Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: espectáculo de poesía e música Sempre en Ibiza, con María Lado e Lucía Aldao
O
venres 18 de setembro, ás 22:30 horas, no Pub Puticlú (Rúa Xustiza, 18) da Coruña, María Lado e Lucía Aldao ofrecen o espectáculo Sempre en Ibiza, con poesía e música en directo. A entrada custa 5 euros.
A Coruña: Manuel María. Lúas de Outono 2015
A Coruña: recital poético e musical Reivindicamos o acceso á beleza!
A Pobra do Brollón: María Lado e Lucía Aldao no II Encontro As cores do outono
A Coruña: presentación de Doce Lúas, de Héctor Pose e Alberto Rodríguez
Outeiro de Rei: Memoria da Chaira Enteira 2015, o martes 8 de setembro
Salvaterra: XXIX Festival de Poesia no Condado
“A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza o XXIX Festival da Poesia. Um programa multidisciplinar no que todas as actuaçons e invervençons vam estar vertebradas polo protagonismo das pessoas Migrantes. O XXIX Festival da Poesia no Condado será nos dias 4 e 5 de setembro em Salvaterra de Minho.
Baixo o lema Migrantes participam diferentes iniciativas e projetos sobre a emigraçom e a imigraçom. A SCD do Condado apresenta múltiplas manifestaçons culturais e sociais relacionadas com a defesa dos direitos das pessoas migrantes e com a denúncia das causas deste fenómeno (económicas, políticas, pessoais). O Festival da Poesia quere ser um ponto de encontro para a defesa da liberdade de todas as pessoas a traspassar fronteiras e do direito coletivo dos povos a se relacionarem em igualdade. (…)
A sexta-feira, 4 de setembro, às 22:00 horas, começa a Noite nas Minas. Abre-a o poeta e tradutor Isaac Xubín, que recitará os textos do escritor basco Joseba Sarrionandia. (…) A parte musical estará protagonizada polo Cuarteto Caramuxo.
O sábado, 5 de setembro, às 18:00 horas, Xurxo Souto falará do seu livro Contos do mar de Irlanda, onde trata outro jeito de migraçom temporal, o das pessoas embarcadas. (…)
E às 20:00 horas inicia-se o prato forte do encontro: o Festival Poético e Musical. Apresentado por Esther Carrodeguas, abre-o Miguel Fernández, do Foro Galego de Inmigración, lendo o limiar que preparou para a Antologia Poética do XXIX Festival da Poesia. No apartado de poesia, a SCD do Condado contará com Alba Cid, Augusto Fontám, Alexandre Ínsua, Lara Rozados, Isabel Blanco-Rivas, Rosalía Morlán, Eduard Velasco e Mª José Fernández, ademais dos bascos Jon Benito e Xabi Borda e do português Alexandre Sá. (…)”
Carballo: actividades do sábado 22 e domingo 23 na Praza dos Libros
Chega ao fin
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 20 ao 23 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o sábado 22 e domingo 23, destacamos os seguintes:
Sábado 22
– 18:30 h. Concerto-presentación de A gramola gominola, publicado por Galaxia.
– 19:45 h. Presentación da novela O soño de Xoán, de Farruco Graña, publicado por Embora.
– 20:30 h. Presentación do poemario A boca da terra, de Manuel Rivas, publicado en Xerais, e recital de textos do libro. No acto o autor estará acompañado por Manuel Bragado e Patricia Blanco.
Domingo 23
– 18:30 h. Concerto-presentación de Un conto ao revés, de Chuches Amil, publicado por Galaxia.
– 19:45 h. Presentación e recital do poemario Atlántica Luz. Poesía mareira 1995-2015, de Modesto Fraga. No acto estará acompañado por Xosé Iglesias.
Carballo: actividades do venres 21 na Praza dos Libros
Continúa
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 20 ao 23 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o venres 21, destacamos os seguintes:
– 18:30 h. Concerto-presentación de Brinca vai!, de Paco Nogueiras, publicado por Kalandraka.
– 19:45 h. Presentación e recital dos poemarios publicados por Caldeirón: Terra fría, de Miguel Mato, Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado e Dominio Público, de Ramón Neto.
– 20:30 h. Presentación da obra colectiva Catálogo, de Rosalía Fernández Rial, Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña, publicada por Lumieira, Garabato e Caldeirón.






