Arquivo da categoría: Recitais
Boca do Río, Carnota: IV Enarborar o bosque, o 7 de xuño
Debido aos fortes ventos na praia de Boca do Río, e por motivos de seguridade, trasládase o evento e a carpa ao entorno do Polideportivo de Pedrafigueira.
Este ano terá lugar o IV Enarborar o bosque que, como sabedes, organizamos o colectivo artístico Arteu e Factoría Delideas. Trátase dunha convocatoria artística para defender o noso medio natural, durante unha xornada, o 7 de xuño na praia da Boca do río en Carnota.
Este ano a loita será contra o lume nos nosos bosques, que cada ano destrúen a nosa paisaxe.
Cada artista leva os seus materiais para crear ao aire libre e o seu xantar, nunha xornada na que tamén haberá música e poesía. A convocatoria está aberta ademáis ao público xeral, todas e todos son benvidos, rapazada e adultos.
Gustaríanos contar contigo. Podes ver información sobre este e os eventos anteriores no noso blogue tamén o evento que temos creado no Facebook.
A Coruña: recital de Alfonso Pexegueiro e Ming Di no Ciclo Poetas Di(n)versos
O luns
19 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Alfonso Pexegueiro e a poeta chinesa Ming Di. Máis información aquí: Folleto Di(n)versos maio 2014.
Gondomar: actos polo Día das Letras Galegas
A Coruña: recital poético-musical Con dez poemas por barba, con Lucía Aldao e María Lado
Arteixo: recital de poesía aberto no Día das Letras Galegas
Rianxo: gran final de Slam Ferve a lingua
Parga, Guitiriz: Festa da Fala, na Romaxe do San Alberte
Boiro: IV Romaría das Letras no Barbanza
Ferrol: Somos cultura, somos poesía, no Ateneo Ferrolán
O xoves 15 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, terá lugar un recital solidario de poesía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Recitan en directo Miguel Anxo Fernán-Vello, Eva Veiga, Xosé Leira, Rosa Méndez, Sergio Fernández, Fátima Fernández, Ángeles Delgado e Xurxo Gago, co acompañamento musical da violinista Estrela Gómez e o cantautor Fernando Naveiras, “Fefi”.