Vigo: edición do Círculo Poético Aberto de outubro de 2015

O Círculo Poético Abertosábado 10 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. Trátase dun espazo en galego e/ou portugués; aberto á poesía, música, performance… Organizado por Penúltimo Acto, con entrada libre.

A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez

12063388_623809494388683_1036840348208747061_n

Manifesto da NPG, por Armando Requeixo

DesdeArmando Requeixo Criticalia, de Armando Requeixo:
“Existe un lugar no mundo onde todo se derruba en lus, onde o Tempo desorballa os prados, as estrelas arden sobre o medo e o mal e treman as bágoas nos budios escuros. Existe esa xeografía escolleita por un anxo e salvada nalgún intre de amor desesperado. Existe e chámase os Vilares.
Esta terra trapaceira entretece fías de soños e palabras. Aquí o leite, o centeo e a lus da aurora nutren o berce dos poetas para que oian pacer canto hai. Por iso non causa estrañeza que no Vilariño, pé do río do Requeixo, medrase un neno capaz de domear a verba, de infundir co seu alento o drama cheo que as cousas precisan, darlles rostos pra que se conozan e palabras para que se entendan.
Ese reino de Terra Verde e Mar de Orballo é o que herdaron Mar Beres, Luz Campello, Xosé Antonio Cascudo, Fátima Fernández, Judiña de Lea e Jaki Quintela. Algúns por seren estas terras ou as contiguas as que coñeceron as súas andainas infantes e mozas, outros por radicar nestas landas a memoria do seu sangue, tamén a mandorla á que regresan sempre e mais despois.
Este sexteto non é unha xeración literaria, non precisa selo. Nin sequera é un colectivo formalmente constituído. É, iso si, un grupo que sente o vencello da terra, o urro telúrico do sangue dos devanceiros comúns, a lentor da chaira que lles agabea polo peito e os reclama para a tribo guitirica, poetas párracos, xente de ollada longa e largacío sentir, envisos nas lombas de Arxán cando o solpor oculta Lourenzo. (…)”

Compostela: recital de A cabeleira, de Claudio Rodríguez Fer

OClaudio Rodríguez Fer, Eugenio Granell e Carmen Blanco martes 6 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, o recital da obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada por Carmen Blanco e Sara Lamas. No acto estará presente, xunto ao autor, Natalia Fernández Segarra.

Vigo: X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas?, mesa redonda de poesía, con Rosa Enríquez e Teresa Moure

O1442217783371bannerXENUVigo2015 X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas? é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, coa que se quere achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral deste ano é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Na edición deste ano preténdese chegar a ese obxectivo a través da idea de que cada relator/a dea unha visión da obra (e/ou da figura pública) do/a outro/a, unha introdución subxectiva e breve sobre a súa recepción da obra da persoa compañeira de mesa, que preguntas lle suscita, para despois encetar un diálogo fluído entre relatores-as para, ao final, establecer un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas.
A entrada é libre.

Xoves 1 de outubro ás 13:00 h.
Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Mesa redonda de Poesía.
Rosa Enríquez e Teresa Moure.

CartolinaXENUVigo2015