por Chan da Pólvora e Papeles mínimos. Recitarán Lara Dopazo, Xabier Xil Xardón, Alicia Fernández, Jesús Castro, Berta Dávila, Antón Blanco e Oriana Méndez, acompañados polo editor Antón Lopo. Espazo Lector Nobel. Auditorio.
– 12:30 h. Salvador Rodríguez presenta Historias de galegos extraordinarios. Aviones de papel.
– 12:30 h. Diego Giráldez asina exemplares de Galería de saldos, publicado por Xerais. Cronopios.
– 12:30 h. Enrique Mauricio e Carlos Taboada: Periplo Atlántico, Un ronsel de ardora e Meiga Nova. Lela Edicións. Clip.
– 13:30 h. Juan Parcero: A fiestra aberta, Toxosoutos. Cronopios. Auditorio.
– 18:00 h. Loli Veloso: Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no corazón dos nosos nenos. Fundación da Medicina Xenómica. Clip.
– 19:00 h. Lecturas orgullosas. Eva Mejuto: 22 segundos, publicado por Xerais, e Carlos Callón con Amigos e sodomitas, publicado por Sotelo Blanco. Presenta Carmen Fouces. No Auditorio.
– 19:00 h. Inma López Silva presenta Aqueles días en que eramos malas (Galaxia). Cronopios.
– 19:00 h. Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román presentan De paseo con Helena, publicado por Embora. Paz.
– 20:00 h. Xosé Monteagudo: Todo canto fomos (Galaxia). Paz.
– 20:00 h. Sinatura de Eva Mejuto: 22 segundos, en Seijas.
Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros para o venres 23
O
venres 23 de xuño comeza a Festa dos Libros, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:
– 18:00 h. Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas, publicado en Galaxia. Participa xunto á autora Francisco Castro. No Auditorio.
– 18:30 h. María Solar asina exemplares de Os nenos da varíola, publicado por Galaxia, e As horas roubadas, publicado por Xerais, en Cronopios.
– 18:45 h. Xornalismo-literatura. Tensión sexual non resolta, por Xosé Manuel Pereiro, codirector da revista Luzes. No Auditorio.
– 19:00 h. Presentación de Inferno (Discursiva), de Daniel Peón Targus, e Atrofiadas as estrelas, de Alexander Vórtice, da mesma editora. En La Nube de Papel.
– 19:15 h. Mesa da memoria con Montse Fajardo: Un cesto de mazás; Luís Bará: Non des a esquecemento; e Susana Sánchez Arins: seique. No Auditorio.
– 20:00 h. Buenaventura Aparicio presenta Segredos ao descuberto. Paz.
– 20:30 h. Migallas: Canta connosco, na Espazo do Lector Nobel.
– 21:00 h. Pedro Feijoo presenta Os fillos do lume en conversa con Susana Pedreira, nun acto organizado por Cronopios, no Auditorio. O libro está publicado por Xerais.
A Coruña: recital poético arredor da exposición Eclipse sirio, de Ali Ali
Compostela: conversa con Iolanda Aldrei arredor de O Segredo de Sheela na Gig
A Coruña: presentación de Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, coordinado por Miro Villar e Xosé Manuel Lobato
Entrevista a Olalla Cociña sobre Vestir a noite no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O impacto dun cambio social acelerado. Unha linguaxe rota. Que facemos con esta herdanza? Olalla Cociña Lozano publica Vestir a noite, a obra coa que gañou o XIV Premio de poesía Afundación. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Betanzos: presentación de Tempo transfigurado, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Viveiro: presentación de Chafarís, de Xoán Neira
O
martes 20 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón Multiusos do Concello de Viveiro, Xoán Neira presenta Chafarís, álbum ilustrado de poesía infantil, publicado por Edicións Embora.




