Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Pedro Feijoo, que tivo lugar o sábado 11 de xuño. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Ourense: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Modesto Fraga fala de Devalar sen pel
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Modesto Fraga fala sobre o libro co que gañou o Premio de Poesía Concello de Carral. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Gañadoras/es dos Premios Frei Martín Sarmiento 2016
Desde a Xunta de Galicia:
“Premio Frei Martín Sarmiento
Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o Premio Frei Martín Sarmiento recaeu este ano na escritora Paula Carballeira, pola súa obra A Burra Ramona; na categoría de 3º e 4º de primaria, o gañador foi Xavier Frías, por As aventuras de Enrico Müller; na de 5º e 6º de primaria, Xavier Estévez, por Todos os soños; Santiago Jaureguízar fíxose co galardón na categoría de 1º e 2º de ESO por O veleno da risa e Agustín Fernández Paz, con A neve interminable, obtivo o de 3º e 4º de ESO. Na categoría de bacharelato e adultos, gañou o premio Francisco Castro, con Tes ata as dez.”
Betanzos: presentación de Custodio o A fe do carboeiro, de Antón de Santiago
A Coruña: recital de Eduardo Estévez e Mercedes Roffé no Ciclo Poetas Di(n)versos
O luns
13 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Eduardo Estévez e a poeta arxentina Mercedes Roffé. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xuño 2016.
A Estrada: presentación de Marta e a píntega, de Eli Ríos
Castroverde: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O sábado 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social A Chave das Noces (Antigo Camiño Ancho), en Castroverde (Lugo), Xurxo Souto presenta o seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Ribeira: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O sábado 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Bar Plaza de Ribeira (Praza de Compostela, 11), preséntase a novela As horas roubadas, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Ribeira, participan, xunto á autora, Antonio Díaz Ageitos, Javi Maneiro e Manuel Bragado.
Ditame do IV Certame de poesía en lingua galega Manuel María
Desde a Casa de Galicia en Gipuzkoa:
“En San Sebastián, a 4 de xuño de 2016, na sede social da Casa Galicia en Gipuzkoa, reunidos os membros do xurado: Don Xosé Estévez, Dona Rosalía Ferreiro, Dona Ana Bastos e Dona Rocío Dourado e, actuando como secretaria sen voz nen voto, Dona Miriam López; acordan que os premiados do IV Certame de poesía en lingua galega Manuel María sexan:
1º premio: Clara Vidal (A Coruña) Obra: De nome propio, Alois.
2º premio: Paulo Martínez (Begonte – Lugo) Obra: Caída libre.
3º premio: María Canosa (Cee – A Coruña) Obra: A desmemoria.”