O
xoves 31 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero, publicado pola Irmandade Manuel María. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Lois García, Mini Rivas, Xulio Xiz, Alfonso Blanco, David Otero e Sabela Arias, contando coa participación musical de Raúl Galego.
Arquivo da categoría: Poesía
Samuel L. París: “O humor é mellor que a coherencia, o compromiso, a evasión e o lambeconismo”
Entrevista
a Samuel L. París en Letra en Obras:
“Fago un esforzo para imaxinar como puido parir Samuel L. Paris (Muros, 1984) este seu libro de poemas que leva por título Inflamable (Edicións Positivas, 2012). Venme á mente a imaxe dun poeta pechado nun piso de corenta metros cadrados que en vez dunha pluma, unha máquina de escribir ou un computador emprega unha thermomix para compoñer os versos. Tamén vexo ciscado polo chan da cociña a Gran Enciclopedia Galega, coleccións enteiras de poesía, os xornais de maior tiraxe do país e gasolina, moitas latas de gasolina. Da banda sonora ben pode encargarse Sepultura ou mesmo Terbutalina. (…)”
A Coruña: concerto Haberá Primavera, do César Morán Trío, o 16 de xuño
I Festival Poético do Morrazo
Santiago: O exprés literario
A Coruña: concerto-recital de Estíbaliz Espinosa
Carballo: presentación de Un mar de sensacións, de Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera
O
venres 25 de maio, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, dentro da programación do Mes das Letras do Concello de Carballo, preséntase o libro Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera, publicado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
Carral: entrega do Premio de Poesía Concello de Carral a Roi Vidal e presentación do Libro das mentiras, de Emma Pedreira
O
venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Carral (Rúa do Paleo, 17), entrégase o Premio do XV Certame de Poesía Concello de Carral a Roi Vidal Ponte, tendo lugar tamén a presentación do Libro das mentiras, de Emma Pedreira, gañador da edición do 2011. No acto, xunto aos autores, participa José Luis Fernández Mouriño e Miguel Anxo Fernán-Vello.
A Coruña: recital poético de A Porta Verde do Sétimo Andar
A sexta-feira, 25 de maio, a partir das 20:30 horas, no Bar Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, terá lugar un novo recital poético dos integrantes de A Porta Verde do Sétimo Andar. Entre outros, participan: Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino García, Diego Villar, María José Fernández, François Davo e Begoña Paz.
Bruxelas: Dias das nossas letras e das nossas culturas
A Asociación Couto Mixto de Bruxelas e a Livraria Orfeu de celebran os Dias das nossas letras e das nossas culturas, co seguinte programa:
– Sexta feira, 25 de maio, ás 18:30 horas, na Livraria Orfeu: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira, presentada por Ramón Neto.
– Sábado, 26 de Maio, ás 17:30 horas, na Livraria Orfeu. Encontro debate moderado por Xavier Queipo sobre as literaturas e as culturas da lusofonía (Galiza, Portugal, Brasil, …), con Ugia Pedreira e Ramón Neto (Galiza), Fred Martins (Brasil), J. Pinto da Silva (Portugal) e outras intervencións libres mediante inscrición. Ás 22:00 horas, concerto de Acrobata no LR6 (204, rue Haute, 1000, da mesma cidade, con Ugia Pedreira e Fred Martins. As reservas pódense conseguir aquí: coutomixtobruxelas@gmail.com. Venda antecipada de billetes na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43, 1000).



