Silvia Penas: “Busco a intensidade e a alerta, intentar que non todo sexa tan predicible”

EntrevistaSilvia Penas de Montse Dopico a Silvia Penas en Praza:
“Mulleres que decidiron ser ladras. Coller o que lles foi negado. Que delinquen non levadas por impulsos ou emocións, senón porque resolveron facelo. Que se vingan, porque a vinganza simbólica, e elegante, pode axudar á reparación tras ter sufrido agresións. Que atacan porque sempre están a defenderse. Que non se resignan a agardar a que pase a violencia. Así son as protagonistas de Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, o libro co que Silvia Penas gañou o premio Avelina Valladares de poesía do 2015. A autora levara xa o Lueiro Rey no 2013 con As uñas crecen e o Victoriano Taibo, compartido con Elvira Riveiro, con Biografía da multitude. A súa poesía, -que tamén fai, mais recitada, cantada ou berrada, co grupo Cinta Adhesiva-, é ferida e forza. Potencia e dor. Procura da beleza onde non se a espera. Ou, como ela mesma dixo, confianza en que, en lugar de que volva arder, alume.
– Praza (P): Diario de ladras, asasinas e flores ten estrutura de diario, como xa o di o título. Por que optaches por esa estrutura e pola idea do diario?
– Silvia Penas (SP): A estrutura segue o pasar dos días coma nun xornal ou un diario íntimo, efectivamente. No momento de estar escribindo algúns dos textos coñecín, grazas á miña amiga Iria Presa, o Diario de los asesinos (órgano oficial de acuchilladores y ladrones), que é unha edición facsímile dun xornal publicado en Lyon en 1884, onde se recollen crónicas, obras de teatro, consellos para delinquir, maneiras de perpetrar un roubo…, todo ten que ver co ámbito da delincuencia. Non se sabe moito da orixe, suponse que detrás está a pluma de diferentes escritores. Fascinoume este xornal provocador e como tiña un título tan masculino e un contido tan asumidamente masculino, quixen, á miña maneira, é dicir, coa poesía, crear un espazo simbólico onde as mulleres puidésemos delinquir ás nosas anchas. Ademais cadrou que os textos que xa comezara a escribir tiñan moito que ver coa violencia. (…)
– P: Hai, en todo o que fas, tamén, un sentido como de buscar a beleza a través do que pode parecer contrario a ela. O sórdido, por exemplo. No fondo é un pouco romántico… Mais ten que ver con toda a historia (na arte, na música) da procura da beleza na fealdade, no que dá medo… En que sentido?
– SP: Si, efectivamente está moi visto iso de buscar a beleza nas cousas desagradables. A intención tampouco é descubrir a pólvora agora, porén o obxectivo avanza sobre o cuestionamento da propia idea de beleza. É isto tan desagradable?. Ou hai certo gozo?. O que é belo, porque o é?”

A Coruña: actividades destacadas do sábado 19 e domingo 20 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura

Do 4-DIPTICO-ABECEDARI@xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas para o sábado 19 e domingo 20 dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:

Sábado 19
– 12:00 h. Carlos Callón e Paulo Filgueiras asinan exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 18:00 h. Presentación do libro Parar o mundo, de María Canosa e Marcos Viso, publicado por Trifolium.
– 18:00 h. Rocío Leira asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: Novas voces na poesía galega. Con Marcos Abalde, Charo Lopes, Eduard Velasco e Diana Varela (coordinadora).
– 19:00 h. Xosé Duncan asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 21:00 h. Grupo Ouriol: Manuel María: de Lume e Arxila. Voz: Eva Veiga. Músicos: Fito Ares e Bernardo Martínez.

Domingo 20
– 12:00 h. Mesa redonda: Editar en Galicia. Asociación de Editores Coruñeses.
– 12:00 h. Eli Ríos asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 13:00 h. Xosé Henrique Rivadulla Corcón asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 18:30 h. Andrea Maceiras asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: A poesía de mulleres en Galicia. Con Luz Campello García, Oriana Méndez, Dores Tembrás e Eva Veiga (coordinadora).

Dodro: entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Xerardo Quintiá e presentación de Zonas de tránsito, de Ramón Neto

O sábado 19 de decembro, ás 17:30 horas, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, terá lugar a entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, gañado por Xerardo Quintiá. No mesmo acto preséntase Zonas de tránsito, de Ramón Neto, obra gañadora da pasada edición do premio.

1934181_947792458591802_3158847627239909214_n

Gondomar: Elvira Ribeiro, no Clube de Lectura Lendo Contigo, con PAlAbrAs brAncAs

Oelvira_riveiro_tobio sábado 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura compartida Lendo Contigo, onde o público asistente se mergullará na poesía coa obra PAlAbrAs brAncAs e coa compaña da súa autora, Elvira Riveiro. O Lendo Contigo está aberto a nenos e nenas a partir de 7 anos e ás súas familias.

Entrevista a Antonio García Teijeiro no Zig-zag

EntrevistaAntonio García Teijeiro a Antonio García Teijeiro en Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Antonio García Teijeiro fala no programa do poemario Palabras do mar, con ilustracións de Xosé Tomás, que publicou o pasado outubro.
O poeta participa noutra publicación, Lendo lendas, digo versos, xunto co especialista en literatura popular Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas. O libro recolle vinte lendas, acompañadas todas de cadanseu poema. A entrevista pode verse completa aquí.”

A Coruña: actividades destacadas do venres 18 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura

Do 4-DIPTICO-ABECEDARI@xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas do venres 18 dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:

– 18:00 h. Contacontos Suleimán e Salúa, con Ali Ali e Francisco X. Fernández Naval.
– 18:30 h. Mercedes Leobalde asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa Crítica Literaria en Galicia. Con Ramón Nicolás, Armando Requeixo, Dolores Vilavedra e Teresa Seara (coordinadora).
– 20:00 h. Antón Riveiro Coello asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 21:00 h. Concerto: Sempre en Ibiza, con Lucía Aldao e María Lado.