Laura López Drusetta gaña o Premio de novela curta Antón Risco 2024

“A gañadora do Premio de novela curta Antón Risco 2024 é a obra Todo pasa de Laura López Drusetta.
O xurado estivo composto por Serafín Alonso Pintos, Luís González Tosar (por delegación), Cándida Prieto Alonso (por delegación), Xosefa Salgado Robles e Jorge Temes Montes. Actuou como secretaria sen voz e sen voto Ana Gloria Rodríguez Alonso.
O premio consiste en 3.000 € máis a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros.
O xurado salientou unha trama histórica motivadora que mestura o presente e o pasado con protagonismo dunhas personaxes femininas que defenden o seu.”

Compostela: actividades do 10 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)

Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, Premios Xerais 2024

Compostela: actividades do 9 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)

Ourense: actividades do 8 de xuño da Feira do Libro 2024

Compostela: actividades do 8 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)

Cartelaría de difusión das obras gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego nas Feiras do Libro 2024

Esta é a cartelaría de difusión das obras gañadoras da novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego nas Feiras do Libro organizadas pola Federación de Librarías de Galicia en 2024.