O
xoves 21 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, terá lugar o espectáculo poético-musical Despois de ti, a chuvia, baseado no libro homónimo de Xosé Carlos Caneiro, coa presenza do autor e os músicos Emilio Rúa e José Gayoso.
Arquivo da categoría: Poesía
Santiago: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro
A
sexta feira 22 de marzo, ás 20:00 horas, na Ciranda-Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Xurxo Nóvoa Martins.
Vilagarcía: edición XXIV da Mesa das Verbas
Esgueva, O Carballiño: celebración do Día Mundial da Auga, da Árbore e da Poesía na Insua dos Poetas
Taboleiro do libro galego (V), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.”
NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. A forma das nubes, de María López Sández, Galaxia.
POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
2º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
3º-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
4º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
5º-. O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.
ENSAIO-TEATRO
1-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
3º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
2º-. Os megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Engurras, de Paco Roca, El Patito Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
LECER
1º-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.
2º-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.
Santiago: Segunda xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega
a segunda xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 21 DE MARZO
DO PRIVADO AO PÚBLICO: A CONFIGURACIÓN DA ROSALÍA ESCRITORA. Coordinadora: Dolores Vilavedra.
– 10:00 h. Avances na investigación da biografía rosaliana. Por Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Retrucante: María do Cebreiro Rábade.
– 12:00 h. Mesa redonda: As imaxes en Rosalía, as imaxes de Rosalía. Moderadora: Marta Pérez Pereiro. Con Helena Miguélez, Arantxa Serantes e Fernando Pereira Bueno.
– 16:00 h. O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe, por Pilar García Negro. Retrucante: María López Sández.
– 18:00 h. Recital poético.
A Coruña: actos destacados no programa de CoruñaMayúscula do xoves 21
Dentro do programa de CoruñaMayúscula, que se celebra no Centro Ágora, na Coruña, o xoves 21 de marzo destacan os seguintes actos con presenza galega, todos eles no Auditorio:
– De 11:00 a 12:00 h. Coruña Educa. Kepa Murua, Ada Salas e Yolanda Castaño.
– 20:00 h. Literatura con maiúsculas. Manuel Rivas. Presenta María Canosa.
– 21:00 h. Recital Auto(nomía). Recital con Kepa Murua, Gonzalo Escarpa, Carmen Camacho, Pablo García Casado, Dores Tembrás e Ada Salas.
O venres 22 de marzo, de 11:00 a 12:00 h., dentro de Coruña Educa, Jordi Corominas, Carmen Camacho e Dores Tembrás. Auditorio
A Coruña: espectáculo poético-musical do Grupo Ouriol, Ser en
Ourense: lectura pública polo aniversario de Cantares Gallegos
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XIII)
36. Sábado á noite (CPR Plurilingüe Montesol, Vigo)



